O vindeiro martes 15 entre as 16:30 e as 17:30 terá lugar a última xornada de portas abertas . As persoas que non están inscritas poden facelo chamando ao teléfono do centro ou enviando un correo electrónico.
Admisión
Relación de vacantes e modelo de solicitude
No documento adxunto figuran a ralación de vacantes para o curso 22/23 e o modelo de solicitude de admisión
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Vacantes22_23.pdf | 160.54 KB |
Modelo_solicitude.pdf | 1.31 MB |
Normativa do proceso de admisión curso 2022-2023
Nos arquivos adxuntos tedes a normativa que rixe este curso para o proceso de admisión e as instruccións para presentar a documentación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AnuncioG0598-040222-0004_gl .pdf | 545.72 KB |
2022-4_InstruciónsAdmisiónPicadoSolicitudes.v.02.pdf | 112.67 KB |
Instrucions-Xerais-Admision_2022-23.pdf | 499.35 KB |
Xornadas de portas abertas.
Os días 24 de febreiro e o 3 de marzo terán lugar as xornadas de portas abertas para que poidades coñecer as instalacións do centro.
Será ás 17:00 e a visita durará aproximadamente unha hora.
Cada día cubriránse un máximo de 20 prazas e, de ser preciso, poríamos un terceiro día o xoves 10 de marzo.
Debido a situación sanitaria agradeceríamos que viñésedes unha persoa por familia e que non traiades as crianzas.
Unha vez rematado o proceso de admisión, se a situación sanitaria o permite, faremos visitas para familias coas crianzas.
Para pedir cita podedes chamar ao 881867930 ou enviar un correo electrónico ao ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal .
En breve subiremos á páxina toda a información do proceso de admisión.
Saúdos afectuosos
A Equipa Directiva.
Listaxes definitivas de admitidos e solicitudes axudas libros de texto.
Dende o luns están publicadas as listas definitivas de alumnado admitido para o curso 20/21. Non houbo modificacións con respecto ás provisionais.
O prazo para a formalización da matrícula será do día 1 ao día 10 de xullo.Antes desa data colgaremos na páxina a documentación que deben presentar.
Lembrámosvos que o venres 19 remata o prazo para solicitar as axudas de libros de texto e material didáctico.
Reapertura das solicitudes de admisión
Dende o luns 11 ata o luns 18 reanúdase o prazo de solicitude de admisión .
Debido á situación sanitaria todas aquelas persoas que dispoñen de Chave 365 ou certificado dixital poden facer a solicitude de xeito telemático sen ter que desprazarse ao centro na dirección https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Para aquelas persoas que teñen que entregar a solicitude no centro , este estará aberto de 10:00 a 13:00.
Tomaranse unhas medidas de atención persoa a persoa e para evitar esperas innecesarias sería convinte acudir con cita previa.
Para solicitala poden chamar ao teléfono do centro :981543172.
Un cordial saúdo.
Listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas Curso 20/21
Están publicadas no centro a listas de persoas admitidas e non admitidas para o curso 20/21.
O prazo de reclamación é ata o día 5 de xuño e a exposición de listaxes definitivas será o día 10 de xuño.
Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos Curso 2019-2020
No arquivo adxunto figura a relación de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019-2020. O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SKM_454e19050711500.pdf | 587.71 KB |
