Skip to Content

PT

Especialidades AL e PT

AUDICION E LINGUAXE  / PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Son áreas desenvolvidas por profesorado especializado en Educación Especial.

A súa finalidade primordial é propiciar a integración e inclusión do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, mediante:

- A atención preferente e directa.

- O asesoramento en materiais curriculares adaptados a este alumnado.

- O consello e apoio ao profesorado do centro.

Ámbalas duas, como parte do equipo de Atención á Diversidade do centro, desenvolven funcións como:

 Determinar o programa de traballo dese alumnado ao comezo do curso escolar xunto aos profesores titores, en función dos informes e prognósticos realizados polo Equipo de Orientación Educativa e Psicopedagóxica  do centro. Nalgúns casos, ademais, teranse en conta as orientacións dos Equipos Específicos de Orientación

 

Organizar a atención aos alumnos e alumnas que en principio van recibir axuda, respecto a: Horarios, espazos e materiais 

 

Revisión  das necesidades a través da realización de probas individualizadas, a observación directa e indirecta e informes da orientadora, titores, profesores especialistas e familiares.

 

Proporcionar, se é necesario, axuda na selección de material específico e adaptado para a súa utilización nas aulas e realizar as adaptacións de materiais didácticos que se precisen

 

Intervir directamente co alumnado  a fin de corrixir ou paliar as dificultades que presenten, realizando: un plan de traballo programado individualizado, e o seguimento e avaliación procedentes, colaborando co resto dos membros do claustro, sobre todo no referente ás áreas instrumentais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut