Imos aproveitar esta semana das letras, para camiñar un pouquiño pola vida de Ricardo Carvalho Calero con algún reto de actividade física. Atrévedvos con eles???

Imos aproveitar esta semana das letras, para camiñar un pouquiño pola vida de Ricardo Carvalho Calero con algún reto de actividade física. Atrévedvos con eles???
Moi boas a todxs!
Vos animástedes a facer as indiacas con material de refugallo? Espero que si, e que esteades xogando moito con elas!
Hoxe vouvos deixar un video explicándovos como facer un labirinto de cartón coma este!
Igual que nas entradas anteriores, se tedes calquera dúbida, podedes contactar conmigo sen problema en evaad@edu.xunta.es.Tamén me encantaría, que vos puxerades en contacto proque si, e me contedes estades facendo algunha actividade física, ou algún destes xoguetes ou dos retos que vos propoño.
Quédavos adxunta a explicación para facer "labirintos de refugallo".
Apertiñas!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LABIRINTO.flv | 38.48 MB |
Coma o ano pasado, por estas épocas de curso, comezo a insistirvos (mais aínda) na importancia da reutilización e reciclaxe, así coma no uso da imaxinación á hora de xogar, que por outra banda, e algo que nestes días, nos ven moi ben. Por eso, imos a traballar fabricando, e xogando, con xoguetes fabricados con material de refugallo.
Polo tanto, nos vindeiros días, vouvos ir subindo videos, fotos ou explicacións , para ir fabricando algúns xoguetes con material que podedes ter pola casa.
Algún deles, é posible que xa o fixerades o curso pasado en clase, pero nunca está de mais vovler a facelo por se acaso xa non o tedes.
Igual que nas entradas anteriores, se tedes calquera dúbida, podedes contactar conmigo sen problema en evaad@edu.xunta.es.
Quédavos adxunta a explicación para facer "indiacas de refugallo".
Apertiñas!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INDIACA flv.flv | 69.54 MB |
Que tal foron os retos desta semana? Fixéstedes todos? Algún? Espero que esteades o mais activ@s posible, dentro das características destes días...
Vouvos deixar unha táboa de retos nova para esta semana que comeza mañán!
Se tedes calquera dúbida, ou queredes mais ideas, ou simplemente queredes contarme que tal o estades levando, podedes poñervos en contacto comigo polo correo evaad@edu.xunta.es, e eu intentarei axudarvos no que precisedes para conseguir estar activos, e facer esta espera na casa o mais entretida e saudable posible!
Apertiñas para tod@s!!!
click para descargar--> 2º SEMANA: 30 marzo a 5 abril
LUNS |
MARTES |
MERCORES |
XOVES |
VENRES |
SABADO |
DOMINGO |
30 marzo |
31 marzo |
1 abril |
2 abril |
3 abril |
4 abril |
5 abril |
Xoga varias partidas ao escondite inglés. Precisas convencer a xente que xogue contigo! |
Busca un cesto/caldeiro, e coloca 4 marquiñas, cada unha un paso mais lonxe. Agora intenta encestar 5 boliñas de papel de xornal. Tes que conseguir encestar as 5, para pasar ao seguinte nivel, |
Precisamos un prato, unha palliña e un papel que valga para facer anaquiños (como se foran confetis). Coloca todos os “confetis” dentro do prato, usando a palliña e absorbendo aire, tes que ir sacando todos para fora do prato. Podes convencer a alguén e facer unha competición a ver que o fai antes! Ollo! Absorbendo aire, non vale sopplar para sacar todos! |
Xoga durante un rato ás alturas, con música. Está claro que para este xogo tes que liar a máis persoas ca ti! |
Volve a intentar e a practicar outro pouquiño o dos malabares do venres pasado |
Unha carreira de vermes.
Recorta unha tira de papel duns 3 cm. E dóbraa de maneira que pareza un pequeno verme. Tes que facer que se mova soprándolle.
Ver ligazón |
Busca en youtube 2 muiñeiras e intenta bailalas.
Ver ligazón |
ver vídeo iniciación para que non saiba muiñeira: click aquí
ligazón carreira de vermes: click aquí
A continuación, vouvos deixar unha ligazón a un circuíto de actividades, bailes e exercicios, que atopei pola rede, e me pareceu moi entretido.
Recoméndovos, para levar mellor esta tempada, que vos marquedes todos os días un ratiño de actividade física, por exemplo, eu estouno facendo de 11 a 12 da mañán. Polas condicións destas circustancias que estamos a vivir, pasamos moito tempo sentadas, e por eso, mais que nunca, creo que é moi importante un anaquiño de actividade física no día, para manter a nosa saúde, e ademáis, é algo moi divertido que podedes facer en familia!
Este labirinto que vos deixo, propón varios retos, ide elexindo, e facede un ou dous cada día, non é preciso que se fagan todos de golpe!
Veña, a manterse activ@s!!!! Fai click na imaxe para empezar!
Está claro que por aquí non podemos continuar coa dinámica das clases, pero si que me parece importante que nos manteñamos activos para levar mellor esta tempada, xa que pasamos moitas horas na casa.
Propóñovos este caderno de actividades que vos reto a facer cada día. Non vos vou avaliar eu, senón vos mesmos, cada día que cumprades o obxectivo que vos propoño, tedes que pintar ben bonita esa casilla como conseguida. Non vos preocupedes se un día se vos esquece facer algunha, o día seguinte teredes dobre traballo para facer o atrasado.
Se tedes calquera dúbida, ou queredes mais ideas, podedes poñervos en contacto comigo polo correo evaad@edu.xunta.es, e eu intentarei axudarvos no que precisedes para conseguir estar activos, e facer esta espera na casa o mais entretida e saudable posible!
DESCARGA AQUÍ A TÁBOA DE TAREFAS POR SEMANAS
click para descargar--> 1º SEMANA: 23 marzo a 29 marzo
LUNS |
MARTES |
MERCORES |
XOVES |
VENRES |
SABADO |
DOMINGO |
23 marzo |
24 marzo |
25 marzo |
26 marzo |
27 marzo |
28 marzo |
29 marzo |
Recordas o quecemento de clase? Faino todas as mañás!
|
Imita as posturas de Ioga que aparecen abaixo ver abaixo as posturas |
Tes un globo? Convence a alguén na casa para xogar ao voleibol con el. Se non tedes globo, pódenos valer unha bolsa ben chea de aire, ou incluso unha boa bola de papel de xornal. |
Bailar dúas cancións que che gusten. Sempre é mais divertido bailar con alguén. |
Fai 3 boliñas de papel de xornal, e intenta facer malabares. É difícil, non desesperes aos 3o segundos, empeza con 1, logo con 2, e despois inténtao coa 3ª a ver que pasa! (video abaixo) |
Colle 10 tubos de papel hixiénico (ou parecido) cos pés, e vainos metendo dentro dun caldeiro ou bolsa. Intenta facelo en menos de 45 segundos. |
Monta un pequeno circuíto como os que facemos na clase. Recorda que tes que ter onde saltar, onde agacharte e onde reptar. |
- Posturas de ioga: facer click aqui
- vídeo explicación de malabares: https://www.youtube.com/watch?v=aotaVzfDXPk