Coma o ano pasado, por estas épocas de curso, comezo a insistirvos (mais aínda) na importancia da reutilización e reciclaxe, así coma no uso da imaxinación á hora de xogar, que por outra banda, e algo que nestes días, nos ven moi ben. Por eso, imos a traballar fabricando, e xogando, con xoguetes fabricados con material de refugallo.
Polo tanto, nos vindeiros días, vouvos ir subindo videos, fotos ou explicacións , para ir fabricando algúns xoguetes con material que podedes ter pola casa.
Algún deles, é posible que xa o fixerades o curso pasado en clase, pero nunca está de mais vovler a facelo por se acaso xa non o tedes.
Igual que nas entradas anteriores, se tedes calquera dúbida, podedes contactar conmigo sen problema en evaad@edu.xunta.es.
Quédavos adxunta a explicación para facer "indiacas de refugallo".
Apertiñas!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INDIACA flv.flv | 69.54 MB |