Skip to Content

ASEMBLEA ANPA 11 DE DECEMBRO DE 2023

Convocatoria de asemblea extraordinaria da ANPA o luns 11 de decembro ás 17:30 horas no salón de actos do CEIP Apóstolo Santiago.

Duración aproximada: 2 h

Haberá servizo de LUDOTECA a disposición das familias que queiran participar e precisen dela. Para iso cómpre enviar un correo antes do venres 8 de decembro ás 15 horas, indicando nome, apelidos e idade da crianza, ao noso enderezo, anpa.apostolo@gmail.com.

 

En adxuntos o documento da convocatoria

Listaxe de admitidos para a distribución de máscaras

Estimadas familias, están expostas no centro as listaxes de admitidos para a distribución de máscaras. Unha vez que recibamos  o pedido no centro procederemos ao reparto. É posible que este non se produza ata despois das vacacións de Nadal. Manterémosvos informadas. Un afectuoso saúdo.

Programa municipal de conciliación de Nadal.

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Educación, ten previsto realizar unha nova edición do programa de conciliación laboral e familiar nas vacacións de  Nadal. Trátase dunha alternativa de ocio e de tempo libre, nun tempo no que cada vez máis as familias compostelás demandan novas propostas de conciliación en períodos non escolares.

Nos arquivos adxuntos tedes máis información.

Comunicado de Protección Civil sobre a instalación dunha antena.

Dende Protección Civil comunícannos que precisan instalar unha antena repetidora  para ter  unha cobertura máis ampla. 

Despois de varias probas, determinouse que a zona da Almáciga, pola súa altura e especial situación, soluciona este problema porque permite a perfecta comunicación en todo o casco antigo. 

Para facer efectiva esta solución é preciso instalar unha antena repetidora no tellado do Centro Sociocultural...

No documento adxunto tedes máis información. 

Stopmotion1

Este foi o primeiro e despois viñeron moitos . Podedes velos todos no vínculo de Vídeos de interés ...

Decimoterceiro reto

Chegamos ao 12+1

 

MAIOS CONFINADOS

Boa noite!

Mañán é un gran día!! e que casualidade... na páxina da nosa escola fannos unha proposta ben curiosa, celebrar OS MAIOS.

Se podedes apañade cousiñas na vosa saída para facer un maio confinado.  Pasádeo moi, moi ben mañán.  Tirade fotos, que logo quero ver o que fixestes.

Premede no enlace para enterarvos da nova dos MAIOS CONFINADOS.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/

 

Xa vén o Maio

 

No arquivo adxunto tedes a nosa proposta para celebrar os maios

Animádevos a participar

Distribuir contido


by Dr. Radut