Skip to Content

Proclamación de persoas candidatas.

No documento adxunto está a relación de persoas proclamadas pola Xunta Electoral  candidatas a representantes das familias no Consello Escolar.

Segundo informamos no calendario de actuacións, as votacións terán  lugar o vindeiro martes 29 de novembro das 13:45 ás 14:15  e das 16:30 ás 18:30  no recibidor do CEIP Apóstolo Santiago.

Poden votar ambas as dúas persoas proxenitoras e deberan acreditar a súa identidade mediante documento oficial.

Agardamos a vosa participación.

Un afectuoso saúdo.

Información proceso eleccións Consello Escolar

No taboleiro da entrada do transporte escolar esta exposto o censo de familias. e no da sala de profesorado o de docentes.

Achegamos as convocatorias para os dous sectores e o modelo de presentación de candidatura editable.

Tamén dispoñedes del na conserxería do cole.

Un cordial saúdo.

Eleccióna ao Consello Escolar

Estimadas familias: Iniciase o proceso para a renovación parcial

das persoas que forman parte do Consello Escolar.

O mércores día 2 , ás 11:45 na sala de reunións do centro terá

lugar o sorteo público para a designación das persoas da

comunidade  educativa que formarán parte da Xunta Electoral.

No documento adxunto figura o calendario de todo o proceso .

Un afectuoso saúdo

A Equipa Directiva

Alta en ABALAR

Bo día: Nas seguintes direccións tedes información de como descargar a aplicación ABALAR ou como resolver os problemas que se vos poden dar.

Vai tamén como adxunto a guía  de uso para as familias.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/app-de-comunicaci%C3%B3n-abalarMobil-para-familias

Un cordial saúdo.

Asemblea da ANPA

No documento adxunto figura a convocatoria da asemblea xeral da ANPA a celebrar o xoves día 6 de outubro.

Listaxe de material para Educación Infantil.

Estimadas familias nos documentos adxuntos informámosvos das listas de material para Educación Infantil.

Un afectuoso saúdo

Bolsas convocadas polo MEFP para alumando con NEAE.

Prezadas familias:

Tal e como falamos telefonicamente, no arquivo adxunto envíanse unhas breves instrucións cos pasos necesarios para efectuar a solicitude de bolsas para o Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023, que convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Igualmente, achégase un documento co texto da convocatoria.

É importante ter en conta que o prazo máximo para presentar a documentación da solicitude no centro é o día 30 de setembro.

No caso de que existan dúbidas ou se precise algunha aclaración, estou á vosa enteira disposición.

Moitas grazas.

Un saúdo cordial:

Maruxa Villamor

Resumo reunión Educación Infantil

No documento adxunto tedes un resumo do que se tratou  na reunión de Educación Infantil  do martes día 6.

Benvida ao novo curso.

Estimadas familias: Benvidas ao curso 22/23!

Nos documentos adxuntos tedes información  do profesorado deste curso e adscrición ás titorias.

Tamén está o calendario escolar para que poidades organizarvos e as instrucións para darvos de alta en COLECHEF coa clave que corresponde ao noso centro.

As actividades lectivas inicíanse o día 8.

Saudiños.

Relación de libros de texto.

No adxunto figura a relación de libros de texto para o curso 22/23.

Recomendamos non adquirir os libros nin o material ata que a persoa titora llelo indique unha vez iniciadas as actividades lectivas.

Distribuir contido


by Dr. Radut