Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024-25

O período de recepción de solicitudes de admisión para o curso 2024-25 estenderase entre os días 1 e 20 de marzo.

O proceso está regulado pola ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Xuntamos a este anuncio os seguintes documentos:

GUÍA PARA AS FAMILIAS

MODELO DE IMPRESO DO PROCEDEMENTO

LISTAXE DE VACANTES OFERTADAS POLO CENTRO

 

Criterio complementario do centro:

Solicitar matrícula unicamente en centros públicos.

 

 

ORGANIZACIÓN ENTROIDO 9 DE FEBREIRO DE 2024

Prezadas familias.

 

Toda a comunidade educativa espera, cada ano, con moita ilusión a celebración do entroido e o desfile polo barrio. Desafortunadamente, semella que a situación meteorolóxica vai impedir o paseo previsto polas rúas da Almáciga.

Por tanto, en vista da predición meteorolóxica para mañá, modificaremos a organización da xornada como segue:

 

  • Non está previsto realizar desfile exterior. Se nalgún momento escampa ou abre o día, tentaremos realizar unha versión abreviada do percorrido, pero non podemos prever en que momento será.

  • O alumnado permanecerá nas aulas (preparando disfraces ou realizando actividades académicas) ata as 11 h. Nese momento acudirá ao pavillón, onde terá lugar un pequeno desfile de entroido, acompañado de música.

  • As familias poderán acceder a partir das 11 horas.

  • Unha vez rematado este desfile de serviranse doces de entroido* para o alumnado. Estes doces son un petisco a maiores da merenda habitual e do leite que se ofrece no recreo.

 

Cómpre lembrar que aquelas familias que desexen levar do centro os seus fillos ou fillas antes da hora habitual deben comunicarllo á titora e asinar o documento correspondente que está á súa disposición en conserxería.

 

O centro agradece a colaboración da ANPA no cofinanciamento dos alimentos que se van distribuír e na xestión da música que nos acompañará.

 

*Haberá orellas e filloas. Tamén biscoitos sen glute.

 

A dirección

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024-25. 20 DE FEBREIRO DE 2024.

O CEIP Apóstolo Santiago convoca as familias interesadas en matricular os seus fillos ou fillas en 4º de educación infantil para o curso escolar 2024-2025 a unha xornada de portas abertas que terá lugar o día 20 de febreiro ás 17:30 horas.

A recepción das familias visitantes terá lugar na porta principal do centro educativo.

MANDADOS DE DONA ALMÁCIGA 2024

Estes mandados son para a semana lectiva do 5 ao 9 de febreiro.

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O alumnado do CEIP Apóstolo Santiago que desexe formular a reserva de praza para a ESO, ten o prazo aberto.

Os centros adscritos son: IES de Sar, IES Xelmírez II

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

En adxuntos os formularios.

CONCILIACIÓN ENTROIDO CONCELLO DE SANTIAGO

No documento adxunto está a información enviada polo Concello de Santiago en relación ao programa de conciliación previsto para as datas do entroido 2024.

INFORMACIÓN ENTROIDO 2024

Prezadas familias:

No documento adxunto atoparedes información para elaborar os disfraces.

É un documento do centro, cada titoría organizará os seus horarios e coordinarase coas familias.

Proximamente teremos máis información sobre a xornada de celebración que terá lugar o 9 de febreiro que estamos preparando en coordinación coa ANPA.

 

Fin do 1º trimestre. Actividades 21 de decembro.

FESTA PRE FIN DE ANO 21 DE DECEMBRO

 

NOVOS ENDEREZOS ELECTRÓNICOS

Recentemente creamos dúas novas contas de correo vinculadas ao centro educativo.

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

orientacion.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal

 

SECRETARÍA (trámites, matrícula, certificados...)

secretaria.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal

LISTADO MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

Ver documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut