Skip to Content

Inicio das actividades lectivas

Aprezadas  familias benvidas ao novo curso !

Mañá iniciamos as actividades lectivas , debido á situación sanitaria  imos facer un incio de curso sen poder ter a reunión de primeiro día.

O alumando de primaria entra ás nove do mesmo xeito que o fixo ao longo do curso pasado. 

Os de 1º e 2º pola porta traseira do corredor da ala norte.

Os e 3º, 4º, 5º e 6º pola porta principal da ala norte.

O alumnado de infantil  cinco minutos máis tarde pola entrada a ala sur dende o patio. 

Ás saídas tamen coiciden coas do curso anterior.

Para o alumnado que utliza o transporte en principio tamén se manteñen os horarios de recollida nas paradas.

Se utilizades o coche, polas obras que se están realizando en Concheiros e Cruceiro de San Pedro, o acceso ao centro  pódese facer pola rúa de Home Santo dende o cruce de Concheiros con Avda de Lugo ou pola Travesía de Pastoriza dende a rúa de Pastoriza.

O alumnado de 1º e 2º irá para a aula onde estaran ás persoas titoras.

O alumnado de 3º, 4º 5º e 6º formará filas no recibidor e logo serán acompañados á aula polas persoas titoras.

Antes de que remate este mes teremos  as reunións de titorías  de princio de curso  que esperamos poida ser presencial.

Queremos manter tamén o  protocolo COVID  O alumnado ten que traer as máscaras precisas para facer os cambios ao longo da xornada lectiva. As máscars serán de uso obrigatorio para o alumando de 6 e maís anos en todas as estancias do centro.

Para o alumnado menor de 6 anos é recomendable o uso en todas as estancias e obrigatorio nos desprazamentos e nos espazos de uso común

Nos primeiros días o alumnado levará información máis detallada do  protocolo, documentación que tedes que devolver cuberta ao centro , listaxes de material preciso e dende a ANPA  todo o relacionado coas actividades extraescolares. 

No documento adxunto tedes a información das persoas titoras de cada grupo. 

 

Saúdos afectuosos.

 

 

A Equipa Directiva

Reunión coas familias

Estimadas familias! O xoves día 8 ás 16:30 terá lugar a reunión  da que vos falamos antes de rematar o curso.

Tendo en conta a actual situación sanitaria rógase que veñades unha persoa por familia. 

Se o tempo o permite,  a xuntanza será no exterior. De non poder ser usaríamos o salón de actos respectando o aforo establecido. 

O que queremos e explicarvos cal é situación cara o curso que vén e coñecer a vosa opinión sobre as distintas posibilidades que poden darse.

Un cordial saúdo.

A Equipa Directiva

Solicitudes de comedor

Bo día, nos adxuntos tedes a información que enviaron do Concello para realizar a inscripción no servizo de madrugadores e comedor.

As persoas que xa erades usuarias tedes que facelo a traves da aplicación o noso centro ten o código que figura no primeiro adxunto.

As persoas que solicitades por primeira vez utilizando o modelo que se acompaña que hai que entregar en rexistro do Concello.

Formalización de matrícula e modificacións na matrícula de cursos anteriores

Lembrámosvos que o vindeiro día 30 remata o prazo para facer a formalización de matrícula do alumnado de nova admisión .

Tamén é o prazo para comunicar ao centro as modificacións á matrícula en canto a materias optativas ou  ao uso de transporte.

No documento adxunto achegamos  os modelos correspondentes.

Boas vacacións

Sorteo das rifas

Hoxe fixemos os sorteos e xa temos @s 3 gañador@s!!

Sorteo do pack de papelería e almorzo: 14(morado)

Sorteo da cea para dúas persoas: B03 (amarelo)

Sorteo do pack de comida: B01 (verde) 

Podedes pasar polo centro a recoller os premios en horario de 9:00 -14:00

No  Blogue da Biblio tedes as fotos das mans inocentes que se encargaron de repartir fortuna

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2021/05/sorteo-das-rifas.html

ABERTO O PRAZO DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Querémosvos informar de que está aberto o prazo para solicitar axudas para material (todos os niveis de primaria),  adquisición de libros (1º e 2ª) e para participar no fondo solidario de libros (3º, 4º de EP).

Pódese presentar a solicitude de xeito telemático, na aplicación fondolibros da Xunta ou de xeito presencial. Obteranse os impresos descargando e imprimindo o arquivo adxunto . En caso de ter dificultade para isto, podedes recollelo no centro.

Para entregar as solicitudes  presencialmente mellor facelo en horario de secretaría de 12:30 a 13:10

Segundo a Orde 6 de maio, de 2021, as condicións son as seguintes:

Participación no fondo solidario de libros:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

 A contía das axudas para adquirir libros de texto será:   Alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

Axudas para material:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €.

Renda per cápita da unidade familiar:

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, tendo en conta que, computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

2. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

3. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

Membros computables da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

3. Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

4. En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente.

c). Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Obrigas das persoas beneficiarias:

Devolver os libros de texto do fondo 2020-21 e telos conservado en bo estado. A falta de devolución destes será causa de exclusión da participación no fondo solidario.

 

Publicada listaxe definitiva de persoas admitidas

Está publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas. Son as mesmas que figuraban nas listaxes provisionais. 

Deberán realizar a formalización  da matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

Listaxe provisional de admitidos

Na  cristaleira da entrada  interior do centro están publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos. No caso das solicitudes de 5º de EP non hai admitidos porque non hai vacantes.

Ábrese un prazo de   reclamacións ante a dirección do centro de 5 días hábiles, a partir do seguinte á publicación. Rematará polo tanto o martes 20 de abril.

Unha vez rematado o mesmo publicaranse as listaxes definitivas.

Admisión de alumnado

Estimadas familias, unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado comunicámosvos que o alumnado que solicitou praza para 4º de EI (25), 6º de EI (2), 1º de EP(3) e 4º de EP (1) está admitido. 

Hai  que baremar en 5º de EI xa que temos  5 solicitudes  para 1 vacante e en 5º de EP onde  hai 2 solicitudes  para 0 vacantes . Unha vez que remate o prazo  para presentar a documentación precisa para xustificar os criterios alegados procederase á baremación e publicaranse as listaxes provisionais antes do 9 de abril.

Visita virtual portas abertas

 As medidas tomadas pola situación actual   non permiten  amosar o centro dun xeito presencial.

O alumnado do centro amosanos o centro nun video elaborado por eles.

Achégase un adxunto por se hai problemas de visionalo neste cadro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut