Skip to Content

Relación de vacantes.

No documento adxunto figura a relación de vacantes.

Para consultar zonas de escolarización podedes utilizar a páxina:

http://xeoportal.santiagodecompostela.gal/visores/MapaEscolar/?locale=gl

Seguimos pendentes de colgar a visita virtual...

Solicitude de admisión

Bo día! Estamos ultimando a  visita virtual ao centro e subirémola en canto a teñamos  lista. 

No documento adxunto tedes a contestación ás preguntas que nos fostedes facendo ata o de agora e irémolo actualizando a medida que nos fagades chegar novas dúbidas.

Se queredes ver o que imos facendo día a día visitade o blog da Biblioteca https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/ ou o blog da ANPA https://anpaapostolo.blogspot.com/ 

O prazo de solicitude de admisión estará aberto dende o día 1  ata o 22 de marzo.

No portal da Consellería tedes toda a información e os impresos https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, tamén dispoñedes deles no centro en horario de mañá 09:30 a 13:30 ou de tarde 16:30 a 18:30.

Un afectuoso saúdo dende o CEIP Apóstolo Santiago.

 

Plan de Continxencia e Horarios espello

Nos documentos adxuntos está actualizado o Plan de continxencia e os Horarios espello para o 2º e 3º ciclo de EP.

Protocolo COVID versión 3

No adxunto tedes á vosa disposición o Protocolo deste centro  na versión 3 .

Xa figuran nos anexos algúns dos planos das aulas realizados polo alumnado. En canto vaian  estando rematados os outros subirémolos tamén.

Saúdos

Actualización material impreso 1º e 2º de EP

No documento adxunto tedes a relación de material impreso para 1º e 2º de EP.

Listado de material de infantil para bolsas do Concello

No ficheiro adxunto tedes a relación de material de educación infantil para poder solicitar as  axudas do Concello.

Inicio de curso en Educación Infantil

No documento adxunto tedes a información de inicio de curso en educacion infantil o día 11. Benvid@s

Inicio das actividades lectivas en Educación Primaria

Na circular adxunta tedes información do inicio de curso en educación Primaria. Benvid@s...

Inicio das actividades lectivas

IMPORTANTE

O xoves día 10, ás 9:00 empezamos todos os cursos de primaria.

O venres día 11 empeza infantil. Os de catro e cinco anos ás 9:05 e os de tres anos ás 12 :30

As familias que tedes crianzas  de tres anos e noutros cursos, se necesitades unificar os horarios no período de adaptación  podedes facelo adaptándose todas as crianzas ao horario de 3 anos.  

Benvidas ao novo curso

Empezamos...

No documento adxunto tedes as datas e os  horarios das sesións informativas de inicio de curso.

Apertas.

A Equipa Directiva

Distribuir contido


by Dr. Radut