Skip to Content

Resolución provisional axudas libros e material didáctico.

O vindeiro 7 de xullo faránse públicas na entrada do centro as listas provisionais de axudas de libros e material didáctico.

Hai dous dias de prazo para reclamacións e o día martes  día  12 publicaranse as definitivas.

A partires do xoves día 14  e ata o día 29 poden pasar polo centro para recoller os vales en horario  de 10:00 a 13:00. As persoas que non poidan pasar en xullo poden recoller os vales en setembro.

Recomendamos non adquirir os libros nin o material ata que a persoa titora llelo indique unha vez iniciadas as actividades lectivas.

Horario de apertura de centro no mes de xullo

No mes de xullo o centro permanecerá aberto todos os días de 10:00 a 13:00.

O alumnado de 6º pode pasar recoller a súa documentación académica a partires do día 4 de xullo

Algunha das persoas da Equipa Directiva estará no centro os luns, mércores e venres ata o día 15 de xullo.

Formalización de matrícula

Está aberto o prazo para a formalización de matrícula para o alumnado de nova incorporación ata o dia 30 de xuño.

O impreso podedes conseguilo na conserxería do centro  e tamén vai como adxunto.

 

Resultado sorteo "Xantar no Dezaseis"

No Blogue de Biblioteca tedes o vídeo do sorteo do xantar no Dezaseis. Graciñas a todas as persoas que colaborastedes e bo proveito para as afortunadas.

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2022/06/sorteo.html

Charla "Perigos e malos usos das TIC na infancia e na adolescencia"

Estimadas familias:No centro elaboramos unha enquista sobre os usos tecnolóxicos do noso alumnado e  os resultados foron preocupantes.  Pensamos organizar unha charla sobre o tema e queremos contar coa presenza do Dr.Antonio Rial Boubeta.

Precisamos saber cantas persoas estarían dispostas a asistir . Sería un martes do mes de xuño (7, 14 ou 21) a partires das 17:30.

Para comunicar a vosa asistencia podedes empregar o modelo do documento informativo  que achegamos como adxunto ou comunicalo ao centro por teléfono ou correo electrónico.

 

Convocadas as axudas para adquisición de libros e material Primaria. Axudas MEC NEAE

A partires de mañá ábrese o parzo para solicitar as axudas de libros e material para Educación Primaria convocadas pola  Consellería de Cultura , Educación , FP e Universidades. Na seguinte dirección tedes toda a información e os anexos https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

Tamén os tedes impresos no centro . O  prazo remata o 22 de xuño.

No anexo figura un resumo de todo o proceso.

O MEC tamén abriu o prazo para solicitar as axudas de  alumnado con NEAE.Mañá subiremos o enlace e a información da que dispoñamos.

 Un cordial saúdo da Equipa Directiva

Axudas do Concello para comedor, material e actividades

Nos  documentos adxuntos tedes a información sobre as bolsas convocadas polo  Concello para material, comedor e actividades extraescolares.

O prazo de solicitude  é de 10 días hábiles a partires do seguinte da publicación no BOP.

 

 

 

Publicación de listaxes provisionais de admisión

Están expostas no centro as listaxes provisionais de persoas que teñen asignada praza no proceso de admisión. 

Resultado provisional do proceso de admisión

Unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión comunicamos que están admitidas todas as solicitude de 4º de EI e 5º de EP. 

O resto de solicitudes están pendentes de baremar en 6º de EI ou no resto dos cursos  á espera de que se confirme a admisión de alumnado noutros centros nos que fixeron solicitude.

Última xornada de portas abertas

O vindeiro martes 15 entre as 16:30 e as 17:30 terá lugar a última xornada de portas abertas . As persoas que non están inscritas poden facelo chamando ao teléfono do centro ou enviando un correo electrónico.

Distribuir contido


by Dr. Radut