Skip to Content

AUTORIZACIÓN TRANSPORTE ALUMNADO 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

En arquivo adxunto achegamos un documento que contén (entre outras) a autorización para que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria poida marchar para a casa sen acompañante.

Sería desexable que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria trouxese este documento impreso o día 11 de setembro á escola.

Adscrición titorías 2023-24

Comunicamos a relación de mestras titoras para este curso.

4º EI: Rocío Castro

5º EI: Paula García

6º EI: Mirian Miramontes

1º EP: Rosa Mª Conde

2º EP: Mª Eugenia Otero

3º EP: Sara Arias

4º EP: Delfina Bañobre

5º EP: Mª del Pilar Junquera

6º EP: Susana Doel

 

Debido ás dificultades xurdidas esta mañá coa platarorma de comunicación ABALAR, foron chamadas as familias do alumnado de Educación Infantil a unha reunión que terá lugar o venres 8 de setembro ás 10 h.

As reunións de titorías de Educación Primaria celebraránse despois do comezo do curso.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023_24

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023_24

Apertura do prazo para a solicitude do servizo de madrugadores e comedor do concello de Santiago de Compostela

 

Na seguinte ligazón está a información precisa para solicitar os servizos de madrugadores e comedor para o curso 2023-24.

PRAZO: Do 18 de xullo ao 28 de agosto.

 

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=22620

Listado de libros de texto curso 23-24 e listaxes provisionais das axudas de libros e material didáctico

No documento adxunto figura a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 23/24.

Recoméndase non mercalos ata que se inicien as actividades lectivas por se non son precisos todos.

As listaxes provisonais das axudas de libros e material didáctico contamos publicalas mañá. Estarán expostas na porta de cristal de acceso ao centro.

En canto se coloquen enviaremos un comunicado por ABALAR xa que hai  dous días de prazo para reclamar .

As definitivas contamos poñelas o 7 de xullo e os vales de libros ou material  poderán recollerse no centro os  días 11 ou 13 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 ou no mes de setembro.

Formalización de matrícula

Estimadas familias : Está aberto ata o día 30 deste mes o prazo para a  formalización de matrícula do alumnado que se incorpora novo ao centro.

Como adxunto tedes os documentos a cubrir, tamén dispoñedes deles na conserxería do centro.

O horario de apertura do centro  no  que queda de xuño é de 09:00 a 14:00.

Antes de rematar o mes informaremos do horario de xullo e das datas de publicación de listaxes das axudas de material e libros.

Un cordial saúdo.

 

Modificación de datos de transporte ou materia optativa para o curso 23/24

Estimadas familias:  Poñemos á vosa disposición o modelo para modificar  os datos das vosas crianzas en canto á utilización ou non do transporte escolar e a elección de materia optativa  de relixión ou, atencion educativa en Educación Infanti e proxecto competencial en Educación Primaria.

En canto a o uso de transporte son usuarias autorizadas aquelas nenas e nenos que están en zona de escolarización do centro. As persoas que teñen o seu domicilio fóra da zona de escolarización e queren facer uso do transporte teñen que presentar unha solicitude no centro cada curso e de haber vacantes seránlles concedidas mentres se manteñan a circunstacia de prazas libres.

Un cordial saúdo.

 

Invitación para o futuro alumnado de 4º de EI

Achegamos a invitación elaborada polo alumnado de 6º de EI e dirixida ás nenas e nenos que se incorporan en 4º de EI para o curso que vén.

Resultado sorteo

Os números afortunados son para o primeiro lote o 158  e o 220 para o segundo lote.

No blogue da biblioteca teredes a gravación do sorteo.

De non aparecer os boletos afortunados  seredes informados  a través da páxina e procederase a un segundo sorteo.  

Solicitude axudas libros e material

Estimadas familias: Está aberto o prazo para a  solicitude de axudas para a adquisición de libros e material didáctico convocadas pola Consellería de Cultura, Educación , FP e Universidades.

Vai dende o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído). Nos seguintes enlaces tedes toda a información precisa e como adxunto os anexos I e II da solicitude.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0001_gl.pdf

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0002_gl.pdf

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294

Se presentastedes a solicitude o curso pasado e non houbo  modificacións nas vosas circunstancias non é preciso que entreguedes a documentación complementaria dado que xa dispoñemos dela. A presentación podedes facela de xeito telemático ou presencialmente no centro

O alumnado que para o curso 23/24 estará no instituto debe dirixir a solicitude ao  centro onde teña adxudicada praza.

Distribuir contido


by Dr. Radut