Skip to Content

Bolsas de NEAE

INFORMACIÓN BOLSAS NEAE 2023-2024

Recentemente vén de publicarse a convocatoria para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

O prazo para a presentación das bolsas será do 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023.

Esta presentación deberá facerse a través de medios electrónicos (https://sede.educacion.gob.es/portada.html). Igualmente, a copia da solicitude e a documentación que a acompaña deberá entregarse no centro educativo antes do 20 de setembro.

Á espera de recibir máis instrucións por parte dos organismos educativos, as axudas están destinadas ao alumnado que presente as seguintes características:

- Axudas directas e subsidios para o alumnado, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividad), que requiran por un periodo da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas e subsidios o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA), non incluido no párrafo anterior, e que requira destes apoios e atencións educativas específicas.

Para acceder ás axudas tamén deben cumprirse determinados requisitos de carácter económico e patrimonial que veñen recollidos na convocatoria. Para máis información, achégase o enlace á mesma:

Convocatoria%20NEAE%20curso%202023_2024%20Firmada.pdf

É recomendable que as persoas interesadas en solicitar as bolsas comecen a recompilar a documentación necesaria. Isto é:

- Certificado de discapacidade (de existir).

- Certificado de empadroamento.

- Certificación bancaria na que conste o alumnado beneficiario como tituar ou cotitular da conta.

- Certificación dos gabinetes ou centros para a reeducación pedagóxica, da linguaxe ou programas específicos para alumnado con altas capacidades.

- Copia do DNI/NIE das persoas proxenitoras, alumnado, así como copia do libro de familia.

Para máis información, podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación.

Un cordial saúdo.

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Na porta de cristal interior  de acceso ao centro están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Están admitidas todas as solicitude de 4º de EI e 4º de EP .

No está admitida a de 1º de EP por non haber vacantes.

Para posibles reclamacións ante o consello escolar hai 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

Solicitudes de admisión

Comunicamos  que está admitido todo o alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil e 4º de  EducaciónPrimaria.

Para o resto de solicitudes non dispoñemos de vacantes. As listas provisionais de persoas admitidas  e non admitidas publicaranse a mediados de abril.

Relación de vacantes

No documento que achegamos figuran as vacantes das que dispón o centro para o vindeiro curso 23/24.

Recollida de aceite usado de cociña.

No documento adxunto dispoñedes de información da campaña que iniciamos de recollida de aceite de uso doméstico. Agardamos contar coa vosa colaboración e axudarvos a reciclar este produto que tanto pode contaminar.

Xornadas de portas abertas e admisión do alumnado

O xoves 23 e o martes 28 de febreiro ás 17:00 terán lugar as xorndas de portas abertas pendentes.

O período de solicitude de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

Nos adxuntos proporcionámosvos un resumo do procedemento de solicitude de admisión  , a normativa que regula o proceso  e o modelo de de solicitude de admisión.

Na páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado dispoñeredes dunha guía do proceso. 

Un afectuoso saúdo.

A dirección.

 

Día das mulleres e as nenas na ciencia

Hoxe conmemórase o día das mulleres e das nenas na ciencia. Nos vínculos que seguen tedes os vídeos gravados no cole polo INCIPIT.

Vídeo corto promocional: https://youtu.be/n_V1_J1Eayo

Vídeo longo: https://youtu.be/AE5WcOnCK3k

Nota comedor e mandados de Dna. Almáciga

Estimadas familias: Nos adxuntos tedes unha nota informativa, enviada dende o  Concello sobre o pagamento do  servizo de comedor e os mandados de Dna. Almáciga para a semana de Antroido do 13 ao 17 de febreiro.

Saúdos afectuosos. 

Charla ANPA e información antroido

Achegamos o cartel con máis información da  charla da ANPA e unha  imaxe onde podedes ver como son os disfraces de "Madamitas e Madamitos"

Na seguinte dirección  podedes averiguar  pouco máis da súa historia.

https://www.g24.gal/-/madamitas-madamitos-e-farandulleiros-os-disfraces-seculares-do-entroido-de-entrimo

Proceso de Admisión

Na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ dispoñedes de toda a información sobre a admisión de alumnado para o curso 23/24.

O primeiro prazo (Reserva de praza) é para que o alumnado de 6º de EP reserve praza se quere acudir a algún dos centros aos que estamos adscritos :IES de Sar e IES Xelmírez II.

O prazo é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

O segundo prazo (Admisión) é para o alumando que está sen escolarizar , para o que quere cambiar de centro ou para o de 6º de EP que non fixo a reserva nos centros adscritos.

Este prazo é do 1 ao 21 de marzo.En breve informaremos das xornadas de portas abertas no noso centro.

Dispoñedes dos modelo de solicitudes para os dous procesos na páxina á que facemos referencia arriba , como anexo a este documento ou  no cole.

Un afectuoso saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut