Skip to Content

Listaxe provisional de axudas libros de texto e material Curso 20/21

Están expostas no centro e publicadas no portal  da Consellería en FONDOLIBROS as listaxes provisionais de axudas para a adquisición de material escolar e libros de texto.

O prazo de reclamación é de dous días a partires do da publicación. O día 9 daranse a coñecer as listaxes definitivas e  e entre os días 10 e 17 poderan pasar polo centro, en horario de 10:00 a 14:00  para recoller os vales.

Os que non poidan recollelos neste periodo poderán facelo no mes de setembro.

Vídeo de fin de curso

Na Aula Virtual  ,no curso de 3º A, tedes o vídeo de fin de curso.

Vale a pena velo...

Apertura de prazos de matrícula no servizo de comedores e madrugadores.

Dende o día 30 de xuño ao 14 de xullo está aberto o prazo de matrícula para os servizos de comedor e madrugadores.

Nos documentos adxuntos figura a información proporcionada polo Concello e o impreso para facer a solicitude.

Novo número de teléfono

Dende hoxe no centro contamos con novo número de teléfono:881867930

 

Listaxes definitivas de admitidos e solicitudes axudas libros de texto.

Dende o luns están publicadas as listas definitivas de alumnado admitido para o curso 20/21. Non houbo modificacións con respecto ás provisionais.

O prazo para a formalización da matrícula será do día 1 ao día 10 de xullo.Antes desa data colgaremos na páxina a documentación que deben presentar.

Lembrámosvos que o venres 19 remata o prazo para solicitar as axudas de libros de texto e material didáctico.

Recollida de libros e material didáctico

 Quendas de recollida

 

Luns 8 de xuño:4º EI Luns 15 de xuño:3º EP
Martes 9 de xuño:5º EI Martes 16 de xuño:4º EP

Mércores 10 de xuño:6º EI    

Luns 22 de xuño:5º EP Equipos EDIXGAL
Xoves 11 de xuño:1º EP Martes 23 de xuño:6º EP Equipos EDIXGAL
Venres 12 de xuño:2º EP        Xoves 25 de xuño: Alumnado con equipos cedidos

O horario de recollida será de 09.00 a 14.00. Aquelas afmilias que teñan crianzas en varios cursos poden acudir a recoller todo o material o día que lle corresponda ás de cursos máis altos 

A persoa que recolla o material timbrará na porta do centro, o persoal de cons erxería, informará de que se dirixan á porta pola que entraba o alumnado non transportado e alí entregará as bolsas que se atoparán debidamente identificadas .

A persoa que recolla o material deberá asinar conforme recolleu o material no impreso facilitado ao efecto.

As familias que teñan material audiovisual  proporcionado dende o centro  deberán entregalo o día que se indica arriba e ese será o día no que fagan a recollida do material. Teñen asignado un día diferente ao do resto do alumnado. Asinarán tamén un documento de entrega do material.

Todas as familias que teñan libros da biblioteca introduciranos no caixón habilitado a tal efecto o día que lles toque de vir recoller o material. Estes libros deberán vir etiquetados co nome e o curso da nena ou neno.

 

 

Rifas pro excursión de 6º de EP

As rifas que se distribuíron para axudar ao alumnado de 6º na súa excursión de fin de curso  tiñan como data de sorteo o 17 de maio.

Ao ser anulado ese sorteo cambianse para que coincidan  co sorteo da Lotería Nacional do  sábado día 13 de xuño.

Mantéñense o resto das condicións.

Os números agraciados son :

1º premio 86830 

2º premio 75116

Solicitudes axuda libros e material escolar

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta. 

O prazo estará aberto entre os días 20 de maio e 19 de xuño.

Na  dirección  https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros  está toda a información dispoñible.

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático. O centro permanecerá aberto en horario de 9:00 a 14:00 para a entrega daquelas solicitudes que non poidan tramitar telemáticamente.

Nos documentos adxuntos tedes tamén a información.

Información terceira avaliación

No ficheiro adxunto tedes información actualizada da terceira avaliación.Saúdos afectuosos, seguimos xuntos na  distancia .

Letras galegas Carvalho Calero

Presentación sobre o autor ao que se dedican este ano as Letras Galegas

"Clic sobre a imaxe"

Distribuir contido


by Dr. Radut