Skip to Content

Iniciamos o terceiro trimestre

No documento adxunto atoparedes a comunicación do inicio do trimestre.

Moitos ánimos ....

Información Abalar móbil

No documento adxunto tedes información sobre Abalar móbil e aclaración de dúbidas sobre as axudas de comedor.

Que todo siga ben 

Actividades para realizar na casa ata que voltemos ás aulas

 

Ás actividades estánse  aloxando nos apartados  de Educación Infantil, Educación Primaria ou Especialidades. Tamén tedes información na zona de Lingoreta, a nosa mascota da biblio...

Lembrámosvos que para aclarar calquera dúbida podedes  contactar connosco a través do correo electrónico ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal ou a través do teléfono do centro 981543172.

Desexamos que todo vaia ben  nas vosas casas e esperamos poder vernos o antes posible.

 

Comunicado Peche dos centros IMPORTANTE

O  Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declara o estado de alarma. Nel establécese o peche dos centros educativos, o que significa o cesamento de toda actividade educativa...

Diferenzas:
 
Cese de actividade lectiva: Os Mestres e o persoal do centro deben asistir ao seu traballo no Centro.
Cese de actividade educativa: Mestres e persoal do centro non poden acudir ao Centro.
 
A Equipa Directiva prestará atención por teléfono ou correo electrónico.
 
 
IMPORTANTE:  LEDE O COMUNICADO ADXUNTO 

Día das Letras Galegas 2020 (CURTAS)

Ola familias:

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. 

A verdade é que eu non sei moito sobre este autor e agradecería moitísimo que fixerades curtas, de aproximadamente tres minutos, explicándome algo sobre el. Podedes utilizar as técnicas que máis vos gusten.

 

Enviádemas ao correo biblio.vagalume@gmail.com ou podedes entregalo nun USB no recreo da biblio, até o día 2 de maio.

             Un saúdo,   Lingoreta.

CORONAVIRUS CIRCULAR 2 (Admisión Alumnado)

 PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Campo a Través en O Pino

Participamos en  Campo a Través  do programa deportivo  XOGADE  

Xogade – Campo a Través – Fase Comarca Touro 2020 – 03/12/2019 – O Pino

Iniciativa da Xunta de Galicia onde os escolares, de xeito voluntario, teñen a posibilidade de practicar e competir con clubs e colexios de toda a Comunidade Autónoma, combinando o deportivo e competitivo, o escolar e o federado, nun programa lúdico e participativo co obxectivo principal  da promoción da saúde e o benestar, sen esquecer nin descoidar o rendemento deportivo.

Salientamos a boa participación dos nosos escolares, case o 60% do alumnado de segundo a sexto de primaria.

Participación bastante exitosa pois  acadáronse tres medaias de bronce e unha de prata en diferentes categorías.

A actividade  discorreu nun  entorno natural excepcional  e a meteoroloxía acompañou, dando unha pequena tregua  para poder realizar estas actividades ludico-deportivas, o que  permitiu a comunicación e a convivencia e como non o divertimento.

Ollo ao piollo!!!!

Como todo principio de curso que se prece xa temos nas cabeciñas dalgunhas das nosas crianzas e das súa familias os inquilinos de todos os anos.

Por favor , mirade se as vosas fillas e fillos teñen piollos  e en caso afirmativo tomade as medidas pertinentes.

Saúdos. 

A dirección

Comezo das clases curso 2019-2020

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Por fin!!!! Mañá día 11 empeza o curso 19/20...

Ao ser o primeiro día teremos unha xornada un pouco diferente que pasamos a explicarvos de seguido.

Ás 9:00  o alumnado  de 5º 6º de EI e todo o de primaria coas familias que poidades acompañalos,  iremos ao Salón de Actos onde presentaremos ao profesorado e a continuación cada grupo irá á súa aula coas mestras que lles corresponda.

As familias quedarán no salón de actos co equipo directivo .Queremos explicarvos as novidades que temos este curso , as normas xerais de funcionamento e intentaremos aclarar as vosas dúbidas.

Unha vez que acabemos, sobre ás 10:15, o alumnado sairá ao patio coas mestras especialistas  e as familias irán ás aulas para ter unha primeira toma de contacto coas titoras. 

Rematada esta reunión , unha vez que as nenas e os nenos volten ás aulas, iniciaremos o horario normal dun mércores.

Gustaríanos tervos anunciada a organización do 1º día con máis antelación pero non foi posible ...

Saúdos  a todas as familias e benvidas ao novo curso!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut