Skip to Content

Bolsas convocadas polo MEFP para alumando con NEAE.

Prezadas familias:

Tal e como falamos telefonicamente, no arquivo adxunto envíanse unhas breves instrucións cos pasos necesarios para efectuar a solicitude de bolsas para o Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023, que convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Igualmente, achégase un documento co texto da convocatoria.

É importante ter en conta que o prazo máximo para presentar a documentación da solicitude no centro é o día 30 de setembro.

No caso de que existan dúbidas ou se precise algunha aclaración, estou á vosa enteira disposición.

Moitas grazas.

Un saúdo cordial:

Maruxa Villamor

AdxuntoTamaño
Convocatoria NEAE curso 2022-2023.pdf267.16 KB
Instrucions bolsas NEAE.pdf812.15 KB


contido_eq_directivo | by Dr. Radut