Bibliocastelo

A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO

 

Co gallo do 50 aniversario da nosa escola, imos organizar no corredor do Bibliocastelo a exposición “A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO”

 

CANDO A PODEREMOS VISITAR?

 Estará dispoñible  ao público ata final de curso,  en horario de tarde de 16:00 a 18:00h todos os días da semana.

 Enviaremos unha mensaxe pola aplicación abalar coa data de apertura

 

ONDE ESTARÁ UBICADA?

 No corredor da biblioteca e a entrada será pola porta principal. Seguindo o corredor exterior da biblioteca  accederase ao edificio pola porta branca da biblioteca.

 Lembrade que debemos respecta as normas de hixiene: uso de máscara, distancia e limpeza de máns

 

COMO PODO PARTICIPAR?

Se queredes participar na exposición podedes aportar fotografías ou documentos de interese histórico relacionados co CEIP Plurilingüe A Pedra  dende os seus primeiros anos, alá polo curso 1971/72

Tando as fotografías como os documentos,  deberán vir acompañadas dunha breve descrición de 2 liñas onde se explique o lugar ou a actividade que se observa na imaxe e a data ou época na que se tomou.

 Ademais, terán que levar o curso e nome do alumno/a ou da persoa que os achega.

 Os documentos orixinais serán xestionados polo equipo de biblioteca e devoltos  aos seus donos/as na maior brevidade posible.

 

ONDE SE ENTREGAN?

  • Os alumnos/as poden traelos á escola e entregarllos na aula ás súas titoras.
  • Tamén se poden deixar na secretaría do centro.

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

A proposta está aberta a calquera persoa que queira participar aínda que non forme parte da Comunidade Educativa.

 

 

 

ANACOS DE VIDA NO COLE A PEDRA

O sábado 9 de novembro emitiuse na TVG o programa "ANACOS DE VIDA" no que participou alumnado do noso centro.

O programa gravouse en tres fases.

Na primeira parte os nenos/as contaron as historias que agochan esas fotos antigas e especiais que trouxeron á escola. O escenario foi a nosa biblioteca, fogar de Papirus.

Nunha segunda fase os rapaces/zas percorreron a vila de Bueu na procura de información sobre a foto misteriosa.

 E xa para rematar puidemos subir á máquina do tempo que nos levou de paseo polo pobo.

Se non tivestes ocasión de ver o programa premede neste enlace porque aínda estades a tempo.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bueu-4208085

Para máis información:

BIBLIOCASTELO A PEDRA

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA

Despois de moitos meses de traballo, por fin a nosa biblioteca abre as súas portas, para que todos os membros da comunidade educativa poidamos gozar das súas instalacións.

Para este evento contamos coa presenza de importantes autoridades do mundo do ensino, da cultura e da política como a Conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar; o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Ed., D. José Manuel Pinal; o Xefe Territorial, D. César Pérez; a inspectora, Dª Adoración de la Fuente; o alcalde do Concello de Bueu, D. Félix Juncal e a Concelleira de Ed. Dª. Teresa López; así como representantes de Bibliotecas Escolares de Galicia, membros da ANPA do colexio, o ilustrador D. Marc Taeger e tamén o cronista da historia da nosa vila, D. Arturo Sánchez (antigo mestre da nosa escola).

Foron os axudantes de Papirus, alumnos e alumnas de 6º, os encargados de levar a cabo unha visita guiada para presentar os novos espazos que forman a biblioteca.

Distribuir contido