ANPA

INFORMACIÓN

Para asistir ao Comedor Escolar é requisito imprescindible

ser socio da ANPA.
 

O Comedor escolar permanece aberto dende as 14:10 ata as 16:00 h.

Comeza o primeiro día de curso e remata o último.

Catering Arelas
 
Teléfonos do Catering ARELAS: 
98640 81 51 – 655 299 847

Correo electrónico:

calidad@arelas.es


Prezo por menú……………………….. 5 €

Destes cinco euros as familias pagan 4€, xa que o euro restante o paga o Anpa grazas o convenio co Concello de Bueu e a Xunta de Galicia.

A recollida dos nenos será a partir das 15:30 e ata as 16:00 horas. 

Dependendo do número de usuarios podense facer dous turnos de comedor. 

Como anoto os meus fillos o servizo de comedor ?

Para darse de alta hai que chamar o catering e dar os seguintes datos:

○ Nome e apelidos da nena/o

○ Colexio

○ Curso o que se incorpora

○ Un teléfono de contacto actualizado

○ Días de asistencia

○ Día de inicio

○ Alerxias e/ou intolerancias

○ Para novas altas cubrir a ficha de inscrición. 

 

O ALUMNADO NOVO deberá:

  • Cubrir unha ficha de inscrición que entregará na secretaría do centro ou ás monitoras do comedor.
  • Informar na ficha de inscrición se o neno/a padece algunha alerxia ou intolerancia alimentaria achegando un informe médico e a medicación pertinente, se fose o caso.


Os USUARIOS HABITUAIS confirmarán a asistencia chamando ao catering ou por correo electrónico: calidad@arelas.es

Importante: para iniciar o servizo en setembro, só se contará co alumnado que o comunique previamente

  • Os pagos das mensualidades faranse nos primeiros 5 días do mes, a mes vencido.
  • A devolución dun recibo non resolto en 15 días, provocará a baixa no servizo.
  • Unha vez iniciado o curso, calquera cambio de asistencia deberá ser comunicado como data límite o día anterior ás 17:00 h. Non se aceptarán cancelacións no propio día. Atenderanse as emerxencias daquel alumnado que, non estando previsto, teña que quedar no comedor.
  • O alumnado usuario do comedor escolar, ten as mesmas obrigas durante este período de tempo que no período lectivo. Deberá comportarse de forma axeitada atendendo en todo momento as normas que aconselle o persoal. O non respectar estas directrices obrigará adoptar as medidas correctoras pertinente, adecuadas á falta cometida. As incidencias comunicaranse ás familias e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación temporal ou definitiva do uso do servizo.
  • Queda prohibido o consumo de calquera outro alimento que non sexa proporcionado pola empresa do catering.
  • A RECOLLIDA dos nenos/as será a partir das 15:30 e ata as 16:00 h. con excepción dos nenos/as que asisten ás actividades extraescolares que serán recollidos ao seu remate.
  • A recollida farase de xeito ordenado, sen interferir na marcha do comedor e esperando ao remate se a familia quixera facer algunha consulta ao persoal.
  • No caso de separación legal dos proxenitores ou de que o alumno/a fora a ser recollido por un adulto non habitual deberá ser notificado e autorizado por escrito na secretaría do centro.
  • O alumnado de 5º e 6º poderá abandonar as instalacións sen a compaña dun adulto para o que entregará unha autorización asinada pola nai/pai/titor legal eximindo á ANPA e ao centro de calquera responsabilidade unha vez traspasadas as instalacións do centro.
  • Serán motivo de baixa do servizo o incumprimento das normas establecidas, o non pagamento reiterado dos recibos mensuais, así como o incumprimento reiterado do horario de recollida.

 MODELOS
NORMAS

ASOCIACIÓN DE PAIS/NAIS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA

O CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu é un referente no Morrazo tanto a nivel educativo como de servizos complementarios que ofrece ao alumnado.

A ANPA xestiona o comedor escolar, o plan madruga, as actividades extraescolares, o banco de libros, a venda das prendas deportivas do centro, etc.

O presuposto anual da asociación, formada polas achegas de todas as familias socias, dedícase a mellorar os servizos que a ANPA oferta a todo o alumnado.

Vantaxes de ser socio da ANPA:

  • Para poder utilizar o Plan Madruga, o Comedor Escolar e acudir ás actividades extraescolares é necesario ser socio da ANPA.
  • As axendas escolares que se empregan desde 1º de primaria son a 3 € para os socios, e a 5 € para os que non o son.
  • O chándal do centro tamén supón un aforro se eres socio.
  • Na ANPA contamos cun banco de libros propio por se non eres beneficiario das axudas que dá a Xunta.
  • Moitos comercios de Bueu fan desconto nos prezos se mostras o teu carné de socio.
  • As familias que pagaron a cuota da ANPA en 4º, 5º e 6º de infantil reciben unha axuda para a excursión de fin de curso no último ano de infantil; o mesmo sucede se son socios nos últimos 3 anos de primaria, ao chegar a 6º recibirán unha axuda para a excursión de fin de curso.

Como facerse socio da ANPA:

 


Blog ANPA

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR 2023-24

Actividades Extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023/2024

Información

 Para asistir ao Plan Madruga é requisito imprescindible

ser socio da ANPA.

Papirus

 HORARIO: dende as  7:30h.  ata as 9:10h.

Teléfonos do Catering ARELAS: 

 986 40 81 51 – 655 299 847

 Teléfono da monitora Amalia:

  639 862 250

 Correo electrónico:  calidad@arelas.es

Servizo durante 2 horas.

Cuota mes completo con almorzo

50 €/mes

Cuota mes completo sen almorzo

45 €/mes

Día solto con almorzo

3 €/día

Día solto sen almorzo

2,50 €/día

 

O Plan Madruga comeza o primeiro día de curso e remata o último.

 

ALUMNADO NOVO debe:

  • Pagar a cuota da ANPA.
  • Cubrir unha ficha de inscrición que entregará na secretaría do centro ou á monitora do plan madruga.
  • Informar na ficha de inscrición se o neno/a padece algunha alerxia ou intolerancia alimentaria achegando un informe médico e a medicación pertinente, se fose o caso.
  • Unha vez inscrito o alumno, non será necesario avisar con antelación para asistir ao plan madruga. A monitora será a que anote as asistencias mensuais.

 

Os USUARIOS HABITUAIS confirmarán a asistencia chamando ao catering ou por correo electrónico: calidad@arelas.es

  • Os pagos das mensualidades faranse nos primeiros 5 días do mes, a mes vencido.
  • devolución dun recibo non resolto en 15 días, provocará a baixa no servizo.
  • O alumnado usuario do Plan Madruga, ten as mesmas obrigas durante este período de tempo que no período lectivo. Deberá comportarse de forma axeitada atendendo en todo momento as normas que aconselle o persoal.
  • O non respectar estas directrices obrigará a adoptar as medidas correctoras pertinentes, adecuadas á falta cometida. As incidencias comunicaranse ás familias e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación temporal ou definitiva do uso do servizo.
  • O persoal encargado non está autorizado para administrar medicación e queda prohibido o consumo de calquera outro alimento que non sexa proporcionado pola empresa do catering.
  • Serán motivo de baixa do servizo o incumprimento das normas establecidas e o non pagamento reiterado dos recibos mensuais.
Distribuir contido