Entrevista a David Gómez

Hoxe tivemos unha gran visita: DAVID GÓMEZ.

David é un deportista que ten unha ampla carreira deportiva no mundo do fútbol e que, nos últimos anos,  se adica a ser adestrador. Ademais de adestrar a equipos da nosa vila, estivo no corpo técnico dos equipos base do F.C. Barcelona e, actualmente, está co-liderando a SELECCIÓN DE FÚTBOL DE BANGLADESH.

Deunos unha charla na que nos demostrou que se tes un soño hai que loitar e traballar duro para conseguilo. Falounos da importancia do deporte na súa vida e como a el estalle dando grandes oportunidades, como viaxar arredor do mundo. En todo momento destacou a importancia de rodearse de boas persoas que se convertiron nos seus amigos e familia. 

Estes días, o alumnado de 5ºA e 5º B estivemos preparando a súa visita: lemos noticias súas en xornais, preparamos preguntas que nos gustaría facerlle, fixemos un guion para entrevistalo na radio do cole... Logo da charla a todo o grupo, Sabela, Dani, Daniela e Javi fixéronlle unha entrevista na radio, e Rubén gravou un vídeo para inmortalizar este momento tan especial. A profe Marta axudounos na gravación.

Grazas a todxs, e especialmente a ti, David, por compartir o teu tempo con nós!