ANDREA MACEIRAS: AUTORA DE ALMA DE ELEFANTE

Que ganas tiñamos de coñecer a escritora que foi capaz de escribir este precioso libro!

 

E por fin chegou o día e este mércores, 3 de abril, Andrea Maceiras chegou ao noso cole para falarnos de ALMA DE ELEFANTE.

 


 

Andrea falounos do debuxo que atopou cerca do templo de Angkor en Camboia e que significou a inspiración desta entrañable historia. Contounos do seu amor polos animais e do seu respecto por culturas diversas.

 

Contestou amablemente a todas as preguntas que lle fixemos, que foron moitísimas. Así  soubemos que coñeceu a un elefante nun refuxio cunha biografía parecida a de Tep. Tamén que o personaxe que máis lle gusta de todos os libros que escribiu é Lawen. Descubrimos que xa ten moitos libros escritos e que pronto se publicarán máis.

 

 

Finalmente asinounos os libros.

 

 

Neste vídeo poderedes observar como Andrea, coas súas palabras foi quen de transportarnos a  Sad Napa e de introducirnos dentro do templo da velliña Champei en Sad Naapa. Pincha na imaxe para ver como vivimos este momento.

GRAZAS ANDREA!