CURSO 6ºA 6ºB 6ºC

ENTREVISTA Á ESCRITORA GALEGA VICTORIA GARCÍA

Este ano, no que temos por proxecto o 50 ANIVERSARIO do cole, decidimos convocar a una antiga mestra do noso centro, que ademais, é escritora galega.

Tivemos a sorte de poder facerlle unha entrevista sobre a súa faceta como autora. 

Grazas, Victoria, por compartir con nós a túa experiencia.

Aquí vos deixamos o enlace para escoitala:

https://www.ivoox.com/entrevista-a-victoria-garcia-6-b-audios-mp3_rf_78276361_1.html

 

 

FORMACIÓN "SAÚDE NA ESCOLA"

O alumnado de 6º de Primaria participou un ano máis nas charlas formativas da asociación Érguete: "Saúde na escola".

Con elas promóvese un estilo de vida saudable e a concienciación sobre os riscos que conleva o consumo de substancias.

 

 

 

 

O ANIVERSARIO DE PAPIRUS, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como o día das Bibliotecas escolares este ano coincidiu en domingo, o luns 25 celebramos este día, conmemorando tamén o aniversario da nosa mascota, Papirus.

Os alumnos e alumnas de sexto aproveitamos este día para coñecer un pouco máis a fondo algunhas posibilidades que nos ofrece a nosa biblioteca, da que estamos moi orgullosos, e fixemos, en equipos, unha boa selección de libros para as nosas mochilas viaxeiras e para ampliar a biblioteca de aula.

 

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS

O 18 de outubro celebramos o día das escritoras.

Foi  moi interesante investigar sobre dita conmemoración: o seu obxectivo, quen promove a iniciativa, o lema deste ano...

Ademais, o alumnado de sexto púxose mans á obra para darlle un pulo ás nosas escritoras galegas, lendo, pescudando, e elaborando algúns podcast de radio que en breve publicaremos.

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES

O martes 14 de setembro, o alumnado de 6º tivemos a sorte de ser convidados, un ano máis, á sesión infantil do Festival de Curtametraxes de Bueu.

Estabamos ansiosos de ver as curtas deste ano e, dende logo, non nos defraudaron,  gustáronnos moitísimo!

Foi unha actividade inesquecible!!

 

 

 

EXPLORANDO A NOSA CONTORNA

este ano tan atípico, non queriamos rematar o curso sen facer algunha pequena excursión.

Aproveitando que temos unha paraxe tan espectacular, fixemos unha fermosa ruta polos nosos montes ata chegar ao Liboreiro e coñecer alí, ao seu pé, os petróglifos das Abelairas.

Velaiquí algunhas fotos.

 

 

OS NOSOS PRIMEIROS PODCASTS

A pesar deste ano tan especial, puidemos levar a cabo o noso proxecto da RADIO ESCOLAR.

Por equipos,  puxémonos mans á obra e pensamos en diferentes propostas, investigamos, elaboramos guións... E aquí tendes o resultado final desta emocionante experiencia na VOZ DA PEDRA.

CLICADE EN CADA UN DOS CURSOS PARA ESCOITARNOS.

PODSCASTS 5ºA

 

PODCASTS 5ºB

 

CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A, FINALISTA NO CONCURSO DA EDITORIAL COMBEL CO SEU DESEÑO DO EX LIBRIS DO Sr. FLAT !!

 

HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN E

CATA É A PROTAGONISTA!!!

 

Hoxe estamos contetísimxs e queremos compartilo con vós! CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A,  quedou finalista nun concurso da Editorial Combel. O seu deseño foi un dos dez finalistas seleccionados entre varios miles de traballos presentados .

Hai algún tempo, a profe Silvia propúxonos que participásemos nun concurso organizado pola Editorial Combel en relación coa colección de libros de banda deseñada "AGUS Y LOS MONSTRUOS". Trátase dunha serie  de libros que  temos na nosa biblio e que nos gusta moito.

A tarefa consistía en deseñar o “ex libris” do Sr. FLAT, un dos personaxes da colección de AGUS Y LOS MONSTRUOS. Para levala a cabo tivemos toda a axuda da profe Silvia que nos aconsellou e orientou, ademais de encargarse de inscribirnos no concurso, enviar os noso traballos e manterse en contacto coa editorial. MOITAS GRAZAS, PROFE!!!!

Participaron moitísimos os centro de ensino de toda España. Non queremos equivocarnos, pero cremos que nos dixeron que presentaron  os seus deseños algo así como uns 10000 alumnxs.

Esta mañá veu un representante da EDITORIAL COMBEL  a facerlle entrega do agasallo  en nome do xurado que escolleu o deseño do seu selo.

 

Aquí vos deixamos a imaxe do deseño de CATA e algunhas fotos da celebración.

 

MOITÍSMAS FELICIDADES, CATA!!!

 

ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE TI!!!

 

 

OS MAIOS

Este comezo de mes foi moi divertido, grazas ao festexo dos MAIOS.

Queremos recuperar a nosa tradición cultural e seguir dándolle voz á nosa lingua.

Velaiquí as nosas coplas.

Clicade na imaxe para velas.

Distribuir contido