CURSO 4ºA 4ºB

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O mércores pasado, celebrouse o día de Rosalía de Castro. Por primeira vez este ano, e despois de 185 anos do seu nacemento, cambiou a data do 24 de febreiro, despois da investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que averiguou, que a escritora naceu o 23 de febreiro e non o 24 como ata o de agora pensábamos.

Os días previos a data sinalada estivemos facendo diferentes actividades, e aprendendo moitos datos sobre a súa biografía e os seus libros.

Tivemos a sorte de contar coa visita ao colexio de Esteban, de Tarabelos, que co seu monociclo e o seu kamisibai, amenizounos a xornada, contándonos un relato do libro "Cantares Gallegos", "Vidal o Sinventura". Ademais propúxonos facer debuxos na aula, relacionados co conto, para que o 9 de marzo, podamos pintalos no muro do patio do colexio, e que quede reflexada a arte tan grande que posúe o noso alumnado. 

Ademais cantamos o poema de "Has de cantar", da adaptación de Uxía, incluído no disco de "Rosalía Pequeniña", que fomos aprendendo os días anteriores. No seguinte video podedes ver imaxes que mostran o ben que o pasamos conmemorando a nosa escritora Rosalía de Castro!!!

 

 

       

 

ENTROIDO 2022

O Mandadiño, foi indicándonos como tiñamos que vir cada día.

Nestas imaxes poderedes ver como  cumprimos. 

O martes viñemos das nosas casas cos pixamas, as zapatillas e as batas. 

Vestímonos de negro, o mércores para colocarnos a coroa de Rosalía e así conmemorar tamén o aniversario do nosa galega máis ilustre.

O xoves, tocounos vir de mascalleiros, así que todxs recurrimos a roupa vella das nosas nais ou de de nosos pais.

E por fin chegou o venres. Festa rachada. Cada quen elixiu o disfrace que quixo.

Este ano, non se puido organizar o gran pasarrúas que faciamos sempre polas rúas de Bueu. Porén  pasámolo moi ben no patio facendo desfiles por aulas. Neste vídeo poderedes comprobalo.

 

 

PODCAST OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO 4º PRIMARIA

Nesta entrada de blog, o alumnado de 4º, quere compartir con todxs vós as gravacións que fixemos o pasado xoves no obradoiro de guións de radio con Denís.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO

 

Esta semana o alumnado de 4º tivemos a sorte de recibir a Denís, que nos veu dar un obradoiro sobre guións radiofónicos.

 

Empezou contándonos que, a pesar de todos os avances tecnolóxicos, a radio segue utilizándose. Tras moito divagar chegamos a conclusión de que é así porque só necesita do noso sentido do oído e que, polo tanto, podemos facer outras tarefas mentres a escoitamos: conducir, construír, pintar, cociñar, facer deporte …

Pasamos logo a aprender a facer guións. Vimos a importancia de facer unha presentación do programa e das persoas, de ter unha voz clara, de empregar palabras entendibles, de facer pausas, da música e de efectos que chamen a atención.

Despois fixemos unha tormenta de ideas para elixir o tema do noso guión.

A continuación debatemos por equipo e tomamos unha decisión

Posteriormente escribimos o guión e, unha vez rematado, o ensaiamos.

 

Finalmente o gravamos na nosa emisora.

Neste vídeo poderedes comprobar o ben que o pasamos, o atentxs que estivemos o como traballamos.

 

 

PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Este mércores 2 de febreiro, recibimos a visita de Suso, que nos estivo contando moitísimas cousas das Illas Atlánticas. 

O Corvo Mariño Cristado mostrounos (nunha presentación), por que se chama así o lugar onde vive e contounos en boca de Suso, que é un Parque Nacional, e falounos do único que hai en Galiza formado por:

-Arquipélago de Cortegada

-Arquipélago de Salvora

-Arquipélago de Ons (formado por Ons e Onza) e 

-Arquipélago de Cíes.

Aínda que é marítimo-terrestre, a superficie marina

protexida e dun 86% e a terrestre é dun 14%.

Falounos das súas partes e contounos datos interesantes sobre cada unha:

-Praias e dunas

-O mato 

-Cantís e 

-Os bosques.

Tamén soubemos os peixes que habitan nos FONDOS DE AREA (peixes planos, como a raia, o rodabaio, o lenguado e o rapante); e os que habitan os FONDOS DE ROCHA E ALGAS (onde hai bosques de algas pardas onde se esconden os peixes dos depredadores camuflándose das lubinas, polvos e róbalos, para sobrevivir).

Foi moi interesante saber máis das especies que habitan estas illas!

A continuación Suso propúxolles un xogo de adiviñas ao alumnado, dándolle unha lámina cunha imaxe e unhas pistas, para que situaran a especie autóctona que lles tocou en diferentes hábitats, na praia (píllara, pulgas de area, feo de duna), nos cantís (corvo mariño crispado, herba de namorar, líquenes), na matogueira (lagarto arnal, chasca, toxo), no bosque (choupín, vacaloura), nos fondos de rochas e de alga (mexilóns, percebes, centolas, polbo) e nos fondos de area (choco, ameixa, rodabaio...). Aprendimos unha chea de curiosidades sobre eles.

Ata lles deu un pequeno agasallo aos nenxs.

No seguinte video pódese ver o atento que estivo todo o alumnado, polo interesante que resultou a actividade.

Foi xenial! Grazas.

 

      

 

 

O BANCO DA AMIZADE

Este fermoso banco apareceu no patio do cole esta semana.

 

Antes, dentro da aula, as nosas mestras, fixéronnos reflexionar sobre o seu significado e mesmo fomos quen de escribir emotivas historias sobre el.

 

Despois, xa na hora do recreo, puidemos decatarnos da súa utilidade. Primeiro, como non? Quixemos sentarnos todxs.

Pero pronto empezamos a xogar ata que alguén se sentiu soiñx e decidiu usar o poder máxico deste asento.

Pronto acudiron compañeirxs, empáticxs, que se preocuparon.

 

Unha experiencia, sen dúbida, moi enriquecedora, que non só, nos vale para buscar amigxs, senón tamén que nos fixo darnos conta que hai compañeirxs que nos necesitan e que axudalxs, fainos sentir moi, pero que moi ben. Vale a pena deixar os nosos xogos por un momento e animar a esa persona que está sufrindo a xogar con nós, ou simplemente, acompañar e falar.

 

 

QUEREMOS BANCOS DA AMIZADE NO PATIO DO COLE!

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado domingo celebrouse o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, e conmemorámolo no colexio o venres 28 de xaneiro deste ano 2022.

Por primeira vez neste curso reunímonos todo o alumnado e profesorado de primaria no patio cuberto, para cantar xuntos as cancións de "RUMBA DAS APERTAS" de Magín Blanco, Gaudi Galego, Usía Pedreira e Uxía Senlle e "IMAGINE" de John Lennon, que previamente estivemos aprendendo e practicando nas aulas.

 

   

 

   

 

 

 Tamén elaboramos un mural conxunto na entrada da escola, no que cada aula elexiu un símbolo e continuou o lema da paz "MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO..." Nas seguintes imaxes se pode ver o sentir do alumnado, e o que para eles é importante para seguir adiante convivindo sen violencia cos seus compañeirxs e continuar o camiño COMPARTINDO en PAZ.

 

 

                              

 

        

 

          

 

           

 

            

 

                  

 

               

 

                                            

 

E co gallo do 50 aniversario do colexio, quixemos deixar a nosa pegada nos corredores do colexio, lembrando os valores cos que se consegue a paz día a día, e que queremos construir na nosa escola, para medrar xuntos e CONVIVIR EN PAZ¡¡¡ 

 

 

 

  

 

  

 

 

        POR OUTROS 50 ANOS MEDRANDO EN PAZ¡¡¡

 

XUNTOS NO NADAL POR 50 ANOS MÁIS

O título desta páxina do blog, correspóndese co lema elixido, no concurso de lemas de Nadal. Mandamos dende aquí a nosa felicitación a Diego Moreira Fernández, alumno de 1ºB do cole, autor do mesmo.

O lema forma parte do mural, que a modo de felicitación navideña, preside a entrada do noso cole.

 

Agradecemos o alto nivel e a elavada participación das familias de cuarto, pero  só podía haber un gañador.

Este foi un final de trimestre atípico, porque o coranavirus volveu tomar protagonismo ao teren confinadxs a unha alta porcentaxe de alumnado. A celebración destas entrañables datas víronse moi afectadas.

No vídeo seguinte poderedes desfrutar da panxoliña "Xa sinto o Nadal" de Kókiti música, que cantamos e interpretamos en lingua de signos, grazas á inestable axuda de Rosa Louro, conxuntamente co alumnado de 1º e 2º de primaria.

 

Tamén fixemos unha bonita postal navideña e decoramos a porta da nosa clase. 

 

O último día de cole tivemos a sorte de desfrutar dun espectáculo de maxia co noso benquerido  Ramón. Cordas que xa estaban cortadas, apracían unidas misteriosamente, cartas que nós mesmos cortabamos aparecían pegadas, ... O noso conserxe foi quen de ler o noso pensamento. Incrible pero certo. A maxia existe.

Ese mesmo día, antes dar as vacacións, tamén aproveitamos para escribirlle unha carta ao Apalpador, Papá Noel ou ao Reis Magos, pudemos elixir. Foron peticións especiais, pois non nos limitamos a pedir unha lista de agasallos, senón máis ben qiixemos transmitirlle os nosos desexos. Seredes capaces de adiviñar  cal foi o que máis se repetiu?

Neste vídeo quedan recollidas as imaxes das actividades de Nadal.

FELICES FESTAS!

SOMOS IGUAIS E MOI DIFERENTES!

Nunha data tan sinalada como o 25 de novembro, o alumnado de 4º recibimos a visita de Roberta, representante da Asociación Nós mesmas.

A través da dinámica “Parecidos e diferenzas”  fomos capaces de chegar a conclusión de que o normal é a diversidade de persoas, de familias e de formas de amar.

Con ela reflexionamos o que nos fai iguais aos demais e o que nos fai diferentes. Comprobamos que existen diferenzas cando expresamos a nosa afectividade  e como isto non pode supoñer unha desigualdade.

 

O visionado da curta Heartbeat fíxonos emocionar.

 

 

Falamos da LGTBIfobia e indignámonos ante tanto odio e insensatez.

Rematamos a sesión vendo o vídeo desta fermosa canción.

Rainbow connections

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO: A VOLTAS COA COMPOSTAXE

O pasado mércores 17 de novembro, dentro da programación de actividades de ciencia en galego, recibimos a visita de Antón, un mestre composteiro.

Contounos que a natureza composta de xeito automático, pero que os composteiros axudan a que o proceso sexa máis rápido. Aprendemos que parte do lixo se pode compostar e cal debemos destinar a reciclar.

Aproveitou a súa charla para falarnos de sostibilidade. Como o ser humano está destrozando o planeta coas montañas de lixo que provoca cada día. Recordamos todo o que aprendemos no curso anterior co proxecto dos ODS.

Falounos das famosas tres R. Por orden de importancia:

R de reducir: Só debemos cmercar o que estamos seguros que imos usar.

R de reutilizar: Debemos darlle todas as vidas que podamos aos produtos

R de reciclar: O que non poidamos reutilizar debemos botalo no contedor correspondente de reciclaxe.

Antón volveu vir este mércores. Agora veunos contar quen vive no composteiro. Foi unha actividade moi didáctica e entretida!

Fomos ao composteiro do noso cole, collemos compost, e ataviados con pinceis, lupas, vasiños transparentes e microscopio, buscamos a toda a bichería que alí había. Buscábamos no panel como se chamaba e o mestre íanos contando cal era a súa función ou que significaba que houbera moitos ou poucos.

Debemos dicir que non nos deu ningún repelús. E que Antón conseguiu que respectáramos aos bichos porque agora sabemos a importancia que teñen para que a natureza funcione á perfección. Podedes estar segurxs que agora, antes de pisar un insecto, ímolo pensar dúas veces.

Neste vídeo poderedes comprobar a maneira tan divertida que tivemos de aprender.

 

 

Distribuir contido