FONDOLIBROS LISTA DEFINITIVA 17/18

Publicamos as listaxes definitivas do Fondo de Libros para o curso 2017-2018.

Lembrámoslles que os titores/as dos distintos cursos entregarán a cada alumno/a os libros correspondentes ao inicio do curso escolar.

LISTAS ADMITIDOS DEFINITIVAS

LISTAS EXCLUÍDOS DEFINITIVAS

 

Dado que, unha vez feito o resparto existen exemplares de libros sobrantes nalgúns cursos, as familias que non solicitaron dita axuda, e como medida excepcional,  poden solicitar algún destes libros póndose en contacto co centro, por teléfono ou correo electrónico, o día 1 de setembro.

 

EXEMPLARES EXISTENTES:

3º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron

4º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron

5º Primaria: Libro Student's book de lingua inglesa para todos os alumnos que non solicitaron

6º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron

 

Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

Teléfono: 886120271

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Xa temos aquí os vídeos das actuacións do Festival de Fin de curso 2016/2017.

Tamén podedes acceder ás fotos visitando a nosa galería. PREMER AQUÍ

Noraboa a todos os nenos e nenas polo ben que o fixeron e o moito que todos disfrutamos!

Educación Infantil 3 anos

 

Educación Infantil 4 anos

 

Educación Infantil 5 anos

 

1º Primaria

 

2º Primaria

 

3º Primaria

 

4º Primaria (Grupo A)

 

4º Primaria (Grupo B)

 

5º Primaria

 

6º Primaria

O RECHOUCHÍO Nº 15

Xa temos aquí o último número da nosa revista O Rechouchío.

Esperamos que vos guste!

LISTA DE LIBROS 2017/2018

LIBROS DE TEXTO

Curso 2017-2018

 

Prema na listaxe correspondente:

 

EDUCACIÓN INFANTIL 


EDUCACIÓN PRIMARIA

TALLER DE ARTE. Gracias Bea.

INFORMACIÓN FONDO DE LIBROS

DEVOLUCIÓN libros de texto curso 16/17

A data límite de devolución dos libros de texto adquiridos para este curso en concepto de préstamo remata o venres día 16 de xuño.

Os libros deberán ser entregados ás titoras, e deben estar en bo estado de conservación para que poidan ser reutilizados.

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non ten que devolver ningún libro.

VALES de material e libros curso 17/18

Durante a primeira semana de xullo (do 3 ata o 8) as familias poderán pasar pola secretaría do centro a recoller os vales solicitados de libros (1º e 2º) e material (1º a 6º).

Adxudicación de libros FONDO LIBROS curso 17/18

A adxudicación provisional e definitiva dos libros de texto para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º será publicada na web do centro durante o mes de  xullo,  e o reparto destes libros farase unha vez iniciado o curso escolar en setembro.

AVALIACION INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA

Os vindeiros días 30 e 31 de maio (martes e mércores), terán lugar nos centros educativos as probas de avaliación individualizada dirixidas ao alumnado de 3º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística e competencia matemática.

 

Máis información no DOGA nº 86 do venres 5 de maio de 2017, onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17.

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL

A Xunta de Galicia convoca axudas para libros e material para todo o alumnado de E. Primaria.

Documentación:

  • Impreso de solicitude

  • Fotocopia do libro de familia de todos os menbros da unidade familiar ou documentación xustificativa  de cambio na situación familiar

  • Minusvalías ou discapacidades: certificación

Prazo solicitudes: ata o 23 de Xuño 

Información, recollida de impresos ou presentación de documentación: Na Secretaría do colexio 

CELEBRACION LETRAS GALEGAS 2017

O martes 16 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas, nun ano adicado a figura de Carlos Casares.

Escoitamos a biografía da man dos nenos e nenas de 5º curso de Primaria.

Sensibilizámosnos co problema do acoso escolar grazas ao rap dos nenos e nenas de 6º curso, "Stop ao Bulling".

 

E puxémoslle voz e música ao libro

"A Galiña Azul" de Carlos Casares,

acompañados pola profesora de música.

 

 

 

 

Rematamos co exitoso Mercadiño de Libros Usados, ao cal este ano uniuse o alumnado de 6º curso, onde puxeron en  práctica os seus proxectos de aula  empresariais.

MAIS FOTOS DO DÍA NA "GALERIA DE FOTOS"

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS 2017-18

Listaxe DEFINITIVA do alumnado admitido para o curso 2017-18.

ADMITIDOS 4º Educación Infantil

ADMITIDOS 5º Educación Primaria

ADMITIDOS 6º Educación Primaria

 

A formalización da matrícula faise entre o 20-30 DE XUÑO

 

Distribuir contido