CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

O venres 13 de Maio celebramos o día das Letras Galegas. 

Este ano dedicouse o poeta ourensán Florencio Delgado Gurriarán. Coñecemos a súa biografía xogando todo o centro o rosco do "Pasapalabra".

 

Celebramos o esperado mercadiño de libros usados, cun grande éxito de participación e de aportacións. Nesta edición, grazas a todo o recadado coa venda de libros e a doazón do centro, conseguimos ao redor de 650€ que serán ingresados na fundación ACNUR para a axuda aos refuxiados do conflito de Ucrania.

Ademais fixemos distintas actividades que vos mostramos neste vídeo. 

O ALUMNADO DE 4º E 5º DE E.I. VISITOU VIGO ZOO

 

AVISO ÁS FAMILIAS: LEMBRADE QUE O LUNS 16 DE MAIO NON HAI CLASE.

O ALUMNADO DE 5º PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DO CONCELLO "UNHA XANELA ABERTA Á RÍA DE VIGO"

Esta maravillosa experiencia contou con dous aliados de altura: por un lado, o barco oceanográfico Nautilus, e, polo outro, o robot subacuático “Nemo”. 

O Nautilus, unha aula flotante equipada con equipos de alta tecnoloxía para a investigación do medio mariño, foi o mellor lugar para descubrir a riqueza que esconde a ría de Vigo e o impacto que ten a produtividade das súas augas na economía local. Un percorrido de aproximadamente 90 minutos no que o alumnado puido descubrir detalles sobre a riqueza da auga, a dinámica do plancto e o cultivo do mexillón,ou a fauna que habita no fondo do ecosistema.

Tamén puideron visualizar un mundo oculto ao ollo humano, o mundo da vida microscópica mariña, que habita nas augas máis produtivas do mundo.Neste senso e grazas a súa cámara en calidade 4 k, o robot subacuático “Nemo” transformouse no mellor compañeiro para coñecer en directo algunha dás especies máis escurridizas que se esconden baixo as nosas augas. Os alumnos tiveron a oportunidade de ver no seu medio natural, este ecosistema cheo de vida que sen dúbida lles sorprendeu e lles gustou moitísimo. 

 

 

O ALUMNADO DE 5º PARTICIPOU NUN OBRADOIRO DO "CLUB VITAMINAS".

El Club Vitaminas é un proxecto educativo que nace da man de Froitas Neves e a súa preocupación por mellorar os coñecementos, actitudes e hábitos alimenticios da pobloación infantil.O seu principal obxectivo é fomentar uns hábitos de alimentación saudables, promoiendo o consumo de froitas, verduras e hortalizas entre os máis pequenos.Este proyecto quere axudar a paliar un problema creciente entre os escolares españois, quen segundo os últimos estudos, superan os límites de peso aconsellables.

Este ano contamn coa colaboración de ASPROCAN (Plátano de Canarias), de Kiwi Zespri e Galifresh que aportan valor añadido a os obradoiros e permiten ao alumnado disfrutar de unha merenda deliciosa e moi sana.

 

 

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMAIRA , TIVO AS CHARLAS EDUCATIVAS DO PLAN DIRECTOR, ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO.

Esta actividade foi proposta polo Departamento de Orientación. O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”, ofrecenos aos centros educativos, a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.  Poden ser sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. As charlas que resultaron de gran interesa para alumnado e profesorado, foron:

Co alumando de 5º de E. Primaria sobre riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía).

Co alumando de 6º de E. Primaria sobre acoso escolar.

 

 

XA PROBAMOS AS FRESAS DA NOSA HORTA NUN RICO BATIDO.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 5ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 6ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 3ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 6ºE. Primaria:o alumno admitido tras o proceso de baremación é G.M.C.

 

O prazo de reclamación a estas listaxes provisionais, será de 5 días hábiles, comezando o luns 25 de abril e rematando o venres 29 de abril, ambos incluídos.

A listaxe definitiva publicarémola na primeira quincena de maio.

O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos da documentación que tedes que traer ao centro nesas datas.

 

Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web. 

Distribuir contido