1º Ciclo

Contadas

Outra actividade que nos encanta e aquela na que compañeiras e compañeiros dos cursos máis altos nos veñen acompañar e facer desfrutar daqueles contos que escolleron para compartir unha "Contada" con todas e todos nós.

Grazas!!!

A NOSA ÁRBORE DO PATIO

 

Coa mestra Nuria imos adornando a nosa árbore do patio tendo en conta as diferentes celebracións.

Aquí deixamos unha mostra dos nosos adornos do Nadal e da nosa contribución para pedir A PAZ.

 

 

 

MANS DA PAZ ------------- 1º e 2º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE POLA PAZ!

 

Con motivo do Día da Paz, hoxe 30 de xaneiro, decoramos as nosas árbores do patio con algúns dos símbolos máis representativos.

 

Neste caso, @s alumn@s de 1º e 2º curso fixeron unhas mans con diferentes legumes (lentellas, arroz e garavanzos) representando así as diferentes cores de pel.

 

En primeiro lugar, velaquí tedes o traballo d@s nen@s de 1º:

 

 

 

 

 

A continuación, unha pequena mostra do traballo d@s nen@s de 2º curso:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E despois de tanto traballo e concentración.... velaquí está o resultado!!!

 

 

 

 

Agardamos que vos encanten!!

 

Moitos agarimos

e aseguir traballando con tanta arte!!

 

CASIÑAS E CANTANTES PARA O NADAL DE 2ºA E 2ºB

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Para o Nadal de 2ºA e 2ºB fixemos unhas casiñas, cantantes de coro navideño e gnomos moi simpáticos.

 

Como materiais empregamos: tubiños de papel hixiénico, cartolinas, témperas, cola e porespán triturado.

Pasámolo moi ben con esta actividade, esperamos que vos gusten.

Velaquí o proceso:

Estou moi orgullosa de vós!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

"TRASNOS e ESTRELAS" NO NADAL DE 1º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Este Nadal fixemos moitas manualidades, leváronnos moito traballo pero o resultado foi moi gratificante!

Neste caso os nenos de 1º fixeron uns TRASNOS moi simpáticos coas súas caras e, ademáis, unhas ESTRELAS para colgar nas árbores que este ano temos no patio.

 

En primeiro lugar, aquí tedes os trasniños de 1º curso elaborados con cartulina, ceras, "limpa pipas" (que lles permite poñer a posición de brazos e pernas que queiran), a súa foto e pomponciños.

 

 

 

E como adorno navideño para as árbores do patio, elaboraron unhas estrelas compostas de paus de xeado e decoradas con puntiños de témpera executados con bastonciños de algodón.

 

 

Agardo que vos gusten tanto como a min!

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

"Leóns" ------ 1º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!

 

Durante este outono, e con motivo do proxecto que temos no cole "Botámonos ao monte", fixemos recolecta de follas e a nosa aula de plástica parecía un bosque...

Unha das actividades que fixemos con estas follas foron estes fermosos leóns, elaborados polos nenos e nenas de 1º.

Primeiro, colorearon a súa cabeza e posteriormente, pegaron con cola anacos de follas de diferentes tipo.

 

O resultado foi moi orixinal!

 

 

 

 

Agardo que vos guste o resultado.

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

Sopramos ben forte! ------------ 1º curso

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Por fin estamos aquí! Despois de moito traballo durante o pasado trimestre, imos amosarvos as actividades tan bonitas quefixemos. 

Costounos un pouco acostumarnos as rutinas da aula (orden, limpeza, escoitar as indicacións da profe...) pero pouco a pouco todo o esforzo está dando os seus frutos. Anímovos a que sigades así!

 

Comezamos cunha lámina moi divertida de 1º curso, os máis pequenos, pero que traballan un montón.

Fixeron un fondo de acuarela ao que logo lle pegamos as súas caras e unhas follas típicas do outono.

 

 

 

 

Agardo que vos gusten tanto como a min!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

Obradoiro de igualdade

Aprendemos e discutimos sobre se todas e todos temos as mesmas capacidades para practicar e brillar en calquera deporte.

DIVERTIMATES

Ao igual que no curso pasado imos facer unha chea de actividades para aprender dun xeito máis divertido e tamèn para entreternos, como non!!!

Esta actividade do Tangram resultounos moi entretida, ... cando non perdiamos a paciencia, claro!!

De todos xeitos, sempre hai unha compañeira ou compañeiro que acude veloz a botar unha man!

Visita à Biblioteca Juan Compañel

E un bo dìa, como nos gusta a nòs, comezamos coas saìdas. A primeira foi à Biblioteca Central, que agora xa non se chama asì. Agora è a Biblioteca municipal Juan Compañel. 

Saber como se chama està ben, pero o interesante, interesante è todo o que nos agardaba alí adentro. 

Estivemos atentìsimas e atentìsimos para non perdernos detalle do que alì nos contaba un mozo ben simpático, por certo. 

O primeiro que nos chamou a atenciòn foi que habìa libros en moitos idiomas diferentes. E tamèn adaptados para que ninguèn perda de sentir e disfrutar co apaixoante mundo dos libros.

Nòs disfrutamos moitìsimo coa grande variedade de libros que nos tiñan preparados. Cando dicimos nòs incluìmos a Tamara e Elena tamén, por suposto!

Distribuir contido