Blogues

Monte e arte. O monte é arte.

Nenas e nenos de 2ºB coas nosas familias quixemos facer uns traballos nos que se salientasen as posibilidades artisticas do monte, dos seus compoñentes e dos materias que del podemos obter.

O resultado foi esta exposición que todo o centro puido ver e coñecer.

Monte e arte. O monte é arte.

O monte e a Música

Con este título os nenos nenas e familias de 2ºA fixemos unha exposición de traballos feitos por nós sobre a relación entre o monte, as árbores, os animais,... e o mundo dos sons, instrumentos e a música.

O resultado foron diferentes e variopintas achegas de información e materiais cos que todo o colexio desfrutou e aprendeu.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este curso fomos as encargadas e encargados de decorar co motivo das Letras Galegas o panel das escaleiras da nosa banda do cole.

Decidimos que fose unha imaxe de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e unhas árbores do noso monte sobre un libro aberto cheo de nomes tamén de árbores da nosa contorna.

Botámosnos ao monte galego!

 

Co motivo desta celebración houbo un concurso argallado polo equipo de Dinamización da lingua: un Pasapalabra sobre o autor. Participamos todas e todos e saimos premiados algunha e algúns. 

 

Na biblioteca, como non podía ser menos, a nosa amiga A Meiga Tintureira tivo en conta estas datas especiais para a nosa lingua e preparounos un Recuncho das Letras variado en temas e estilos.

O único que non variaba é que todos estaban escritos na lingua homenaxeada.

Na Nosa língua.

RECUNCHO DO CÓMIC NA BIBLIOTECA

Desta vez, a Meiga Tintureira fíxonos desfrutar co mundo do cómic cunha nova exposición.

O UNIVERSO E OS PLANETAS

APROVEITANDO QUE ESTABAMOS COTEMA DO UNIVERSO, GALAXIAS, PLANETAS E OUTROS ASTROS, ÁS MESTARAS OCURRÍRONSELLE DÚAS ACTIVIDADES MOOOOOI INTERESANTES.

UNHA DELAS FOI A VISITA AO COLE DUN ESPECIALISTA ASTRÓNOMO CO SEU PLANETARIO XIGANTE. UNHA ACTIVIDADE QUE NOS DEIXOU ABRAIADAS E ABRAIADOS A NENAS, NENOS E ADULTOS QUE TIVEMOS A SORTE DE DESFRUTALA.

Co aprendido fixemos o noso Lap Book do Sistema Solar.

 

PUNTILLISMO DE 4º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Chega outra publicación sobre PUNTILLISMO.

Neste caso os nenos e nenas de 4º curso representaron unha paisaxe da natureza.

 

Debido ao pouco tempo que dispoñemos á semana da materia de plástica

(50 minutos que se quedan en 40 debido aos desplazamentos)

 levaríalles moitas sesións para rematalo e algúns alumn@s decidiron levalos para a casa.

 

Uns cubrírono TODO con puntiños cousa que ten moita valor

e outros rematárono con acuarelas.

 

Velaquí o proceso:

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

"O FINAL DO CAMIÑO"

"O  FINAL  DO  CAMIÑO"

Estamos a piques de rematar o curso e  tamén, o paso das nenas e nenos de 6º polo colexio.

Todos sabemos que a despedida non vai ser fácil e que algunha mágoa sairá dos nosos ollos, aínda que tentemos evitala.

Pero imos tratar de quedarnos coas cosas boas e cos entrañables recordos, que sempre deixarán unha huella imborrable na nosa vida.

A continuación, presentámovos algunhas das composiciósn realizadas polo alumnado de sexto, para deixar constanza dos seus sentimentos nesta última etapa da súa vida no centro:

  “O    FINAL   DO   CAMIÑO”

Xa chega o final do curso, o final do noso camiño no colexio. En todos estes anos, coñecimos moitos profesores que deixaron algo deles en nós.

 Dende infantil adquirimos novos coñecementos, aprendimos a convivir cos nosos compañeiros, a ser independentes, a respectar e sentirnos respectados. Algúns dos mestres que influíron en nós:    

    Infantil : Marga  1º : Carmen: Marina  /  3º : Malores /   : Mónica  /  : Judit  /    6º : Nieves

O colexio é como unha gran familia na que todo o mundo coñéceche e axúdache, por iso, agora sentimos mágoa e emoción (ás veces máis mágoa que emoción),pordeixar esta familia para descubrir un pouco máis de mundo. 

O comezo da etapa de secundaria, prodúcenos medo e impresión… Ao pensar neste cambio, sentimos bolboretas no estómago… Pero sabemos que, ao final, acabará sendo unha nova familia.

Por último, gustaríame agradecer a todos   os mestres e mestras que nos  ensinaseis a superar os nosos medos e limitacións.  Especiais agradecementos a : Manuela ( profe de inglés ), Ángel ( profe de educación física ), Tali ( a directora ), Nuria ( profe de música e plástica ), Araceli ( profe de PROA ), Isabel ( profe Isa ), e todos os mestres que estiveron con nós dende infantil                                              Enma Quintas -6º B- 

-O FINAL DO CAMIÑO-

O meu paso polo cole foi moi divertido e ensinoume moitas cousas. A máis importante, “RESPECTAR”,tanto aos profes como aos compañeir@s.Os meus profes durante este traxecto foron : 

En Infantil : Marga  /         

En primeiro e segundo : Carmen  /    En terceiro : Rafael  /       En cuarto :  Malores  /   En quinto : Judith  /    En sexto : Nieves                                     

Con Marga aprendín as cores, os números, as letras…. Carmen ensinoume a sumar, restar, multiplicar, dividir….

En terceiro, con Rafael, reforcei o que xa aprendera.

En cuarto, con Malores, practiquei o que xa sabía e divertínmemoito coa súa típica frase: ”Vai freír churros / espárragos”

En quinto, con Judith, aprendín valores moi importantes para o meu camino fora do cole.

  E, por último, con Nieves, reforcei todo o que sabía dos anos anteriores, que axudáronme a levar un bo camiño cara a instituto. 

O que me levo deste paso polo colexio,  son as boas amizades, as boas actitudes e bos momentos.

Grazas atodos os profes que déronme clase : Manuela (a profe de inglés), Ángel (o profe de ximnasia),  Ana e Cristina (as profes de relixión), Nuria (a profe de música e plástica), Tali (a directora), Nieves (a miña profe neste último ano), ás profes que déronme clase durante todo o meu paso polo cole e, por suposto, aos  meus compañeir@s que foron os mellores nestes anos que estiven xunto a eles.

    QUÉROVOS E ESPERO NON PERDERVOS NEN OLVIDARVOS NUNCA !!                                                                                                                   -JANA- 6º B-

  “OS  ÚLTIMOS  PASOS   DO   NOSO   CAMIÑO”                                                               

Cheguei a este colexio con tres anos. A miña profesora chamábase Margarita, pero nós chamábamoslle Marga. Era moi boa e facíamos cousas superdivertidas.

Marga nos deu clase en 3, 4 e 5 anos. Básicamente en Infantil. Despois, chegou Primaria. En 1ª de primaria, nos deu clase Carmen.

En 2ª de primaria chegou o malo…. Nos separaron e puséronnose 2º A e en 2ª B. A partires de aquí, eu sempre estiven en B, ata 6º de primaria.

En 3º de primaria, tivemos como profesora a Mónica, unha profesora xenial. A mín, gustáronme todas as profesoras, pero Mónica foi a miña favorita.

En 4º de primarianos deu clase Malores. Dela sempre lembrarei a frase de “ vai fritir churros”.

Logo chegou 5º de primaria. Neste curso, nos deu clase Judith. Ésta non estaba anteriormente no colexio, pero tamén foi unha profesora boísima.

En 5º fumos de excursión a Allariz tres días. Pasámolo xenial. Vimos moitísima cultura eaprendimos moitas cousas novas. Tamén sabíamos que, un ano despois, iríamonos do colexio.

E chega o último curso, 6º de primaria. Imos ir a Manzaneda. Dixéronnos que habería discoteca, piscina e moitas cousa máis.

Nós, agora, temos de profe a Nieves, unha profesora que me axuda moitísimo. É moi boa, amable e, sobre todo, cariñosa.

E por último, chegan os últimos pasos do noso camiño, o último ano neste colexio, cos bos e cos malos momentos, co colexio, cos amigos e sobre todo... coa boa xente do ...

                                                    TINTUREIRA !!!                      Lucía Sangil -6ºB-           BOS   MOMENTOS ,    INOLVIDABLES     RECORDOS                                              

Cheguei a este colexio con catro anos e o curso xa comezara. Estaba moi nerveusa e asustada. Entrabamos, eu mas os meus país pola porta…… Eles cun sorriso e eu, cunha cara de medo…!!  Había moitos nenos sentados no chan mais aprofesora e un neno saudoume.  Senteime con eles e, pouco a pouco, acostumeime. Xa  ía en cinco anos, o curso pasaba rápido e o pasábamos xenial. 

Entramos en primaria e os cursos ían pasando. En segundo, nos dividiron en dúas clases, 2º A e 2º B. Eu, a partires deste momento, sempre fun no grupo B e  sempre parecíame a mellor clase.

En terceiro tivemos a mellor profe do mundo, Mónica. Ese curso si que pasou voando...            

 En cuarto, bueno, o pasábamos ben,  pero... 

En quinto foi xenial, moitas risas e novas compañeiras, Ana e Marina, unhas nenas xeniais. O único que me preocupaba era que o curso pasara rápido. Na excursión de fin de curso de quinto, fomos a Allariz. Foi todo fantástico, sen dúbida algunha.

Agora, en 6ºB . WOW,!!!!  Qué rápido pasa o tempo!!!  As miñas compañeiras seguen sendo as mellores. Temos  unha  profe fantástica e o curso  avanza rápido.

Ao principio tiña medo de que rematara o curso, de ir ao instituto soa... Pero todo chega tarde ou temprano. Xa teño o meu instituto asignado, boas notas... Pero despois... QUÉ!?  Realmente vou perder os meus amigos ?  Adaptareime ao instituto? Vaime ir ben?  Pensar en que isto remata, me entristece...  Pero o lograréi!!!   Esforzareime nos estudos!!! Non perderei os meus amigos, seguerei en contacto con eles!!!  Visitaréi o cole!!!  De verdade que ,6º, foi o mellor da miña vida...

                                                                                                                                                                     Ángela -6ºB

"O FINAL DO CAMIÑO"

"O  FINAL  DO  CAMIÑO"

Estamos a piques de rematar o curso e  tamén, o paso das nenas e nenos de 6º polo colexio.

Todos sabemos que a despedida non vai ser fácil e que algunha mágoa sairá dos nosos ollos, aínda que tentemos evitala.

Pero imos tratar de quedarnos coas cosas boas e cos entrañables recordos, que sempre deixarán unha huella imborrable na nosa vida.

A continuación, presentámovos algunhas das composiciósn realizadas polo alumnado de sexto, para deixar constanza dos seus sentimentos nesta última etapa da súa vida no centro: 

 

AS NOVAS DE 6º

AS NOVAS DE 6º

Chegamos ao final do noso xornal.

Neste pasado mes de maio, quixemos rendir o noso pequeno homeaxe ao protagonista deste ano no "Día das Letras galegas, 2019", Antón Fraguas.

Por iso seleccionamos unha nova relacionada co seu traballo, co todo o respecto que merece.

 

NOME DO XORAL  : “PONTEVEDRA VIVA! COM                          DATA:  23 / 05 / 2019

 TÍTULO  DA  NOTICIA :  Letras Galegas,  2019  :  Antonio Fraguas, o   home que contribuíu a dignificar o galego

https://pontevedraviva.com/uploads/fotos/foto/a0a/5cddec0c92-antonio-fraguas.jpg

Qué dí:

Estas palabras escritas por Antonio Fraguas son unha clara mostra de por qué a Real Academia Galega decidíu dedicar este ano, o Día das Letras Galegas a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, natural de Cotobade.  Foi un home cunha profunda inquietude cultural que contribuíu de maneira decisiva  a dignificar o idioma galego. 

O mesmo autor afirma literalmente :    "Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio" 

O 17 de maio deste mes de Maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas tivo lugar un pleno extraordinario da Real Academia Galega na carballeira de Famelga, na parroquia de Augasantas.

Desta forma, o acto realizouse ao pé da escola, un espazo fundamental na traxectoria de Antonio Fraguas, a figura homenaxeada este ano.

PORQUÉ A ESCOLLIMOS: Escollímoa co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, 2019 o 17 de maio, que este ano foi en honor a Antón Fraguas

 

WEB consultada:   https://pontevedraviva.com/cultura/54757/letras-galegas-2019-etnografo-antonio-fraguas-cotobade/

 

FELICIDADES LUCAS !!!!!!

FELICIDADES LUCAS !!!!!!

Este xoves, 30 de maio tocou felicitar a Lucas.

Xa quedan poucos....

Todos nós, desexamos que pasaras un día estupendo.

Os cumpres que teñan lugar fora do curso escolar, durante o verán, recordarémosllos e celebrarémosllos todos xuntos neste último mes de cole.

             

            Moitas FELICIDADES, LUCAS !!!

Distribuir contido