Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo.

Becas e axudas

para alumnos con

necesidade específica de apoio educativo

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet

dende esta ligazón:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html

Despois de cuberta a solicitude teñen que imprimila, asinala e levala ao gabinete psicopedagóxico para que a cubran e selen.

Esa documentación tramitarase dende o Departamento de Orientación coa inspección educativa.

​ ​

O PRAZO DE RECEPCIÓN DA DOCUMENTACIÓN NO COLEXIO REMATA O DÍA 29 DE SETEMBRO. 

Para evitar complicacións, por favor non agarden ata o último día.

Recollida Historiais Académicos

As familias dos alumnos/as que promocionaron a 1º da ESO o pasado curso académico 2015-16 poden pasar a recoller os Historiais Académicos durante a primeira semana de Setembro.

INFORMACIÓN IMPORTANTE: FONDO DE LIBROS DE TEXTO

 

Todo o alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria recibirá en concepto de préstamo todos os libros pertencentes ao seu curso, somentes terán que mercar o libro de inglés (Activity Book) 

AVISO IMPORTANTE

Recibimos da Consellería unha nova adxudicación de libros para os alumnos de 4º e 6º de Primaria aos que non lle foran concedidos inicialmente, ademáis de aumentar o número nos que xa se lles concederan. Estes libros teñen que ser adquiridos polo centro, polo tanto os nenos recibirán libros do fondo de libros do centro e outro lote procedente do fondo da consellería. Aconséllase  polo tanto que os alumnos que aparecen nestas duas listaxes non merquen nin encarguen ningún libro ata Setembro.

Debido a estas novas adxudicacións as listaxes dos libros distibuidos polo centro para 4º e 6º tamén sufrirán modificacións. As novas listaxes poderán estar dispoñibles para finais de Xullo.

 

- Listaxe definitiva de primeiras adxudicacións (os libros que aparecen nesta listaxe xa os temos no centro)

- Listaxe de libros complementarios (aquí aparecen novas adxudicacións para quenes lles deron nun primeiro momento e para novos beneficiario. Amósase na última columna o número dos libros que ten que mercar o centro para cada neno)

 

AVISO: LIBROS DE TEXTO DE RELIXIÓN CATÓLICA

Por erro, na circular da listaxe de libros de 2º curso entregadas ás familias, non aparece o libro de Relixión Católica. Os nenos e nenas deste curso que vaian cursar esta materia deberán mercar este libro:

Religión Católica 2. Editorial SM.  9788467580846

 

Pola contra lémbrase ao resto do alumnado dos demáis cursos que cursen a materia de Relixion Católica, que non é necesario que merquen este libro, xa que hai exemplares no centro para recibir en concepto de doación.

DESDE O CEIP A PAZ ATA KENNYA

Os alumnos e alumnas de cuarto "andaron", este ano, moitísimos quilómetros. Chegaron a Kenia! Achegáronse a nenos e nenas africanos da súa idade. Escribíronlles cartas, fixeron debuxos e acompañáronnos dun pequeno agasallo.

Esta reportaxe é un resumo desta magnífica experiencia... as caras, os sorrisos, as emocións que transmiten as imaxes... falan por si soas.

 

Agora van camiño de África as fotos de cada un dos nosos nenos e nenas para que alá poidan recoñecer a cada un dos remitentes das cartass, tal como eles mesmos fixeron.

SEGUIMOS EN CONTACTO!!!

A TARTARUGA DORI VISITA A NOSA AULA

Ciencia en CATRO anos.

TAREFA CATRO ANOS.

 

 

 

Quen vive no mar? from A Paz Tintureira on Vimeo.

REVISTA RECHOUCHÍO Nº 14

Xa está aquí o último exemplar da revista "O Rechouchío", e xa imos polo número 14!

Este ano "Trouleamos coa Ciencia", como veredes no interior das súas páxinas. Invitámosvos a lela simplemente premendo nas páxinas para avanzar.

Ademáis na Biblioteca de Centro e de aulas os rapaces e rapazas terán a súa disposición un exemplar impreso para o seu disfrute.

Esperamos que vos guste!

 

PROXECTO "ROBOTS" NA AULA DE 5 ANOS.

 

 

COMO REMATE DO NOSO PROXECTO SOBRE OS ROBOTS, CREAMOS ESTE VIDEO ONDE AS NOSAS MAQUETAS DE ROBOTS FALAN COA VOZ DOS NEN@S. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!.

 

 

Ciencia en Infantil

Distribuir contido