CELEBRACION LETRAS GALEGAS 2017

O martes 16 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas, nun ano adicado a figura de Carlos Casares.

Escoitamos a biografía da man dos nenos e nenas de 5º curso de Primaria.

Sensibilizámosnos co problema do acoso escolar grazas ao rap dos nenos e nenas de 6º curso, "Stop ao Bulling".

 

E puxémoslle voz e música ao libro

"A Galiña Azul" de Carlos Casares,

acompañados pola profesora de música.

 

 

 

 

Rematamos co exitoso Mercadiño de Libros Usados, ao cal este ano uniuse o alumnado de 6º curso, onde puxeron en  práctica os seus proxectos de aula  empresariais.

MAIS FOTOS DO DÍA NA "GALERIA DE FOTOS"

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS 2017-18

Listaxe DEFINITIVA do alumnado admitido para o curso 2017-18.

ADMITIDOS 4º Educación Infantil

ADMITIDOS 5º Educación Primaria

ADMITIDOS 6º Educación Primaria

 

A formalización da matrícula faise entre o 20-30 DE XUÑO

 

LETRAS GALEGAS 2.017.

Este ano a Real Academia Galega escolleu como autor homenaxeado a Carlos Casares Mouriño.

Para obter información sobre a súa vida e obra preme na imaxe.

"GALEMOCIONATE" NO 2º TRIMESTRE.

Xa rematado o segundo trimestre deste curso escolar, queremos compartir unha pequena mostra das actividades nas que participaron os nenos e nenas do noso centro.

GALEMOCIONATE.

ENTROIDO 2.017. "XII XORNADA GASTRONÓMICA".

DÍA DA PAZ 2.017.

 

TINTUREIRA RECICLA

Un ano máis, distintos cursos do noso colexio (segundo, terceiro e cuarto de primaria), disfrutaron da campaña promovida polo concello para conseguir unha maior axuda e cooperación no que a limpeza e reciclaxe se refire.

Co lema "dos tres ERRES"que hai que usar, O Dinoseto e O Dinosetiño fixeron disfrutar ao noso alumnado dunha sesión moi didáctica, divertida e participativa.

 

Un cole máis bonito

Este luns, ao chegar ao cole, fomos sorprendidos cunha agradable sorpresa, a ANPA do centro traballou duro durante a fin de semana para poñer o cole así de bonito.

 

MOITAS GRAZAS!

Distribuir contido