AXUDAS MUNICIPAIS CURSO 20-21

Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria y secundaria do 
Concello de Vigo – Curso 2020-2021.


DIRIXIRSE AO CONCELLO DE VIGO 
NO CENTRO NON HAI QUE FACER NINGÚN REQUISITO 
 
Aquí tedes o enlace:
 

ALUMNADO ADMITIDO CURSO2.020-21

Informamos a todas ás familias que solicitaron praza para o vindeiro curso 20-21 no noso centro que están todas admitidas!!!!

Actividades 2° año "A" y "B"

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 A Consellería de Educación ven de convocar as AXUDAS para  libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

 

Lexislación:Orde do 12 maio de 2020 (DOG 19 de maio de 2020)

 

Beneficiarios: Alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria.

 

Tipo de axuda:

Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria

  • Cheque de 50 euros para compra de material escolar (sempre e cando a renda per cápita familiar non supere os 6000 euros)
  • Cheque de 140 ou 210 euros para compra de libros de texto (sempre e cando a renda percápita familiar non supere os 10.000 euros)

Alumnado de 3º a 6º de E. Primaria:

  • Cheque de 50 euros para material escolar (sempre e cando a renda per cápita familiar non supere os 6000 euros)
  • Participación no banco de libros do colexio. A aplicación da Consellería fará o reparto de exemplares por orden inversa á renda percápita da unidade familiar.

     

É imprescindible para acceder a esta axuda a devolución dos libros do curso anterior no prazo correspondente: 22-26 de xuño ( horario secretaría de 10:00 a 13:00).

 

Como solicitar:

- Telematicamente, preferiblemente, usando a Chave 365: Entrando na aplicación e completando os diferentes apartados. ENLACE

- Para a presentación no centro : Imprimindo e cubrindo o Anexo I e II e entregándoos xunto co resto da documentación no centro educativo, en horario de secretaría (de luns a venres de 10:00 a 13:00h)ANEXO I e ANEXO II

 O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso.

Documentación:

- Anexos I e II cubertos asinados polo pai,nai ou titor legal.

- Orixinal e Copia do libro de familia de todos os membros, ou documentación xustificativa de cambio de situación familiar.

- En caso de discapacidade ou minusvalía, certificación.

- En caso de separación ou divorcio, achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 

Prazo: Ata o día 19 de xuño.

 

.  INSTRUCIÓNS PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

 

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

O próximo 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano non será posible levar a cabo unha celebración coma a doutros anos, aínda así gustaríanos achegarvos á figura e a obra do autor homenaxeado este ano, RICARDO CARBALLO CALERO.

 

Desde o equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca invítanvos a visitar nos seus espazos web diversa información e recursos sobre este autor.

Letras Galegas DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Letras Galegas: Vídeo "MIÑA TERRA GALEGA".

Letras Galegas BIBLIOTECA

Letras Galegas: Vídeo "CONVIDADOS NA TERRA"

 

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 20-21

SOLICITUDE DE PRAZA ( 11 Maio-18 maio)


O 18 de Maio é día non lectivo
 no centro e o centro permanecerá pechado, polo que as solicitudes poderán presentarse presencialmente ata o 15 de Maio. Poderán presentarse telematicamente ata o día 18.

Este proceso está dirixido a:

- O alumnado novo que vaia cursar 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 20-21.

- O alumnado procedente doutros centros.

- O alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar 1º da ESO noutro centro diferente ao seu centro adscrito.

 Entregar cuberto o ANEXO II  no centro solicitado como 1ª opción (deberá vir asinado polos dous proxenitores), xunto coa seguinte documentación:

- Copia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia da folla na que está inscrito/a o alumno/a que se vai matricular.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 IMPORTANTE!!!

O horario de atención ao público será de 10:00 a 13:30 previa cita ( telefónica ou por correo electrónico).

Teléfono do centro: 886120271

Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

Daranse citas individuais cada 15 minutos, prégase puntualidade.

Ao centro acudirá só un adulto por familia, recoméndase vir con mascarilla.

Poden tamén presentar esta solicitude na Sede electrónica da Xunta de Galicia ENLACE

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal

 

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2020

 Hoxe día 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro.

  Nós ímolo celebrar dunha maneira moi especial, a través da bonita actividade literaria organizada polo Equipo de Biblioteca do centro feita grazas á colaboración de tod@s vós.

Podedes ver o resultado no BLOGUE DA MEIGA TINTUREIRA

FELIZ DÍA DO LIBRO!

GRAZAS FAMILIAS!

 

  Hoxe recibimos un agasallo moi especial, unha Primavera de Flores feita polas familias do noso colexio que veñen alegrar esta primavera tan gris que estamos vivindo.

 Grazas familias, por compartilo con nós, polas vosas palabras e pola forza e o ánimo que nos transmitides.

XUNT@S IMOS CONSEGUILO!

O PROFESORADO DO CEIP A PAZ-TINTUREIRA

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Prezadas familias:

A Consellería de Educación acaba de publicar unha orde na que se contempla unha compensación económica dirixida ás familias becadas de comedor, tanto ás familias de GRATUIDADE TOTAL como ás que abonan 1 EURO polo servizo.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave 365 ( https.//sede.xunta.gal/chave365 ).

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos  enviarán un correo electrónico ao colexio ceip.apaz@edu.xunta.es cos datos que aparecen no arquivo adxunto antes do MÉRCORES 1 de abril.

Enlace Arquivo Adxunto

Enlace información detallada A

Enlace Información detallada B

Enlace Información detallada C

Regalando Primavera

 

Prezadas familias!

O equipo de mestres e mestras do noso colexio queremos facervos este pequeno agasallo feito con moito cariño para todos vós, con el queremos transmitirvos moito ánimo e esperanza ante esta situación da que imos saír todos e todas xuntos.

 

TAREFAS ÁREA DE LINGUA INGLESA

Desde o departamento de Lingua Inglesa queremos lembrarlles aos alumnos e alumnas que no blogue de inglés do colexio "FUN LESSONS" está dispoñible a proposta de actividades e tarefas a realizar durante este tempo que nos toca aprender desde casa.

Calquera dúbida ou incidencia será resolta a través dos comentarios publicados no propio blogue ou a través da seguinte dirección de correo electrónico:

manuelafeixoo@gmail.com (3º-6º)

anamariacabaleiro@edu.xunta.es (EI, 1º,2º)

Grazas e unha grande aperta para tod@s

As profesoras de inglés: Ana e Manuela

Distribuir contido