Novas

ANIMÁDEVOS A VISITAR O NOSO MERCADILLO DE NADAL O VENRES 16 DE DECEMBRO!!!

COÑECE Á NOSA ANPA E AS SÚAS ACTIVIDADES E PARTICIPA!

 

 - INFORMATE NOS SEGUINTES ENLACES:

CIRCULAR SEP ANPA 2022-INFORMACIÓN SOBRE COMO SER SOCIO, ACTIVIDADES QUE ORGANIZAN,....pdf

ASAMBLEA SEP_2022.pdf

- PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA ESTE CURSO (Información para apuntarse, nos enlaces anteriores).

 

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA, CURSO 2022-2023.

Rematamos o curso, recuperando a festa de fin de curso que foi un éxito, xa que nos acompañou o tempo e pequenos e grandes gozamos dunha chea de diversión.

Pola mañá, as exhibicións das actividades extraescolares e exposicións de traballos realizados nalgunhas destas actividades.

E pola tarde, obradoiros de maquillaxe e tatuaxes, diferentes xogos e hinchables. 

E a cantina con terraza e todo. Graciñas as familias que colaboraron facendo posible este encontro, que tanto desexabamos compartir. Aquí vos deixamos algúns momentos da nosa xuntanza.

 

PROMOVIDO POR FOANPAS E A TRAVÉS DA NOSA ANPA, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA COMEZA UN PROXECTO PARA MELLORAR OS NOSO PATIOS.

Dende FOANPAS e promovido pola nosa ANPA, Miudiño S. Coop. Galega, que leva anos percorrendo Galicia axudando e guiando ás comunidades educativas na transformación dos seus espazos escolares, estivo no noso cole xa que toda a comunidade, educativa estamos interesados en darlle unha volta aos nosos patios. 

Con esta sesión, comezamos con unha serie de formacións encamiñadas ás novas pedagoxías e a acadar comunidades educativas inclusivas e cohexionadas.
Esta primeira formación foi encamiñada a vivir e pensar os patios das escolas como lugares de aprendizaxe e disfrute. Vimos que a necesidade urxente de intervir nos patios, como podemos facelo e cal é o camiño con maior probabilidade de éxito, ademais de resolver as dúbidas e preocupacións que con máis frecuencia aparecen. 
A idea é o comezo, e aparecen as gañas, a ilusión, as tormentas de ideas e as dúbidas e os conflitos. Agora temos que empezar a reflexionar sobre: ¿Que queremos?¿Ata onde podemos? ¿Como organizamos espazos? ¿que poñemos?. CONTINUARÁ.

 

Distribuir contido