Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBRO DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBRO

00/00/
Array

Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros  de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.

O martes 14 (de 9:00 a 15:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro. 

 

Un saúdo

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBRO DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBRO

00/00/
Array

Deixámosvos adxunto as listaxes provisionais de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adqusición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar. 

O día 9 de xullo publicaremos as listaxes definitivas e o martes 14 (de 9:00 a 15:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. 

Calqueira dúbida, contactade co colexio. 

Un saúdo.

CAMPAMENTO DE VERÁN DO ANPA 2020

INFORMACIÓN DE KOREMI SOBRE O CAMPAMENTO

 

Para información e matrículas poden contactar a través do enderezo electrónico koremi (clic enriba) chamár aos teléfonos 678415501 - 685203756.

 CÓMO SE REALIZA A INSCRICIÓN:

A inscrición se realizará en fomato online cubrindo o seguinte formulario:  

FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPAMENTO VERÁN ALEXANDRE BÓVEDA: https://forms.gle/QYifwfNxDrE392JS6.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA COMPLETAR A MATRÍCULA: 

Esta documentación principalmente debe enviarse por email a koremi@koremi.es para intentar evitar a maior cantidade de papel (pode facerse mediante escaneo ou en formato foto):

  • Declaración responsable, esta declaración se lles enviará xunto cos protocolos específicos unha vez que formalicen á matrícula (hai que presentala cuberta e asinada o primeiro día de incorporación á actividade)
  • Copia DNI do neno/a ou libro de familia.
  • Copia tarxeta sanitaria.
  • Copia do resgardo do ingreso bancario.

FORMA DE PAGO:

Ingreso en conta bancaria que aparece a continuación:

  • Concepto: Nome e Apelidos neno/a + CAMPAMENTO DE VERÁN 2020- COLEXIO ALEXÁNDRE BÓVEDA
  • TITULAR DA CONTA: KOREMI REHABILITACIÓN S.L..
  • ENTIDADE BANCARIA: ABANCA - NÚMERO DE CONTA: ES70  2080  5043  9930  4002  6972

Grazas e saúdos.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020/21

Listaxe de libros de texto de primaria para o vindeiro curso.

FONDO LIBRO E AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020- 2021

Onte publicouse no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros  de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020-2021.

O alumnado que pode solicitar estas axudas é:

- 1º e 2º EP: Axuda  para compra de libros e material

- 3º a 6º EP: Préstamo libros (fondo solidario) e axuda material

O calendario do proceso será o seguinte:

  • Presentación de solicitudes:  Ata 19.06.2020
  • Recollida de materiais do alumnado que quedou no centro educativo e devolución dos libros do curso 2019/2020:

Día

Hora

Curso

Ten que devolver libros:

Luns 8 de xuño

9.00- 14.00

EI

NON

Martes 9 de xuño

9.00- 11.30

1º EP

NON

12.00- 14.00

2º EP

NON

Mércores 10 de xuño

9.00- 11.30

3º EP

SI

12.00- 14.00

4º EP

SI

Venres 12 de xuño

9.00- 11.30

5º EP

SI

12.00- 14.00

6º EP

SI

  • Publicación das listaxes provisionais: Ata o 06.07.2020
  • Reclamación das listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
  • Publicación das listaxes definitivas: 09.07.2020
  • Recollida de vales (libros de texto e material): 

MARTES 14 DE XULLO DE 9.00- 15.00

 

Para a presentación presencial haberá que entregar os Anexos I e II (Clic enriba) na secretaría do centro en horario de 9.00 a 14.00 horas e con cita previa, chamando ao 886120405 ou mandando un correo electrónico a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es. Debido á situación actual a presentación será preferentemente electrónica. Pódese presentar facendo clic aquí.

 

 MÁIS INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:

- Orde do 12 de maio de 2020 (Ligazón ao DOG do 19 de maio)

- Manual de usuario para cidadanía

FIN DE CURSO 2019/2020

Estimadas familias:

Hoxe é o último día deste curso, un curso moi diferente pero no que demostramos que se estamos xuntos nada nos pode parar.

Por iso, ante a adversidade cooperamos uns cos outros para que se puidesen levar a cabo actos importantes e tradicionais no noso centro de forma telemática como son os maios ou as letras galegas. O día de fin de curso non podía ser menos e por iso deixamos aquí as ligazóns aos vídeos que nos axusdastes a facer (clic enriba dos títulos ou imaxes):

Sendo un curso tan particular @s profes tamén quixemos prepararvos unha pequena despedida con todo o noso agarimo:

Merecedes o mellor por ese gran esforzo e esperámosvos en setembro. Os que terminades unha etapa... Moita sorte! Sabemos que vos vai a ir moi ben! E os que quedades... agárdanvos moitas sorpresas! Disfrutade do verán!

Vémonos pronto!

Feliz día das Letras galegas 2020!

Boas!

Este ano o Cole Angorén celebrou as letras galegas polo mái alto, por suposto, telemáticamente.

Por unha banda o equipo de biblioteca elaborou este marabilloso Genially cunha compilación de información e recursos sobre o autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

 

Por outra banda, sumámonos a iniciativa do IES Chapela e recollimos as vosas fotos de "Fotomaratón":

 

E ademais participamos na actvidade intercentros "Verdescente" na que fixemos entre todos un vídeo realmente chulo:

Podedes ver o resto de vídeos dos coles participantes no seguinte ligazón:

Noraboa polo traballo realizado a toda a comunidade educativa!

PROCESO DE ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Bos días:

Hoxe saiu publicado no DOG o restablecemento do proceso de admisión do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) para o curso 2020-2021 e o alumnado de nova matrícula noutros cursos: Resolución do 5 de maio de 2020

A continuación poñemos os prazos actualizados, calqueira dúbida contactade connosco.

PROCESOS

PRAZOS

DOCUMENTACIÓN

SOLICITUDE DE PRAZAS

11- 18 de maio 2020

Anexo II

Fotocopia do ilbro de familia

LISTAXES PROVISIONAIS

8 de xuño 2020

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

9-  11 de xuño de 2020

 

LISTAXES DEFINITIVAS

24 de xuño de 2020

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

1- 10 xullo de 2020

Anexo III

Documentación solicitada polo centro

LEXISLACIÓN APLICABLE

 Decreto 254/2012 do 13 de Decembro 

Orde do 12 de marzo de 2013 

Orde do 25 de xaneiro de 2017 

Resolución do 5 de maio de 2020

Un cordial saúdo

ORGANIZACIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

Unha vez analizadas e debatidas as indicacións das últimas Instrucións da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Haberá uns cambios na organización de centro que  resúmense nos seguintes puntos:

  • Dende o Centro educativo (e coa estimable colaboración do Concello de Redondela) asegurarase un dispositivo electrónico por familia para que poidan afrontar o terceiro trimestre. Tamén se dotará de conexión a internet ás familias que non teñen outras alternativas. Esta decisión tomarase en base aos resultados da enquisa "Tics e tarefas escolares" (feita as anteriores semanas) e as diferentes entrevistas telefónicas que tivemos con vós.
  • Seguimos estando dispoñibles en todas as ferramentas de comunicación vía telemática que se vos facilitaron: Google- drive, Abalarmobil, blogues, contas de gmail e da Consellería, teléfonos, WhatsApp… se vos atopades con algunha dificultade pregamos que contactedes con nós.
  • Para facilitarvos o traballo mudaremos a organización por sesións escolares nunha táboa que recollerá unha actividade interdisciplinar e globalizada da persoa titora e unhas propostas a maiores das persoas especialistas. Está serán subidas as mesmas carpetas e blogues que estamos empregando nestes momentos e que tedes como primeira entrada da nosa web.

Agardamos que estas medidas facilítenvos un pouco máis a vosa labor e estamos a vosa entera disposición.

Un saúdo e ánimo

BENVID@S AO TERCEIRO TRIMESTRE!

Ola familias!

Non queremos que pase este día sen darvos a benvida ao terceiro trimestre deste particular ano académico 2019/2020. 

Estamos vivindo unha situación excepcional e todavía non sabemos qué vai pasar pero desexamos que todxs sigades ben e con ánimo, que sabemos que ás veces non é doado, xa que cada quen ten a súa propia situación persoal e xa pasou un mes dende aquel 13 de marzo no que todo cambiou.

Según o último comunicado da Xunta de Galicia, a actividade lectiva non presencial continuarase mediante actividades de repaso e reforzo, tal e como o fixemos ata o de agora: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

Unha vez teñamos as novas intruccións das medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento deste trimestre volveremos poñernos en contacto con todxs vos.

Dende o equipo docente querémosvos transmitir unha mensaxe de ánimo e recordarvos que estamos xuntxs nisto e por iso preparamos o seguinte vídeo:

E lembrade que cada día que pasa é un día menos que queda desta situación. 

Moito ánimo e unha aperta

NOVO SERVIZO DE IMPRESIÓN NO DEPARTAMENTO DE ENSINO

Estimadas familias:

 

Dende o Concello de Redondela infórmannos de que poñen a vosa disposición un novo servizo de impresión durante a situación de emerxencia creada polo COVID-19.

Así o Departamento de Ensino ofrécese a imprimir os deberes, apuntamentos e outras tarefas para aquelas nenas e nenos que non teñen a tecnoloxía axeitada para seguir co ritmo do curso.

Teriades que indicarlle a vosa persoa titora que precisdes imprimir por medio do Concello, é sería ela quen xestioanaría o tema, logo Protección Civil encargarase de entregar os documentos solicitados nas vosas casas (o cole facilitaríalle a vosa dirección postal). 

 

Un agarimoso saúdo

NOVIDADES RESPECTO Á SUSPENSIÓN DE CLASES

Queridas familias:

Tal e como vos estamos explicando por vía telefónica, nos últimos días Inspección Educativa remitiu as instrucións para que os centros educativos procedamos a formalizar o peche da segunda avaliación na data prevista, venres, 3 de abril. Neste sentido, informan, que non serán avaliables as actividades realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma, o día 13 de marzo de 2020. 

En cumprimento do exposto anteriormente, dende o Colexio, queremos informarvos que durante esta semana realizaremos as xuntas de avaliación (a través de medios telemáticos) e teremos  en conta que o trimestre rematou abruptamente de forma que moitas das vosas fillas e fillos quedaron pendentes de realizar exames, traballos, etc.

Deste xeito, os boletíns de notas publicaranse a través de abalarmobil o vindeiro venres 3 de abril a partires das 13.00 horas. Se alguén tivese problemas para acceder a el rogamos que se poña en contacto co centro a través do teléfono, correo electrónico ou o propio abalarmobil . 

Por outra banda, as autoridades educativas sinalan a necesidade de seguir programando actividades por medios telemáticos que o alumnado poida realizar dende o seu domicilio. No CEIPP Alexandre Bóveda queremos que estas se adecúen as posibilidades e necesidades das nosas nenas e nenos tanto como sexa posible e, por iso, pedímosvos encarecidamente que completedes a seguinte ENQUISA sobre as tarefas dixitais (click na imaxe para acceder). 

Finalmente,  o equipo directivo e o profesorado do Colexio Angorén, queremos agradecervos o esforzo que estades a realizar polas vosas fillas e fillos, así como as mostras de agarimo e compresión que estamos recibindo por vías telemáticas. Moitas grazas por demostrarnos que estamos conseguindo un dos obxectivos máis importantes e complexos nun colexio: funcionar como unha verdadeira comunidade educativa.

Moitas grazas e unha aperta

SEMANA DA SAÚDE 2020: 5 días- 5 actividades

SEMANA DA SAÚDE 2020: 5 DÍAS- 5 ACTIVIDADES

Por segundo ano consecutivo no Cole Angorén celebramos o "Dia mundial da Saúde" (7 abril) intentando que cada nena e neno do centro dende a súa casa siga adquirindo hábitos de vida saúdables. 

Premede na imaxe para ir á Webquest elaborada polo Equipo de Dinamización lingüística.

Animádevos a ir facendo cada día unha actividade e pechar o trimestre dunha forma divertida.

ACTIVIDADES TELEMÁTICAS: ACHEGAS DO EQUIPO TIC

Queridas familias:

Dende o Equipo Tics queremos informarvos de que díashai iniciativas de Apps españolas que están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para axudar a que as nenas e os nenos niños sigan aprendendo dende casa.

*Academons Primaria: A App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés, Ciencias e Science  http://bit.ly/Academons_Gratis

*Ta-tum: Do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum

*Smartick: Esta App malagueña está ofrecendo acceso 15 días gratis a súa App para repasar as matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15

*Genially: A plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

*AMCO*: Acceso aos xogos de Mates e Lingua da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado   https://amconews.es/eduzland/

 

*Smile and Learn: Esta App para @s máis cativ@s da casa está ofrecendo acceso gratuito durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

*M.A.R.S.: Esta App do grupo SM ofrece códigos desconto para acceder aos contidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App

*Cerebriti Edu: Ofrece os seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

Ademais, dende o Equipo de Orientación achegan  un recopilatorio de App educativas clasificadadas en diferentes ámbitos que tedes nos ficheiros adxuntos.

 

Un saúdo!

NOVA ORGANIZACIÓN ACTIVIDADES TELEMÁTICAS

Prezadas familias:

Contamos con que todas esteades ben, e con ánimo de facilitar un pouquiño máis este tempo de encerro facemos esta reorganización do noso traballo.

O Equipo docente dos distintos niveis presentámosvos unha proposta para axudarvos con actividades escolares baseadas na programación anual e esperamos que as podades levar a cabo. Se tedes dúbidas, ao final dos documentos aparecen os correos electrónicos do profesorado. Ademais. seguides tendo a vosa disposiciòn o abalarmobil e outras plataformas do centro. 

Iremos subindo a programación de cada semana que serán tarefas curtas e sinxelas xa que non se trata de que o alumnado faga con vós as cinco horas do cole senón de non perder o ritmo e seguir traballando dende a casa tocando un pouquiño de todas as materias e, obviamente, adaptándose a esta nova situación.   

Moito ánimo e seguimos en contacto.

 

Click no voso nivel ou asignatura:

EDUCACIÓN INFANTIL

1º DE PRIMARIA

2º DE PRIMARIA

3º DE PRIMARIA

4º DE PRIMARIA:

5º DE PRIMARIA

6º DE PRIMARIA:

ENGLISH AND ART

EDUCACIÓN FÍSICA

MÚSICA

RELIXIÓN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

MEDIDAS PREVENTIVAS ESPECIAIS EDUCACIÓN

Bos días:

Deixamos o traballo telemático para as vindeiras semanas.  Seguiremos publicando do mesmo xeito nos próximos días, se a situación o require.

Para poñerse en contacto con algunha mestra/e empregade o abalarmobil, teléfono  ou correo electrónico do centro (ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es), este será reenviado a persoa en cuestión. 

 

* DOCUMENTOS ADXUNTOS PARA DESCARGAR (Click no adxunto desta páxina):

- EDUCACIÓN INFANTIL

- 1º DE PRIMARIA

- 2º DE PRIMARIA

- 3º DE PRIMARIA

- 5º DE PRIMARIA

-INGLÉS (inclúense no traballo de cada nivel)

-RELIXIÓN

- ACHEGAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (D.O.)

 

* ACCESO A CARPETAS DE GOOGLE DRIVE QUE O PROFESORADO IRÁ ACTUALIZANDO (Click no ligazón):

- 4º DE PRIMARIA

- 6º DE PRIMARIA

- PLÁSTICA

 

 

* BLOGUES DE ÁREA NO QUE SE PUBLICARÁ O TRABALLO DE CADA NIVEL:

-EDUCACIÓN FÍSICA: https://angorenef.blogspot.com/

-MÚSICA: https://cpmasmusica.blogspot.com/

 

Un saúdo e seguimos informando

 

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Estimadas familias:

Tal e como anunciou esta mañán o presidente da Xunta de Galicia quedan suspendidas todas as actividade lectivas a partir do luns 16 de marzo de 2020 durante un periodo de 14 días. 

Igualmente quedan suspendidas as actividades extraescolares, servizos complementarios, viaxes, excursións, como é o caso:

- Reunión de familias de infantil do día 17 de marzo

- Reunión de familias de 1º de primaria do día 17 de marzo

- Saída educativa de Infantil e primaria ao circo o día 20 de marzo de 2020. 

Mañán venres 13 de marzo o cole permanecerá aberto, e o alumnado poderá acudir ou non ao centro. É decisión das familias. 

Pregamos difusión e tedes máis información no documento adxunto.

 

A dirección

O NOSO NOVO RECUNCHO DE IGUALDADE

Boas:

Como sabedes estamos de renovación da biblioteca e poderemos ver os resultados na súa inauguración, de momento algúns dos seus recunchos van colllendo vida e un dos primeiros é o de igualdade que fixemos en colaboración con Animosa e do cal o Faro de Vigo adicoulle o artigo "Rincón violeta para ler en igualdade" (click enriba para poder ler). 

Autorización actividade día da muller traballadora 2020

Adxuntamos a autorización para a actividade de mañan (6/3/2020)  por si a alguén precisa volver descargala. 

Un  saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut