BENVIDXS AO NOSO COLE!!!

                           

Iniciar sesión: Acceso

Actividades de Equipos

REUNIÓN PATIOS VIVOS

14/03/2023 18:12
Europe/Madrid

FAMILIAS!!! PRECISAMOS A VOSA AXUDA!!!

 

Tras a primeira xuntaza de cole - familias estas son algunhas das ideas do que queremos no patio para o alumnado.

 

Deixamos a presentación adxunta para que podades botarlle unha ollada.

Nos próximos días facilitaremos máis información.

TODA PROPOSTA OU APORTACIÓN É BENVIDA!!!

 

 

8 DE MARZO NA BIBLIOTECA

14/03/2023 16:33
Europe/Madrid
Esta semana, co motivo do Día da Muller, a biblio da Caracolatola encheuse dun espírito de reivindicación da igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas. 
Na biblio puidemos aprender moito sobre a historia e o significado do 8M, así como continuar descubrindo referentes femininos con xogos de mesa. Un material fantástico de lapizele.
 
 
 
Ademais, o equipo de biblio organizou lecturas de historias de mulleres pioneiras que abriron o camiño en moitos ámbitos da sociedade, loitando e defendendo os dereitos das mulleres.
 
  
 
Foi unha semana na que celebramos moitos éxitos e avances, pero tamén tomamos consciencia dos retos que aínda temos que superar.
 
No Angorén e na biblio da Caracolatola estamos comprometidos coa educación en igualdade.

A BRUXA DISCORDIA

08/03/2023 09:10
Europe/Madrid

O alumnado de 1º e 2º realizou un gran traballo co conto da "Bruxa Discordia".

A continuación podedes ver o video co resultado final!! 

 

TWO - TWO DAY

03/02/2023 09:32
Europe/Madrid

Two two day!!

Festexando o 2 do 2 compartindo xogos matemáticos mesturados con sorrisos, tutús, zapatillas desparelladas

ou camisetas por duplicado... un día moi divertido no que aprendimos moitas cousas novas!!

AGASALLA EN GALEGO

20/12/2022 09:17
Europe/Madrid

Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego"  porque sempre é un bo momento para regalar cultura.

Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa

comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.

 

CONTACONTOS "CIUDAD RIQUISIMO"

19/12/2022 09:06
Europe/Madrid

Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.

Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.

 

                                    

Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a

albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a

través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi 

                                   

PIDO, PIDO...CON SENTIDO

15/12/2022 08:58
Europe/Madrid

"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"


Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.

Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen

xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso

responsable dos juguetes

                                               

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

26/10/2022 21:29
Europe/Madrid

O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, foi un día moi especial no noso cole, xa que inauguramos a Bilioteca da Caracolatola para este curso escolar 2022-2023.

Todo o alumnado aproveitou a xornada para descubrir os rincóns da nosa biblio. Libros, libros e máis libros... Pero tamén ordenadores para buscar información, legos e robots, xornais, espazo sensorial e moito máis!

Na biblioteca apareceu unha cesta MasterCeip misteriosa cun candado...menos mal que tenemos un alumnado que é quen de enfrontarse e superar todos os retos...conseguimos o código, abrimos a cesta e atopamos un montón de vitaminas de lectura!!

Agora seguro que temos enerxía dabondo para ler!! 

 

 FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

PASAPORTE LECTOR INFANTIL

07/07/2022 12:54
Europe/Madrid

Durante o curso 2021/2022 o alumnado de infantil aproveitou o préstamo da Biblioteca Caracola Tola para cubrir o seu pasaporte lector.

Cada semana escollían o conto que querían e anotaban o título e data.

   

    

Á volta do fin de semana contábannos se lles gustou o non, que pasaba na historia, as personaxes... Cun debuxo como apoio visual

que se foron colocando na clase ou gardando como libro.

  

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

22/06/2022 12:49
Europe/Madrid

Dende a biblioteca da Caracola Tola queremos despedir este curso cás seguintes recomendación lectoras para o verán

 

Desfrutade das mellores lecturas en familia!! Bo verán!!

TEATRILLO "CHIBOS CHIBÓNS"

07/07/2022 12:15
Europe/Madrid

Partindo do "Itinerario Lector" da Biblioteca Caracola Tola 

o alumnado de infantil preparou un teatrillo dos "Chibos Chibóns" para os seus compañeiros e compañeiras do 1º ciclo de primaria.

Estaban algo nerviosos/as pola posta a punto en público pero o resultado foi espectacular.

   Moi bo traballo infantil!!!!   

FOLERPAS 2022

27/06/2022 12:43
Europe/Madrid

E co curso a piques de rematar....sae unha nova edición da nosa revista "FOLERPAS 2022"

Esperemos que pasedes un bo rato lendo e desfrutando da revista e que vos guste tanto como a nós!!

https://issuu.com/noemimoreiracousido/docs/folerpas_2022

A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un bo verán...vémonos en setembro cas mesmas ou máis gañas!!


                                                             

A FESTA DA COCA

07/07/2022 10:56
Europe/Madrid

E ti que sabes da Coca?

Durante todo o curso estivemos inmersos en Galicia Máxica...e no mes de xuño, aproveitando as festas do Concello de Redondela,

traballamos e investigamos sobre a "Festa da Coca", achegándonos a cultura e tradición da nosa contorna próxima

 

 

O alumnado de todo o cole aprendeu moitas cousas interesantes que puideron vivenciar máis de cerca desfrutando das festas

patronais de Redondela a mediados de xuño.

EXCURSIÓN A NATURNOVA DE 1º E 2º

08/06/2022 11:58
Europe/Madrid

 

Hoxe, aproveitando que o domingo foi o dia mundial do medio ambiente, a clase dos trasnos de 1° e a clase do arco dos urcos de 2° fumos

de excursión a Naturnova, que é un Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo. Alí puidemos coñecer curiosidades do Universo, o

noso planeta e o medio que nos rodea de forma lúdica, dinámica e participativa.

 

 


Unha xornada diferente na que o pasamos xenial e aprendemos moitas cousas novas!!

 

VISITA DO AUTOR DO MUNDO MÁXICO DE LÍA

01/06/2022 11:31
Europe/Madrid

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivemos inmersos na lectura do libro "O mundo máxico de Lía" e hoxe visitounos Eduardo

Santiago, o autordo  libro publicado por Xerais

Foi un pracer coñecelo en persoa e manter unha interesante conversa con el na nosa biblioteca da Caracola Tola.

Se pinchas na imaxe podes ver un pequeno video de resumo:

CAMIÑO DA LINGUA

07/07/2022 10:48
Europe/Madrid

Hoxe no cole tivemos a fantástica actividade de Normalización lingüística de Redondela, "Camiño da lingua " na que o alumnado de 5º e 6º de primaria aprenderon da lingua e cultura de Galicia Máxica.

Moitas grazas Concello de Redondela por facernos partícipes desta fantástica actividade

 

 

DÍAS DEL COMIC 2022

07/07/2022 12:32
Europe/Madrid

Na biblio da Caracola Tola   non nos esquecemos do Día do Cómic.

Cada titoría elaborou a súa propia creación!

Agora temos un espazo na nosa biblio adicado aos cómics, con curiosidades, moitos exemplares e unha exposición das produccións do alumando, a aproveitalo!!!

 

  

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

04/05/2022 08:22
Europe/Madrid

O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o xoves día 28 de abril a Radio Vigo.

Foi unha visita na que houbo un traballo previo no centro e na que todos crearon un programa de radio.

Alí, tivemos a oportunidade de grabar unha cuña para a promoción do noso centro e ademáis, coñecer as diferentes instalacións.

  

 

  

 

Posteriormente, baixamos a TeleVigo, onde disfrutamos vendo o set de control e como se crea a pragramación dunha canle de televisión. 

Ademáis, gozamos moito facendo preguntas e sendo os presentadores dun telexornal!!

 

 Nos anexos podedes escoitar o resultado destes fantásticos Podcast!!! 

YAYOI KUSAMA NA BIBLIO CARACOLA TOLA

02/05/2022 13:24
Europe/Madrid

A Caracola Tola convidou á biblio a unha artista mondaricense que presentounos a obra de  Yayoi Kusama. 


Achegounos ao mundo da arte a través dun conto que presenta a vida e obra desta artista.

 

Despois fixemos un trivial cun dado que propoñía diferentes retos e preguntas sobre a mesma para poder gañar un montón de círculos de cores cos que creamos o recuncho na biblio da Caracolatola representando unha verdadeira obra de arte.

Tamén levouse a cabo un bingo de formas e unha manualidade con material de refugallo creando á propia Yayoi Kusama.

      

 

CONTACONTOS DE ERNESTINA OTERO

03/05/2022 13:07
Europe/Madrid

Marzo é un mes de mulleres e dende o cole queremos resaltar a figura de Ernestina Otero, muller importante no campo da educación.

Gracias ó Concello de Redondela e "Polo Corredor do Vento" por acercarnos a esta gran muller a través dun contacontos na biblioteca da Caracola Tola.

Ademáis, dende o equipo de dinamización, o Beretiño, deixounos varias actividades no taboleiro do cole para poder aprender moitas máis cousas sobre a vida e obra de Ernestina Otero.

 

 

Distribuir contido