Conmemoracións |
13/03/2023 13:09
Europe/Madrid
Xoves, 23 de febreiro, celebramos o Dia Rosalía de Castro: dramatización, poesía, cancións, debuxo... ARTE EN VIVO E DIRECTO.
|
|||
23/02/2023 12:28
Europe/Madrid
VENRES: todxs en comparsa sairán para poder desfrutar e festexar!! Despois de moito traballo...así de guapxs saímos hoxe polas rúas de Chapela!! Música, disfraces e moita ilusión foi a combinación perfecta para festexar este venres de entroido!
Cos nosos mellores disfraces estabamos listos para percorrer as rúas de Chapela e... así o fixemos!! Alumnado, mestrxs e familias desfrutamos dunha gran xornada de convivencia!!
|
|||
23/02/2023 12:07
Europe/Madrid
O luns se queres recetas mil, precisas un mandil!!
O martes, para por a comida na mesa colle un mantel e pono de capa se tes presa!!
Mércores, froito ou vexetal podes traer todo xunto para animar o teu conxunto!!
Xoves, disfraz e mascarada, do que che pete a gana!! |
|||
15/02/2023 13:13
Europe/Madrid
Hoxe celebramos o Día Internacional da Radio traballando na biblio, preparando e recitando o poema Caldo de gloria, de Rosalía de Castro.
|
|||
01/02/2023 09:09
Europe/Madrid
Hoxe desfrutamos do Día da Paz baixo o lema “bocado a bocado, comparte con quen tes o lado”. Fixemos unha gran merenda na que puidemos gozar da compañía das outras compañeiras e compañeiros do cole, compartindo a nosa comida. Desta forma, puxemos en práctica actos como o establecemento das relacións sociais, a compartición, a unión, a diversidade culinaria, o respecto… Non puidemos comer unha mellor merenda e desfrutar máis do Día da Paz no cole Angorén!! |
|||
18/01/2023 10:03
Europe/Madrid
Celebramos 100 días vindo ó cole; descifrando códigos, creando gafas, coloreando, facendo grafismo, conteo, pulseiras…. Traballaron a
poesía Haiku, 100 palabras positivas en distintos idiomas, melloraron o cálculo, crearon escritos e estableceron propósitos para cando teñan una centena de anos!!! O alumnado do Alexandre Bóveda aproveitou esta celebración para interiorizar, aprender, lograr e o que é máis importante, SUPERARSE!
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||
17/01/2023 18:12
Europe/Madrid
A piques de rematar este trimestre...estamos tan cansxs que decidimos vir en pixama ao cole...que quentiños estivemos durante toda a mañá...sentímonos coma na nosa propia casa!!
O teu navegador non soporta este vídeo. E agora si...chegamos ao final do primeiro trimestre e non podiamos rematalo doutro xeito que non fose tomando toda a comunidade educativa os "12 lacasitos da sorte" para desexarvos un moi bo feliz ano 2023!! Mirade canta elegancia!!
|
|||
21/12/2022 09:48
Europe/Madrid
Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño. Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!! |
|||
12/12/2022 08:55
Europe/Madrid
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no cole festexamos un mundo sen barreiras. O mércores 30 de novembro recibimos a visita do alumnado de ACESCA que compartiron unha sesión de traballo có noso alumnado de 5º e 6º e nos axudaron a aprender estratexias para un mundo sen barreiras. Despois, todo o alumnado participou en actividades lúdico-deportivas, organizadas polos seus compañeiros/as de 5° e 6°, nas que nos sensibilizamos á necesidade de participar activamente en crear un mundo sen barreiras.
|
|||
25/11/2022 08:59
Europe/Madrid
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres." Durante esta semana, estivemos traballando este tema a través de diferentes dinámicas e actividades entre a que destacamos a realizada por todo o alumnado. Escollimos a canción "Chea de Vida" de Guadi Galego, analizámola, reflexionamos sobre o que nos di e decidimos gravar o video que podedes ver a continuación en lingua de signos. Bo traballo de todo o alumando!! Temos claro que... A violencia NON é un xogo!! |
|||
28/11/2022 13:07
Europe/Madrid
O 20 de novembro conmemoramos o "Día Mundial da Infancia" e celebrámolo o luns 21 no cole Angoren. A través de diferentes dinámicas e obradoiros realizamos os videos que podedes ver nos seguintes enlaces: https://youtube.com/shorts/KvAONLUXQfg?feature=share https://youtube.com/shorts/Bui8PD-d2Xk?feature=share https://youtube.com/shorts/Ql0dbg8vmrw?feature=share https://youtube.com/shorts/Sv3twZVqIzU?feature=share https://youtube.com/shorts/NSoVFbxuUHA https://youtube.com/shorts/_7mgBZK8sRI?feature=share https://youtube.com/shorts/NYCBX3rUyls?feature=share https://youtube.com/shorts/ipd1btBBLhw?feature=share
|
|||
16/11/2022 12:25
Europe/Madrid
Como todos os anos esperamos con moitas ganas a que chegue o día do Magosto, e… xa está aquí. O Magosto xa chegou ao Angorén! As familias, o alumnado, e (por suposto) as castañas fixeron do día unha xornada xenial. Sen a participación das familias do cole isto non sería posible, polo que queremos dedicarlles un enorme GRAZAS. Encántanos, tanto ao profesorado como aos vosos fillos e fillas, que veñades ao cole e participedes con nós.
Nesta xornada, ademais do froito estrela, debemos facer unha especial mención ao alumnado de 6º, que se encargou de elaborar un menú degustación de 10 divertidos xogos. @s 26 chefs organizados, coas súas identificacións postas e gorro na cabeza, ofrecéronlle ao resto do alumnado diferentes xogos populares, cun toque persoal, facendo referencia tamén ao noso proxecto de centro MasterCEIP. |
|||
02/11/2022 13:18
Europe/Madrid
Aquí podedes ver como celebramos esta festividade todo o cole xunto!! Grazas familias por esas cabazas tan orixinais
![]() As portas máis terroríficas feitas polo alumnado nas titorías e especialidades.
As especialistas de plurilingüismo aproveitaron as súas clases para montar un photocall de Halloween con luz negra cos nenos e nenas dende infantil ata 6º de primaria.
Non podíamos facer outra cousa máis relacionada co noso proxecto de MasterCeip... COCIÑA TERRORÍFICA Na hora de TICS elaboraron diferentes receitas de comida e bebida para que poidamos elixir e así foi… un taller do máis divertido e saboroso Moi bo traballo a este equipo: a comunidade educativa do Angorén!!!
|
|||
07/07/2022 11:07
Europe/Madrid
Cerramos unha etapa e con ela queremos plasmar un pouquiño do vivido estos anos en grupo. As titoras desexámosvos o mellor no voso camiño. Desfrutade moito!!!
2019/2022 Os cangrexos - Equipo vacinas - Equipo carcamáns
2020/2022 Máis que ósos - Os malegos
|
|||
22/06/2022 14:54
Europe/Madrid
O mércores 22 foi un día moi especial para o alumnado, familias e profesorado de 6º de infantil e 6º de primaria. As graduacións estiveron cargadas de emoción e felicidade Grazas ao alumnado polas palabras e as actuacións preparadas con tanto agarimo!!!
GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL
GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA
|
|||
07/07/2022 11:55
Europe/Madrid
Polo Día Mundial do Medio Ambiente quisemos facervos partícipes de todo o que traballamos no cole durante esa semana para facer da nosa "Galicia Máxica" unha Galicia máis verde e sostible. Por eso cada clase do cole elixiu unha temática para profundizar nas distintas necesidades e compartilo con todos vós para poder coidar a nosa terra. TOMADE NOTA
4º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535307427272437761 5º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535224916215271426 6º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535206071983382529 1º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535268605016915971 2º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1536791184525377536 3º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535244283279712257 4º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535279309912518656 5º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535205025772879873 6º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535196559805140993
|
|||
03/06/2022 13:27
Europe/Madrid
Hoxe no Dia Mundial da Bicicleta no cole quixemos concienciar ao alumnado da importancia do uso de este medio de transporte sosteñible, san e divertido. Para iso, primeiro tivemos unha charla moi interesante sobre seguridade vial cando vamos na bici e rematamos cun fantástico circuíto organizado polo club de ciclismo de Teis e o cal puidemos realizar cas nosas propias bicis!!
|
|||
19/05/2022 13:12
Europe/Madrid
Este ano achegámonos a figura de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, homenaxeado nas Letras Galegas. Cada titoría realizou diferentes traballos para poder expoñelos e amosarlle as familas canto aprendimos sobre este autor. O alumnado realizou caricaturas, ilustraron poemas, crearon unha biblioteca cas súas obras máis coñecidas, mapas mentáis da súa vida e obra... Queremos compartir todo este traballo ca nosa localidade, por iso, o alumnado de 6º colocará en diferentes sitios de Chapela os distintos murais que podedes ver a continuación:
Xa sabedes, toca dar un pase pola zona a ver se os atopades todos!! FELICES LETRAS GALEGAS 2022!!
|
|||
18/05/2022 10:32
Europe/Madrid
O luns, 15 de maio celebramos o " XXVI Maratón das Letras Galegas " Este ano, tocou organizalo dun xeito diferente, xa que seguimos sen poder desfrutar dunha xornada de convivencia co resto dos centros de Chapela. Preparamos o percorrido dentro do centro para que cada curso puidese demostrar que a pesar do covid, seguimos estando en forma.
Todo o alumnado, vestido ca nova camiseta do cole, pasou unha xornada diferente pero moi divertida. Por quendas, dende os máis pequenos do cole ata o profesorado e familias amosaron as súas habilidades como expertxs corredorxs!!
Na meta, esperábannos a nosa ANPA cunha rica merenda que tomamos ao rematar!! Gracias!! |
|||
05/05/2022 10:51
Europe/Madrid
“AÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO…” Canto gozamos das tradicións galegas, nesta segunda xornada dos maios Velaquí un anaquiño das nosas coplas. Un aplauso, artistas!
E como non, non podían faltar as coplas dos nosos mestres e, xa por fin este ano, a participación das familias cunha representación das mesmas. Moitísimas gracias a todos/as por esta xornada de Maios 2022. Para o ano máis e mellor!!
O noso cole está cheo de grandes artistas!!! Bravo!!
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
