Proxecto 21/22 "Galicia máxica" |
21/06/2022 11:27
Europe/Madrid
A pesar do mal tempo e de non poder facer a saída e convivencia que tiñamos pensado, puidemos desfrutar dos obradoiros de Miudiño no cole para festexar o fin de curso!! Grazas á manipulación de gran cantidade de materiais naturais e orgánicos e ao emprego de ferramenta real, o alumnado puido transformar, modificar e crear libremente o que quiseron e imaxinaron!!
|
|||
20/06/2022 13:12
Europe/Madrid
Rematamos o curso achegándonos á nosa cultura local. Con motivo da festa da Coca, o alumnado de 4º de infantil e 3º e 4º de primaria desprazáronse ata o centro de Redondela, onde asistiron a unha visita guiada. Deste xeito, puidemoscoñecer lugares emblemáticos da vila, así como as diversas tradicións que envolven a esta máxica festividade.
|
|||
18/06/2022 13:19
Europe/Madrid
Como remate final do proxecto de Galicia Máxcia organizamos unha Foliada, como xornada de convivencia, na que o alumnado amosou as súas mellores habilidades artísticas tal e como podedes ver nos seguintes videos:
|
|||
09/06/2022 11:14
Europe/Madrid
O alumnado de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivemos unha charla sobre o patrimonio etnográfico da contorna e a importancia de coidala, coñecendo así muíños de Chapela e experimentando cun muíño de man de pedra entendendo mellor o proceso, traballo e tempo necesario para obter a fariña.
Tras a charla do outro día, Álvaro guiounos pola nosa contorna para descubrir fantásticas zonas que temos ao redor do cole. Aprendemos moito sobre árbores, plantas e muíños Foi unha sorte poder coñecer un pouco máis da nosa Galicia Máxica en Chapela |
|||
18/12/2021
Europe/Madrid
Durante os meses de novembro e decembro traballamos os diferentes seres máxicos dentro do noso proxecto "Galicia Máxica". Mirade que fantásticas vasoiras decoran as escaleras do cole!!!
|
|||
07/07/2022 10:33
Europe/Madrid
Dentro do proxecto de Galicia Máxica, tamén temos moita variedade de música galega. Hoxe visitáronnos 3 membros da Escola de música de Chapela para contarnos un pouquiño máis sobre algúns instrumentos tradicionais galegos e achegarnos máis de cerca a música tradicional. Por último rematábamos bailando e cantando a canción de Samuel Soto das letras galegas sobre Florencio Delgado Gurriarán. BRAVO!! Todo un pracer tervos con nós. Grazas!!
|
|||
18/05/2022 10:48
Europe/Madrid
O pasado 12 de maio, o alumnado de 5º de primaria realizou unha saída á Biblioteca Municipal de Chapela Xela Arias onde nos esperaba María José cunha actividade moi especial na que o alumnado aprendeu lendas, festas, ditos populares e curiosidades sobre mitoloxía de Galicia
Despois non podíamos irnos sen aproveitar os raios de sol e o parque que tíñamos ó lado!!
|
|||
03/05/2022 09:03
Europe/Madrid
Despois deste longo trimestre de traballo decidimos rematalo dun xeito especial. Seguimos metidxs no proxecto de "Galicia Máxica" e aproveitando que comezaba a pimavera, realizamos un Taller Waldorf de creación de seres máxicos. Dividímonos por ciclos e cada un encargouse de elaborar un ser diferente: bolboretas, ananos, fadas... Con diferentes lás de cores, fíos e imaxinación saíron estas fermosas creacións que podedes ver no seguinte video!
Con este taller e diferentes xogos damos por rematado este 2º trimestre!!
Agora toca desfrutar das vacacións!!
|
|||
03/05/2022 09:18
Europe/Madrid
Chega una nove edición de ARTELIXO do Condello de Redondela. Un ano máis, dene o cole, decidimos partcicipar nesta iniciativa, concienciando e ensinando así, a darlle un segundo uso os materias de refugallo. Aproveitando o noso proxecto, entre todo o alumnado, elaboramos unha maqueta dun antigo poboado castrexo. Nas seguintes imaxes podedes ver que artistxs están feitos os nenos e nenas do cole Angoren e fixádevos ben, que non falta detalle: castros, arbores, murallas, vexetación, animais...
|
|||
15/03/2022 16:29
Europe/Madrid
Durante os meses de xaneiro e febreiro estivemos inmersos na cultura galega e traballamos diferentes símbolos de protección. Nas clases de ARTS & CRAFTS elaboramos uns bonitos colares de arxila cos símbolos que máis nos gustou a cada un/unha de nós. Mirade que artistas e que ben nos quedaron!!
|
|||
07/12/2021 08:05
Europe/Madrid
Este libro nace do interese por descubrir a maxia que envolve a nosa terra e a nosa cultura e é froito da colaboración das familias coa escola. Agradecemos moitísimo as vosas magníficas achegas para que isto fose posible. Orgullosas e orgullosos do noso. Velahí vai!
|
|||
06/10/2021 20:51
Europe/Madrid
Comezamos un novo curso e con él, un novo proxecto cheo de maxia!! No mes de setembro cada aula estivo a decorar o seu pote máxico no que mesturaron toda a ilusión e gañas coa que emprendemos esta nova aventura!! Botáronlle imaxinación e creatividade...e velaquí que potes máis fermosos decoran os corredores do noso cole...
Que nos deparará o seguinte mes? |
|||
06/10/2021 13:23
Europe/Madrid
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "Galicia Máxica"
Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nas estrelas da imaxe. Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa maxia de Galicia, primando a parte práctica para afianzar os contidos. Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguen quere participar non dubide en contactar con nós! A por un curso máxico todxs xuntxs!!
|
|||
