BENVIDXS AO NOSO COLE!!!

                           

Iniciar sesión: Acceso

Saídas

WATERPOLO

20/01/2023 09:24
Europe/Madrid

Unha gran xornada de waterpolo na piscina

O alumando de 6° non lle ten medo á choiva, nin ao frío, nin moito menos ao reto que lles propuxemos: iniciarnos no waterpolo.

Pasamos unha mañá moi divertida xunto cos nosos compis do resto dos coles de Chapela (Igrexa-Chapela e Laredo) así como os monitores que nos guiaron e convidaron a esta fantástica experiencia!

Nos vos perdades o seguinte video!

 

CIRCO DE NADAL

12/12/2022 09:05
Europe/Madrid

Hoxe foi un día moi especial. O cole trasladouse ó Circo do Nadal. Decembro é un mes moi especial, cheo de maxia e ilusión. Esta época do ano ten un brillo especial e hoxe mergullámonos un pouquiño máis nela

Dende os máis pequenos de infantil ata os máis maiores de primaria, todos gozamos dun espectáculo máxico

Una historia que amosaba como con creatividade podemos atopar solucións ós contratempos e problemas. Así disque naceu a receita do Roscón de Reis

Dende acróbatas a malabaristas, foi unha xornada na que non faltaron as gargalladas nin as caras abraiadas.

TEATRO AFUNDACIÓN VIGO

17/11/2022 09:00
Europe/Madrid

O alumnado de eduación infantil e primeiro ciclo de primaria tivo a sorte de poder desfrutar dun marabilloso espectáculo titulado

"aventura de aburrirse" no Teatro Afundación de Vigo.

Rita é unha nena que a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día na casa da súa avoa, cun simple

parruliño de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes

sorprendentes…a experiencia foi...SIMPLEMENTE XENIAL!! 

 

CASA-MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

14/10/2022 21:44
Europe/Madrid

O pasado xoves, 13 de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria visitamos a vila de Padrón, onde se atopa a Casa-Museo de Rosalía de Castro.

Descubrimos a historia da súa vida e familia, e tamén profundizamos na súa obra. Un exemplo de escritora que defendeu a nosa lingua e cultura.

Aproveitamos o tempo e descubrimos tamén o xardín botánico. Encantounos pasear e merendar baixo esas árbores tan grandes e tan ben coidadas.

Ademais, estas saídas son esenciais para a convivencia e cohesión dos grupos.

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

03/05/2022 13:09
Europe/Madrid

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria viaxou no tempo para coñecer o tesouro agochado

nas salas de Arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra.

 

 
Distribuir contido