Novas secretaria |
02/03/2023 09:03
Europe/Madrid
Abrimos o prazo de solicitude de admision de novo alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2023 (ambos incluídos). Podedes pedir cita para entregar a documentación e facilitarvos o proceso no teléfono 886120405 ou a traves do correo do centro ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal Tedes adxunto nesta entrada o Anexo II de solicitude de praza e a continuación a documentación que tedes que traer:
Os prazos para o proceso de admisión son os seguintes:
- Solicitude de praza: 1-20 de marzo - Listaxe provisional: 25 de abril - Listaxe definitiva: 15 de maio - Formalización de matrícula: 20-30 de xuño
|
|||
24/02/2023 09:23
Europe/Madrid
Podedes consultar a continuación a oferta de prazas para o curso 2023-2024 |
|||
23/02/2023 09:04
Europe/Madrid
Comunicarvos que as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA resultaron todas admitidas. |
|||
17/01/2023 09:18
Europe/Madrid
Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria que vai cursar a ESO no IES CHAPELA Tedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear. Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. Na propia aplicación tedes un manual de instrucións para calquera dúbida. No caso de non querer reservar praza en devandito centro adscrito, tedes que comunicalo enviando un correo electrónico ao centro: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
|
|||
13/01/2023 09:11
Europe/Madrid
FAMILIAS!!! XA ESTAMOS AQUÍ!!!
Un ano máis comezamos as xornada de portas abertas para descubrir a maxia do Angorén. Podedes vir a coñecernos o MARTES, 28 DE FEBREIRO ás 18:00 Animámosvos a visitar as nosas instalacións reformadas, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos fomentando a conciliación familiar, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir. Mergulládevos nesta páxina web para ver o noso día a día ou no instagram: https://www.instagram.com/ceip_alexandre_boveda/
|
|||
24/10/2022 17:14
Europe/Madrid
Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso. POSTOS VACANTES 2 representantes de claustro 2 representantes de familias
CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS
|
|||||||||||||||||||||||
27/09/2022 08:54
Europe/Madrid
Xa está de volta a iniciativa de Amazon "Un clic para el cole". O curso pasado e o anterior conseguimos para o cole, grazas á vosa participación, unha tablet, un xogo, un robot para a biblioteca, uns pulsadores e material funxible. A ver que tal este curso!!
|
|||
01/09/2022 14:04
Europe/Madrid
O vindeiro martes, 6 de setembro, teremos as reunións iniciais coas familias nas aulas correspondentes a cada titoría no centro. A continuación aparece a hora por curso: 5ºEI: ás 11:00 6ºEI: ás 13:00 1ºEP: ás 13:00 2ºEP: ás 12:00 3ºEP: ás 10:00 4ºEP: ás 11:00 5ºEP: ás 13:00 6ºEP A: ás 12:00 6ºEP B: ás 12:00 |
|||
31/08/2022 16:47
Europe/Madrid
Aberto o prazo para solicitar axudas para comedor escolar no Concello de Redondela.
- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) e educación primaria (6-12 anos) - Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de setembro de 2022
Ligazón da páxina do Concello de Redondela: http://redondela.gal/es/subvenciones
Adxuntos: Bases da convocatoria Extracto publicado no BOPPO
|
|||
14/07/2022 13:07
Europe/Madrid
Aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material no Concello de Redondela. - Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) - Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de agosto de 2022
Ligazón da páxina do Concello de Redondela: http://redondela.gal/gl/subvencions
Adxuntos: Bases da convocatoria Extracto publicado no BOPPO Anexos I, II, III, IV |
|||
05/07/2022 12:00
Europe/Madrid
Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O xoves, 7 de xullo (de 9:30 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro.
* Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo. |
|||
02/07/2022 11:57
Europe/Madrid
Deixámosvos adxunto as listaxes provisionais de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adqusición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O martes, día 5 de xullo, publicaremos as listaxes definitivas e o xoves 7 (de 9:30 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales.
*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI. Calqueira dúbida, contactade co colexio. |
|||
28/06/2022 08:37
Europe/Madrid
Publicamos a continuación as datas sobre as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023:
Publicación das listaxes provisionais: venres 1 de xullo
Publicación das listaxes definitivas: martes 5 de xullo
Recollida de vales (libros de texto e material): xoves 7 de xullo (9:00-14:00)
*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.
Os libros de fondo solidario entregaranse en setembro ao comezo de curso.
Calquera dúbida podedes chamar ao 886120405 ou mandar un correo a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal |
|||
27/06/2022 11:33
Europe/Madrid
Aquí vos deixamos a lista dos libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023 |
|||
14/06/2022 17:33
Europe/Madrid
O alumnado de nova incorporación de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2022/2023 deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013. Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada: formalización de matrícula e actualización de datos. Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
|
|||
07/07/2022 10:26
Europe/Madrid
Está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo dende o 19 de maio ata o 30 de setembro. Para máis información podedes consultar o archivo anexo a esta publicación ou o seguinte enlace web |
|||
19/05/2022 09:12
Europe/Madrid
Xa está publicado no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2022-2023.
O alumnado que pode solicitar estas axudas é: - 1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material. - 3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.
* Presentación de solicitudes: ata o 22/06/2022
Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ 1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:
2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:
Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES Para máis información sobre a Chave 365: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).
4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"
5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.
7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.
Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade... O horario de presentación no centro será os luns e mércores de 9:00-9:30, os martes de 16:00-18:00 ou os xoves e venres de 13:00-13:30. No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.
A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2020.
Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405. |
|||
09/05/2022 11:08
Europe/Madrid
Informamos ás familias que todo o alumnado que realizou a solicitude de admisión dentro do prazo para o curso 2021/2022 están admitidos no centro.
A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Tedes que chamar a partir do 13 de xuño para solicitar cita para acudir ao centro nesas datas.
Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405. |
|||
19/04/2022 13:28
Europe/Madrid
Todo o alumnado que solicitou praza (antes do 21 de marzo) para o vindeiro curso 22/23 está admitido de xeito provisional.
Antes do 15 de maio actualizaremos as solicitudes a definitivas.
Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal o chamar ao 886120405. |
|||
03/03/2022 14:35
Europe/Madrid
Abrimos o prazo de solicitude de admision de novo alumnado: do 1 ao 21 de marzo de 2022. Podedes pedir cita para entregar a documentación e facilitarvos o proceso no teléfono 886120405 ou a traves do correo do centro ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal Tedes adxunto nesta entrada o Anexo II de solicitude de praza e a continuación a documentación que tedes que traer:
Na seguinte táboa podedes consultar os prazos para o proceso de admisión:
|
|||||||||||||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
