ANPA |
02/11/2020 14:54
Europe/Madrid
A Asociación de Nais e Pais dxs alumxs do CEIP Plurilignüe Alexandre Bóveda está en constante relación co centro ofrecendo apoio na súa dinámica e celebracións. A ANPA Os Muiños é e encargada dos servizos de madrugadores, comedor escolar e actividades extraescolares. Se necesitades poñervos en contacto podedes facelo no 617395139 ou no correo anpaosmuinos@gmail.com Tamén podedes ver as súas novas no seu blogue, páxina de facebook, instagram ou no twitter (premer en cada logo para acceder).
|
|||
29/09/2022 14:20
Europe/Madrid
|
|||
17/02/2022 16:08
Europe/Madrid
Familias!! Poñémonos en contacto con vós para informarvos que a Deputación de Pontevedra reiniciou o programa “En ruta coa Depo” dirixido a entidades sociais da provincia de Pontevedra. Este programa ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. Solicitaranse as seguintes rutas: Prioridade 1 Ruta 22 Illas Cíes: Illas Cíes e barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. (prioridade para otras asociacións) Esta ruta se realizará solamente cuando opere el barco. Comida tipo pícnic. Prioridade 2 Ruta 30: Pontevedra e Marín: senda do Río Lérez, Apípolis, Granxa de Briz, Lago Castiñeiras e contorno do Ecoparque ( seleccionada pola deputación para Anpas). Prioridade 3 Ruta 31: Barro: parque da natureza do río Barosa; Campo Lameiro: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre; Valga: Fervenzas de Raxoi e Pedrafita, área recreativa e praia fluvial de Ponte Valga. ( seleccionada pola deputación para Anpas).
Precisamos que vos anotedes se estades interesados e cubrades e devolvades a través dos titores, buzón o mail. Máis información no documento adxunto nesta entrada Animádevos!! |
|||
13/09/2021 14:03
Europe/Madrid
|
|||
13/09/2021 11:20
Europe/Madrid
Dende a ANPA Os Muiños comunícannos que hai novas eleccións. Adxuntamos a circular para que podades ver as vacantes e a organización.
O calendario electoral será o seguinte: Apertura do prazo de presentación de candidaturas: 13/9/21 Publicación de listas provisionais: 23/9/21 Publicación de listas definitivas: 29/9/21 Asemblea electoral e votacións: 20/10/21 Toma de posesión do novo equipo directivo: 31/10/21 |
|||
INFORMACIÓN DE KOREMI SOBRE O CAMPAMENTO Para información e matrículas poden contactar a través do enderezo electrónico koremi (clic enriba) chamár aos teléfonos 678415501 - 685203756. CÓMO SE REALIZA A INSCRICIÓN: A inscrición se realizará en fomato online cubrindo o seguinte formulario: FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPAMENTO VERÁN ALEXANDRE BÓVEDA: https://forms.gle/QYifwfNxDrE392JS6. DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA COMPLETAR A MATRÍCULA: Esta documentación principalmente debe enviarse por email a koremi@koremi.es para intentar evitar a maior cantidade de papel (pode facerse mediante escaneo ou en formato foto):
FORMA DE PAGO: Ingreso en conta bancaria que aparece a continuación:
Grazas e saúdos. |
|||
00/00/
Array
O pasado venres 16 festexamos o Magosto no Angorén. Despois dos xogos populares e da degustación de castañas (Grazas á ANPA), finalizamos a xornada festiva con esta cantiga e baile.
|
|||
|
|||
Vos deixamos estos vídeos das exhibicións de baile e taekwondo deste curso 2017/2018.
|
|||
Este ano a ANPA “OS MUÍÑOS” decidiu participar no entroido de Chapela cun disfrace de “EMOTICONOS”. Resultou unha proposta moi divertida e apuntouse moita xente. A presidenta da ANPA e moitas nais colaboraron desinteresadamente no deseño e elaboración dos disfraces, invertindo moitas horas en varias tardes previas ao entroido de Chapela e polo cal agradecemos todos e todas o seu esforzo. O pasado venres 20 de febreiro, celebrouse o entroido do Berete en Chapela despois de aplazarse polo mal tempo. O grupo de participantes xuntámonos no comedor do colexio para maquillarnos e rematar os últimos detalles. A continuación, baixamos todos xuntos ata o Alto da Encarnación e os “EMOTICONOS “ colocámonos en primeira posición para dar comezo á comitiva do Berete que desfilou polas rúas de Chapela desde o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga. Foi un desfile moi divertido e todos e todas, grandes e pequenos pasárono en grande e gozaron bailando e cantando ao ritmo da música. Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos. |
|||
