28/06/2022 08:37
Europe/Madrid
Publicamos a continuación as datas sobre as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023:
Publicación das listaxes provisionais: venres 1 de xullo
Publicación das listaxes definitivas: martes 5 de xullo
Recollida de vales (libros de texto e material): xoves 7 de xullo (9:00-14:00)
*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.
Os libros de fondo solidario entregaranse en setembro ao comezo de curso.
Calquera dúbida podedes chamar ao 886120405 ou mandar un correo a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal |
|||
27/06/2022 11:33
Europe/Madrid
Aquí vos deixamos a lista dos libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023 |
|||
22/06/2022 12:49
Europe/Madrid
Dende a biblioteca da Caracola Tola queremos despedir este curso cás seguintes recomendación lectoras para o verán
Desfrutade das mellores lecturas en familia!! Bo verán!! |
|||
14/06/2022 17:33
Europe/Madrid
O alumnado de nova incorporación de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2022/2023 deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013. Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada: formalización de matrícula e actualización de datos. Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
|
|||
27/06/2022 12:43
Europe/Madrid
E co curso a piques de rematar....sae unha nova edición da nosa revista "FOLERPAS 2022" Esperemos que pasedes un bo rato lendo e desfrutando da revista e que vos guste tanto como a nós!! https://issuu.com/noemimoreiracousido/docs/folerpas_2022 A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un bo verán...vémonos en setembro cas mesmas ou máis gañas!!
|
|||
31/05/2022 18:07
Europe/Madrid
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de maio. Bo proveito! |
|||
25/05/2022 13:09
Europe/Madrid
A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2022, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival. O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 24 de maio ata o día 3 de xuño. O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres e, tanto o horario coma os meses nos que se levará a cabo o programa, estarán suxeitos á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria pola COVID-19, pudendo sufrir variacións. Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.
|
|||
19/05/2022 09:12
Europe/Madrid
Xa está publicado no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2022-2023.
O alumnado que pode solicitar estas axudas é: - 1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material. - 3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.
* Presentación de solicitudes: ata o 22/06/2022
Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ 1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:
2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:
Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES Para máis información sobre a Chave 365: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).
4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"
5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.
7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.
Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade... O horario de presentación no centro será os luns e mércores de 9:00-9:30, os martes de 16:00-18:00 ou os xoves e venres de 13:00-13:30. No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.
A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2020.
Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405. |
|||
19/05/2022 13:12
Europe/Madrid
Este ano achegámonos a figura de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, homenaxeado nas Letras Galegas. Cada titoría realizou diferentes traballos para poder expoñelos e amosarlle as familas canto aprendimos sobre este autor. O alumnado realizou caricaturas, ilustraron poemas, crearon unha biblioteca cas súas obras máis coñecidas, mapas mentáis da súa vida e obra... Queremos compartir todo este traballo ca nosa localidade, por iso, o alumnado de 6º colocará en diferentes sitios de Chapela os distintos murais que podedes ver a continuación:
Xa sabedes, toca dar un pase pola zona a ver se os atopades todos!! FELICES LETRAS GALEGAS 2022!!
|
|||
18/05/2022 10:32
Europe/Madrid
O luns, 15 de maio celebramos o " XXVI Maratón das Letras Galegas " Este ano, tocou organizalo dun xeito diferente, xa que seguimos sen poder desfrutar dunha xornada de convivencia co resto dos centros de Chapela. Preparamos o percorrido dentro do centro para que cada curso puidese demostrar que a pesar do covid, seguimos estando en forma.
Todo o alumnado, vestido ca nova camiseta do cole, pasou unha xornada diferente pero moi divertida. Por quendas, dende os máis pequenos do cole ata o profesorado e familias amosaron as súas habilidades como expertxs corredorxs!!
Na meta, esperábannos a nosa ANPA cunha rica merenda que tomamos ao rematar!! Gracias!! |
|||
18/05/2022 10:48
Europe/Madrid
O pasado 12 de maio, o alumnado de 5º de primaria realizou unha saída á Biblioteca Municipal de Chapela Xela Arias onde nos esperaba María José cunha actividade moi especial na que o alumnado aprendeu lendas, festas, ditos populares e curiosidades sobre mitoloxía de Galicia
Despois non podíamos irnos sen aproveitar os raios de sol e o parque que tíñamos ó lado!!
|
|||
11/05/2022 17:00
Europe/Madrid
No adxunto desta entrada podedes informarvos do Plan Xeral de Atención á Diversidade do noso centro. |
|||
11/05/2022 16:20
Europe/Madrid
Nesta entrada podedes informarvos, a través do documento adxunto, das normas de organización e funcionamento do centro. |
|||
10/05/2022 18:19
Europe/Madrid
No seguinte documento adxunto recóllense os criterios de cualificación de todos os cursos de educación primaria e especialidades do curso 2021 - 2022 |
|||
09/05/2022 11:08
Europe/Madrid
Informamos ás familias que todo o alumnado que realizou a solicitude de admisión dentro do prazo para o curso 2021/2022 están admitidos no centro.
A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Tedes que chamar a partir do 13 de xuño para solicitar cita para acudir ao centro nesas datas.
Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405. |
|||
05/05/2022 10:51
Europe/Madrid
“AÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO…” Canto gozamos das tradicións galegas, nesta segunda xornada dos maios Velaquí un anaquiño das nosas coplas. Un aplauso, artistas!
E como non, non podían faltar as coplas dos nosos mestres e, xa por fin este ano, a participación das familias cunha representación das mesmas. Moitísimas gracias a todos/as por esta xornada de Maios 2022. Para o ano máis e mellor!!
O noso cole está cheo de grandes artistas!!! Bravo!!
|
|||
20/05/2022 11:29
Europe/Madrid
MAIO: MES DE FLORES, DE COPLAS E DE TRADICIÓNS
A mañá comezou cunha sorpresa que o Beretiño deixara en todas as titorías: unha xesta e unha carta explicando o uso deste amuleto de protección. src="/centros/ceipalexandreboveda/system/files/u2/FR6fkWUXoAI7BOz.jpg" alt="" width="344" height="343"> Xa dende ben cedo, baixamos á pista, onde os profes organizaran obradoiros para a elaboración conxunta do maio. Fíxonos moita ilusión!! Despois dunha mañá de traballo velaquí o resultado. Parabéns a toda a comunidade educativa por facelo posible. Agora toca ir afinando as gorxas para mañá!!! |
|||
04/05/2022 08:22
Europe/Madrid
O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o xoves día 28 de abril a Radio Vigo. Foi unha visita na que houbo un traballo previo no centro e na que todos crearon un programa de radio. Alí, tivemos a oportunidade de grabar unha cuña para a promoción do noso centro e ademáis, coñecer as diferentes instalacións.
Posteriormente, baixamos a TeleVigo, onde disfrutamos vendo o set de control e como se crea a pragramación dunha canle de televisión. Ademáis, gozamos moito facendo preguntas e sendo os presentadores dun telexornal!!
Nos anexos podedes escoitar o resultado destes fantásticos Podcast!!! |
|||
03/05/2022 13:14
Europe/Madrid
Neste mes tan especial para as bibliotecas leváronse a cabo actividades no exterior do cole para todo o alumnado. Grazas a especialista de música e a voluntariedade dalgúns nenxs fixeron "RECREOS MUSICAIS". Con grandes actuacións para o resto do cole!!
Ademáis xs nenxs de 5º crearon uns CONTACONTOS fantásticos cunha posta a punto única. Como nos gusta celebrar e compartir!
Culminamos o mes coa celebración polo "Día do Libro" coa proposta "Enfeitízate coa lectura", moi relacionado co noso proxecto deste ano "Galicia Máxica". Así todo o alumnado do cole fixo recomendacións lectoras en pócemas máxicas para enfeitizarnos coa lectura de diferentes contos. Encántanos compartir gustos e ver o cole coas nosas propostas.
O teu navegador non soporta este vídeo. |
|||
03/05/2022 13:09
Europe/Madrid
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria viaxou no tempo para coñecer o tesouro agochado nas salas de Arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra.
|
|||
