Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

25/01/2022 19:53
Europe/Madrid

FAMILIAS!!! XA ESTAMOS AQUÍ!!!

Se estades buscando ensinanza individualizada, ratios pequenas,

unha aprendizaxe manipulativo basado na experiencia e

fomento da lingua inglesa dende os 3 anos...

ESTE É O TEU COLE!!!

 

Un ano máis comezamos as xornada de portas abertas para descubrir a maxia do Angorén.

Podedes vir a coñecernos os martes de febreiro solictando cita previa a través do noso teléfono: 886120405

ou no enderezo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

Animámosvos a  visitar as nosas instalacións reformadas, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos fomentando a conciliación familiar, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir.

Mergulládevos nesta páxina web para ver o noso día a día ou no twitter do cole: https://twitter.com/AngorenCole ou no instagram: https://www.instagram.com/ceip_alexandre_boveda/

 Tedes adxunto nesta páxina a solicitude de admisión e as ordes que regulan todo o proceso.

  

"A CARACOLATOLA PREGUNTA"

25/01/2022 10:57
Europe/Madrid

No mes de xaneiro comezamos cunha nova sección na Biblio:

 A Caracolatola pregunta!  

 

No panel da biblioteca irédesvos atopando misteriosas preguntas que teredes que investigar e meter a resposta no buzón.

E os/as que acerten levarán un premio!!

Atentos/as á radio do cole que avisará cada quincena das novas preguntas e dos gañadores/as de cada unha.

Decembro na Biblioteca Caracolatola

25/01/2022 10:35
Europe/Madrid
Decembro é un mes máxico e dende a biblioteca Caracolatola propuxemos diferentes actividades para o alumnado.
 
"Mercadillo solidario"
 
 
Durante este mes, levouse a cabo no centro un mercadillo solidario que consistiu en intercambiar alimentos non perecedeiros (pasta, arroz, galletas...), por libros purgados da nosa biblioteca e así fomentar tamén o gusto pola lectura. Recaudamos 217 kilos que donamos ao Banco de alimentos de Vigo.
 
Destacar que foi todo un éxito grazas á participación de toda a comunidade educativa.
 
 
  
"Calendario de inverno"
 
En decembro tamén desenvolvemos unha actividade relacionada co calendario de Advento.
 
Na biblioteca colocamos un calendario xigante con sorpresas para cada día. Para poder conseguir este agasallo tiñan que superar un reto cada curso.
A recompensa de cada día era un libro novo para a biblioteca relacionado con esta temática. 
 
 
 
Despedimos o trimestre a través da RADIO para que todo o alumnado escoitara unhas palabras de todos/as os compañeiros e compañeiras do centro.
 
 
 
 

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO

17/01/2022 13:57
Europe/Madrid

Unha vez recibida a información da Consellería de Sanidade sobre os novos protocolos de xestión epidemiolóxica ante a aparición de casos COVID-19 en centros educativos, presentámosvos os principais aspectos a ter en conta:


            

Adxúntase nesta entrada o novo protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico, así como o protocolo de utilización e xestión dos test de antíxenos en saliva.

RESERVA PRAZA IES

25/01/2022 08:25
Europe/Madrid
Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2022-2023 para o alumnado de 6º de Primaria  que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA.
 
       Tedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear.
    
 
Deixamos adxunto a solicitude de reserva nesta entrada.

MENÚ COMEDOR XANEIRO 2022

10/01/2022 09:10
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o menú do comedor do mes de xaneiro.

Bo proveito!

 

NADAL 2021

22/12/2021 08:04
Europe/Madrid

  Os días 20 e 21 de decembro gozamos dunhas xornadas típicas das datas nas que estabamos...

Comezamos o luns 20 todxs co noso xerxei navideño desfrutando dun espectáculo de máxia organizado por "Máxia na manga" onde puidemos visualizar diferentes trucos cos que quedamos abraiadxs!!

O martes tiñamos una celebración especial para rematar o noso primeiro trimestre deste curso...BADALADAS DE FIN DE ANO con lacasitos de chocolate e...cun invitado moi especial...

XOSÉ RAMÓN GAYOSO!! Feliz ano novo!!

Para despedirnos, cada clase baixaron a radio da biblioteca para felicitar dun xeito especial ao resto dxs compañeirxs do colexio!!

A continuación deixámosvos un resumo do máis salientable deses deías: 

 

BADALADAS 2021

21/12/2021 10:01
Europe/Madrid

 

E que mellor maniera de rematar o trimestre que celebrando FIN DE ANO!!

Despois de todo o traballo e esforzo destes primeiros meses...chegan as BADALADAS 2021 do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda cun invitado moi especial!!

Preparade as 12 uvas e...pinchade na imaxe!! Bo proveito!!

BO NADAL E FELICES FESTAS!!

FESTIVAL DE NADAL

20/12/2021 09:09
Europe/Madrid

Xa está aqui...xa chegou....

Despois de moitos ensaios, está listo o noso FESTIVAL DE NADAL 2021 para que toda a comunidade educativa poida desfrutar con él!!

Estes nenos e nenas están feitos uns artistas...non quitedes ollo!!

 

 

AGASALLA EN GALEGO

17/12/2021 08:04
Europe/Madrid

Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa comunidade. Por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais:

 

“AGASALLA EN GALEGO”

Ver las imágenes de origen

 

Deixámosvos unhas recomendacións lectoras e musicais para regalar cultura nestas datas tan sinaladas!

 

Esperamos que vos gusten e os nenos e nenas desfruten con eles.

Se queredes compartilo con toda a comunidade educativa podedes mandar una foto co agasallo ao correo do cole: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal especificando: Agasalla en galego e o nome e curso do alumno/a.

 

  “Se queres aventuras lánzate á lectura”  

 

    

  

 

 

LENDAS POPULARES. "GALICIA MÁXICA"

07/12/2021 08:05
Europe/Madrid

Este libro nace do interese por descubrir a maxia que envolve a nosa terra e a nosa cultura e é froito da colaboración das familias coa escola.

Agradecemos moitísimo as vosas magníficas achegas para que isto fose posible.

Orgullosas e orgullosos do noso.

Velahí vai!

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2021

03/12/2021 15:03
Europe/Madrid

Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Fucional.

Dende o cole traballamos durante esta semana sobre as diferentes capacidades que temos todos e todas.  A uns e unhas dásenos ben cantar, bailar, a outros e outras as matemáticas, o inglés, cociñar, xogar o fútbol, o xadrez pero o que si temos claro é:

QUE TODOS E TODAS SOMOS IGUAIS NAS COUSAS IMPORTANTES DA VIDA:

DIVERTIRNOS

TER AMIGOS E AMIGAS

QUERERNOS

SOÑAR

DESFRUTAR

Por iso,non debemos esquecer que todos e todas estamos

BAIXO O MESMO PARAUGAS.

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DO NADAL

03/12/2021 12:01
Europe/Madrid

Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

As actividades darán comezo o 22 de decembro e rematarán o 7 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24 e 31 de decembro). 

A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada.

Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 10 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos.

Para máis información pinchade no seguinte enlace:

http://redondela.gal/es/anuncios

MENÚ COMEDOR DECEMBRO 2021

30/11/2021 10:36
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o menú do mes de decembro.

Bo proveito!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2021 17:32
Europe/Madrid

 RECEITAS POLA IGUALDADE 

Hoxe foi un día especial, tanto, que festexamos o Día Internacional contra a violecia de Xénero.

Como non podía ser menos, dende o centro propuxemos a realización de receitas marabillosas para tratar a igualdade.
Nas aulas creamos fórmulas especiais para combater este mal que tanto dano fai á humanidade.
Saíron mesturas realmente boas que, se se levasen á practica, poderían ser moi beneficiosas para todos e todas!

Tomade boa nota delas! ;)

     

 

Día Universal da Infancia 2021

19/11/2021 13:23
Europe/Madrid

O 20 de Novembro celébrase o Día Universal da Infancia, é unha ocasión especial para que todos e todas coñezamos os dereitos dos nenos e nenas e recordar a importancia de traballar para acadar o benestar de todos eles/elas.

Este ano a celebración deste día tan especial para o noso alumnado vai ligado ao proxecto de "Galicia Máxica" baixo o lema “A Infacia é Maxia".

Preme no vídeo para coñecer os seres máxicos do noso cole e como quedou a entrada ao centro.

AXUDA MÁSCARAS

16/11/2021 11:01
Europe/Madrid

Deixámosvos adxunto a listaxe de alumnado que recibirán máscaras por parte do centro por ser beneficiario da axuda de material escolar.

Unha vez dispoñibles manderémolas a través do alumnado xunto cun recibí que debe volver ao día seguinte firmado.

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material poderá solicitalas cubrindo o ANEXO I e II (adxunto nesta publicación) entregándoa do 15 ao 26 de novembro de forma presencial no centro pedindo cita previa a través do teléfono: 886120405.

 

Este alumnado deberá cumprir algunhas das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Podedes consultar a información no seguinte enlace: Orde DOG Venres, 12 de novembro de 2021 (xunta.gal)

MAGOSTO 2021

16/11/2021 08:23
Europe/Madrid

SAMAÍN 2021

09/11/2021 15:55
Europe/Madrid

“Queimada de protección contra o mal de lingua”

Nalgúns lugares de Galicia, os/as pequenos/as saen cada ano, no día de Defuntos a pedir unha esmola polos que xa non están.

O pasado 29 de outubro, para festexar o Samaín, levamos esta fermosa tradición á nosa escola. Todo o alumnado e os/as mestres/as pasamos por todas as aulas pedindo dita esmola.

“Unha limosniña polos defuntiños que van alá”

Cada aula agasallou a cada grupo cun dos elementos necesarios para elaborar a nosa especial “Queimada de protección contra o mal de lingua”: zume de arándanos e froitos vermellos, lambetadas, chocolates,… e unha especial insignia.

Con todos estes elementos, cada grupo elaborou unha deliciosa queimada, ritual durante o cal recitaron os magníficos conxuros que prepararan nas aulas.

Que mellor fin de festa de Samaín que un desfile de terroríficos disfraces e baile ao son de escalofriantes melodías.

 

 
 

Pasámolo de medo!

No noso Twitter podedes acceder a todas as fotos e videos: https://twitter.com/AngorenCole

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

04/11/2021 13:00
Europe/Madrid

 

ELECCIÓNS  CONSELLO ESCOLAR

Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso.

POSTOS VACANTES:

3 representantes de claustro 

2 representantes de familias

· 

CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS

Día 29  de Outubro Sorteo Público Xunta Electoral ( 1 Profesorado - 1 Familias)

- Titular: Beatriz Vidal Ferreira

 

- Titular: Jorge Cobelas Sobrino

 

Día 3 de Novembro Constitución Xunta Electoral

Día 4 de novembro de 2021

·        Publicación do Censo no taboleiro interior do centro. Poderase presentar reclamacións na Secretaría, dirixidas a Xunta Electoral, ata o día 12 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de reclamación poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).

 

·      Presentación candidaturas iníciase o 5 de novembro e remata ás 14 horas do día 12 de novembro. Os modelos de candidaturas poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).

    

Día 15 de novembro de 2021

 Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) para:

- Resolver as reclamacións ó Censo

- Proclamación pública de candidaturas presentadas.

Sorteo dos compoñentes da Mesa Electoral de familias.

 

Día 8 de novembro de 2021

Reunión Claustro ás 13:45 horas:

·        

o    Lectura normas das eleccións.

·        

o    Fixar data Claustro extraordinario para as eleccións do sector de Profesores.

 

Día 17 de novembro de 2021

Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas (se hai reclamacións á proclamación de candidaturas)

Día 23 de novembro de 2021

VOTACIÓNS:

·        

Pais/nais:              De 8:45   a   9:30.- De 13:00   a   14:00.- De  15:45   a   17:45

·        

Mestres:                Claustro extraordinario ás 18:00 horas

 

Día 24 de novembro de 2021

Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas para:

·        

Supervisar as actas das mesas electorais e resolver as reclamacións.

·        

Proclamar candidatos electos.

·        

Enviar actas á Xefatura Territorial e comunicación do prazo de reclamacións.

 

Día 30 de novembro de 2021

·        

Constitución do novo Consello Escolar, ás 18:00h

 

Antes do 17 de decembro de 2021

·        

Envío de actas Xefatura territorial

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut