Servizos |
02/11/2020 14:35
Europe/Madrid
O noso centro educativo conta cos seguintes servizos complementarios:
|
|||
25/05/2022 13:09
Europe/Madrid
A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2022, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival. O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 24 de maio ata o día 3 de xuño. O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres e, tanto o horario coma os meses nos que se levará a cabo o programa, estarán suxeitos á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria pola COVID-19, pudendo sufrir variacións. Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.
|
|||
03/12/2021 12:01
Europe/Madrid
Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. As actividades darán comezo o 22 de decembro e rematarán o 7 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24 e 31 de decembro). A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada. Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello. O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 10 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos. Para máis información pinchade no seguinte enlace: http://redondela.gal/es/anuncios |
|||
MADRUGADORES De luns a venres de 07:45 a 08:45. Servizo de gardería con ou sen almorzo. Posibilidade de aumentar horario falando coa ANPA. *Baixo demanda
COMEDOR De luns a venres de 13:45 a 15:45. Catering Calidus. Menús de cada mes en "Comedor" na páxina web.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES De luns a venres de 15:45 a 18:00. Máis información en ANPA
TELÉFONO DE CONTACTO DA ANPA 617 39 51 39 |
|||
