Iniciar sesión: Acceso

ANPA

ANPA

CANDIDATURAS PROVISIONAIS ANPA

Candidaturas provisionais ANPA

Campamento de verán

Información sobre os campamentos de verán 2018.

A ANPA "OS MUINHOS" NO BERETE

Neste Entroido 2018 a Anpa participou no "Enterro do Berete", cunha comparsa sobre "O circo". Podedes acceder no enlace a uns anaquiños do ben que o pasamos.

Agradecemos a colaboración das familias que fixeron que isto fose posible.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1ILZXmY4lN-OdtfTCgjgTUQ6Qs6-AjVaI...

EXHIBICIÓN DE BAILE

Vos deixamos estos vídeos das exhibicións de baile e taekwondo deste curso 2017/2018.

 

ANPA "OS MUIÑOS" NO BERETE 2016

Este ano a ANPA “OS MUÍÑOS” decidiu participar no entroido de Chapela cun disfrace de “EMOTICONOS”. Resultou unha proposta moi divertida e apuntouse moita xente. A presidenta da ANPA  e moitas nais colaboraron desinteresadamente no deseño e elaboración dos disfraces, invertindo moitas horas en varias tardes previas ao entroido de Chapela e polo cal agradecemos todos e todas o seu esforzo.


O pasado venres 20 de febreiro, celebrouse o entroido do Berete en Chapela despois de aplazarse polo mal tempo. O grupo de participantes xuntámonos no comedor do colexio para maquillarnos e rematar os últimos detalles. A continuación, baixamos todos xuntos ata o Alto da Encarnación e os “EMOTICONOS “ colocámonos en primeira posición para dar comezo á comitiva do Berete que desfilou polas rúas de Chapela desde o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga. Foi un desfile moi divertido e todos e todas, grandes e pequenos pasárono en grande e gozaron bailando e cantando ao ritmo da música. Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos.








FESTA DE NADAL 2015

O pasado venres 18 de decembro tivo lugar a festa de Nadal da ANPA "OS MUIÑOS" no pavillón do colexio. Os asistentes puideron participar en diferentes obradoiros: maquillaxe, globoflexia, debuxo e pintura, creación de chapas personalizadas,.. Ademais puideron gozar de boa música, bebida e comida que aportaron as familias e un estupendo chocolate quente con roscón que a ANPA regalou aos asistentes á festa. Foi todo un éxito! E para rematar, recibimos a visita dunhas personaxes moi especiais que puxeron un fin de festa fantástico e repartiron caramelos a todas e todos. Deixamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.





OFERTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015-16

A oferta de actividades extraescolares para o curso 2015-16 é a que se amosa nos seguintes anexos:

Á BUSCA DO TESOURO

Para celebrar a chegada do NADAL, o ANPA organizou unha busca do tesouro, e isto foi o que aconteceu.

FESTA DE NADAL

O venres tivemos a festa de Nadal do ANPA, que foi todo un éxito. Se queredes ver como o pasamos, non tedes máis que mirar as nosas caras.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

COUSAS, COUSIÑAS...

DE INTERESE