Proxecto 22/23 "MasterCeip" |
17/01/2023 12:28
Europe/Madrid
Vai rematando o trimestre e queremos que o cole cheire a Nadal, por iso, coñecimos a receita do brownie da man de Santi, chef redondelán de "Gastrobar 78", que nos ensinou o segredo deste postre tan delicioso, degustando tamén uns aperitivos riquísimos e co que nos chupamos os dedos pequenxs e non tan pequenxs!! Moitísimas gracias por pasar esta dulce xornada con nós!! |
|||
18/01/2023 09:46
Europe/Madrid
Seguimos inmersos no proxecto de MasterCeip e durante o mes de novembro nas distintas aulas traballamos experimentos relacionados ca cociña. Os máis pequenos con maicena, cocacola, mentos, colorante... creamos un volvan e fluído non newtoniano!! Que ben o pasamos no laboratorio!!
Noutra clase das clases investigamos sobre as herbas aromáticas. Os nenos e nenas foron traendo á aula plantas moi interesantes: herba luísa, romeu, lavanda... Aprendemos os seus nomes, experimentamos cos seus aromas e fixemos estes estupendos perfumes, aos que ademais lles puxemos un nome. Finalmente plantamos estas herbas na nosa horta.
|
|||
16/11/2022 09:17
Europe/Madrid
No mes de outubro traballamos, dentro do proxecto de centro "MasterCeip" os froitos de outono. Dita estación ofrécenos un montón de actividades con elementos naturais, os cales, aproveitamos para coñecelos, manipular e experimentar como tanto nos gusta Unha familia tróuxonos diversas variedades de millo que tivemos que debullar e aproveitamos para experimentar, facer operacións matemáticas cos grans, pesalos na báscula, pintamos coa espiga verdadeiras obras de arte...
Tamén fixemos receitas coas familias, nas que incorporamos algúns froitos da época.
Canta diversión con elementos naturais!! Os maiores, aproveitando que neste mes realizamos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón, apañamos castañas dun dos castiñeiros do seu xardín. Agora, agardamos que pronto agrome o noso "Souto de Rosalía".
|
|||
24/10/2022 15:52
Europe/Madrid
O día 16 de outubro foi o día internacional da alimentación e desde o cole, aproveitando o proxecto de MasterCeip, quixemos realizar un obradoiro de almorzo saudable e solidario, xa que ademais de gozar dunha merenda rica, trouxemos alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos. Aproveitamos para traballar algunhas das metas que nos marcan os ods: - Poñer fin a fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible. - Garantir unha vida sa e promover o benestar para todxs en todas as idades
Que boa maneira de comezar a semana!! Gracias familias polas vosas donacións!! |
|||
21/10/2022 12:06
Europe/Madrid
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "MasterCeip" Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nos diferentes utensilios de cociña. Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa cociña, alimentación, gastronomía de Galicia... primando a parte práctica para afianzar os contidos. Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguén quere participar non dubide en contactar con nós! Estade conivadxs!!
A por un curso delicioso todxs xuntxs!! |
|||
