Skip to Content

FROITOS DE OUTONO

16/11/2022 09:17
Europe/Madrid

No mes de outubro traballamos, dentro do proxecto de centro "MasterCeip" os froitos de outono.

Dita estación ofrécenos un montón de actividades con elementos naturais, os cales, aproveitamos para coñecelos, manipular e experimentar como tanto nos gusta

Unha familia tróuxonos diversas variedades de millo que tivemos que debullar e aproveitamos para experimentar, facer operacións matemáticas cos grans, pesalos na báscula, pintamos coa espiga verdadeiras obras de arte...

                       

 

 

 

Tamén fixemos receitas coas familias, nas que incorporamos algúns froitos da época.

 

Canta diversión con elementos naturais!!

Os maiores, aproveitando que neste mes realizamos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón, apañamos castañas dun dos castiñeiros do seu xardín. Agora, agardamos que pronto agrome o noso "Souto de Rosalía". 

 

AdxuntoTamaño
4º-EI.mp45.4 MB


blog | by Dr. Radut