Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA ALIMENTACIÓN

24/10/2022 15:52
Europe/Madrid

O día 16 de outubro foi o día internacional da alimentación e desde o cole, aproveitando o proxecto de MasterCeip, quixemos realizar un obradoiro de almorzo saudable e solidario,  xa que ademais de gozar dunha merenda rica, trouxemos alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos.

Aproveitamos para traballar algunhas das metas que nos marcan os ods:

- Poñer fin a fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible.

- Garantir unha vida sa e promover o benestar para todxs en todas as idades

 

   

  

Que boa maneira de comezar a semana!!

Gracias familias polas vosas donacións!!



blog | by Dr. Radut