Skip to Content

DÍA DA PAZ

01/02/2023 09:09
Europe/Madrid

Hoxe desfrutamos do Día da Paz baixo o lema “bocado a bocado, comparte con quen tes o lado”.

Fixemos unha gran merenda na que puidemos gozar da compañía das outras compañeiras e compañeiros do cole, compartindo a nosa comida. Desta forma, puxemos en práctica actos como o establecemento das relacións sociais, a compartición, a unión, a diversidade culinaria, o respecto…

         

        

Non puidemos comer unha mellor merenda e desfrutar máis do Día da Paz no cole Angorén!!

                                                              

WATERPOLO

20/01/2023 09:24
Europe/Madrid

Unha gran xornada de waterpolo na piscina

O alumando de 6° non lle ten medo á choiva, nin ao frío, nin moito menos ao reto que lles propuxemos: iniciarnos no waterpolo.

Pasamos unha mañá moi divertida xunto cos nosos compis do resto dos coles de Chapela (Igrexa-Chapela e Laredo) así como os monitores que nos guiaron e convidaron a esta fantástica experiencia!

Nos vos perdades o seguinte video!

 

CELEBRATING 100 DAYS OF SCHOOL

18/01/2023 10:03
Europe/Madrid
Celebramos 100 días vindo ó cole; descifrando códigos, creando gafas, coloreando, facendo grafismo, conteo, pulseiras…. Traballaron a
poesía Haiku, 100 palabras positivas en distintos idiomas, melloraron o cálculo, crearon escritos e estableceron propósitos para cando teñan una centena de anos!!! O alumnado do Alexandre Bóveda aproveitou esta celebración para interiorizar, aprender, lograr e o que é máis importante, SUPERARSE!
 
   
    
  
 
 

MENÚ COMEDOR XANEIRO 2023

18/01/2023 09:42
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xaneiro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

RESERVA PRAZA IES

17/01/2023 09:18
Europe/Madrid

Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria que vai cursar a ESO no IES CHAPELA
 
Tedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear.
 
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. Na propia aplicación tedes un manual de instrucións para calquera dúbida.
No caso de non querer reservar praza en devandito centro adscrito, tedes que comunicalo enviando un correo electrónico ao centro: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023

13/01/2023 09:11
Europe/Madrid

 

FAMILIAS!!! XA ESTAMOS AQUÍ!!!

 

Un ano máis comezamos as xornada de portas abertas para descubrir a maxia do Angorén.

Podedes vir a coñecernos o MARTES, 28 DE FEBREIRO ás 18:00

Animámosvos a  visitar as nosas instalacións reformadas, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos fomentando a

conciliación familiar, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir.

Mergulládevos nesta páxina web para ver o noso día a día ou no instagram:

https://www.instagram.com/ceip_alexandre_boveda/

 

 

NADAL PARTE II

17/01/2023 18:12
Europe/Madrid

A piques de rematar este trimestre...estamos tan cansxs que decidimos vir en pixama ao cole...que quentiños estivemos durante toda a

mañá...sentímonos coma na nosa propia casa!!

O teu navegador non soporta este vídeo.

E agora si...chegamos ao final do primeiro trimestre e non podiamos rematalo doutro xeito que non fose tomando toda a comunidade

educativa os  "12 lacasitos da sorte" para desexarvos un moi bo feliz ano 2023!!

Mirade canta elegancia!!

                                        

              

 

 

NADAL PARTE I

21/12/2022 09:48
Europe/Madrid

Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis

orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño.

 

 Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas

apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!! 

  
 
              
              

AGASALLA EN GALEGO

20/12/2022 09:17
Europe/Madrid

Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego"  porque sempre é un bo momento para regalar cultura.

Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa

comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.

 

COCIÑANDO BROWNIE NAVIDEÑO

17/01/2023 12:28
Europe/Madrid

Vai rematando o trimestre e queremos que o cole cheire a Nadal, por iso, coñecimos a receita do brownie da man de Santi, chef

redondelán de "Gastrobar 78", que nos ensinou o segredo deste postre tan delicioso, degustando tamén uns aperitivos riquísimos e co

que nos chupamos os dedos pequenxs e non tan pequenxs!!

Moitísimas gracias por pasar esta dulce xornada con nós!!

               

              

                

CONTACONTOS "CIUDAD RIQUISIMO"

19/12/2022 09:06
Europe/Madrid

Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.

Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.

 

                                    

Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a

albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a

través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi 

                                   

PIDO, PIDO...CON SENTIDO

15/12/2022 08:58
Europe/Madrid

"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"


Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.

Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen

xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso

responsable dos juguetes

                                               

CIRCO DE NADAL

12/12/2022 09:05
Europe/Madrid

Hoxe foi un día moi especial. O cole trasladouse ó Circo do Nadal. Decembro é un mes moi especial, cheo de maxia e ilusión. Esta época do ano ten un brillo especial e hoxe mergullámonos un pouquiño máis nela

Dende os máis pequenos de infantil ata os máis maiores de primaria, todos gozamos dun espectáculo máxico

Una historia que amosaba como con creatividade podemos atopar solucións ós contratempos e problemas. Así disque naceu a receita do Roscón de Reis

Dende acróbatas a malabaristas, foi unha xornada na que non faltaron as gargalladas nin as caras abraiadas.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

12/12/2022 08:55
Europe/Madrid

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no cole festexamos un mundo sen barreiras.

O mércores 30 de novembro recibimos a visita do alumnado de ACESCA que compartiron unha sesión de

traballo có noso alumnado de 5º e 6º e nos axudaron a aprender estratexias para un mundo sen barreiras.

Despois, todo o alumnado participou en actividades lúdico-deportivas, organizadas polos seus compañeiros/as

de 5° e 6°, nas que nos sensibilizamos á necesidade de participar activamente en crear un mundo sen barreiras.

                                    

 

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN NO NADAL 2022

02/12/2022 08:57
Europe/Madrid

Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. 

As actividades darán comezo o 23 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24,25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro).

A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada.

Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 30 de novembro  ao 12 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos.

Para máis información pinchade no seguinte enlace:

http://redondela.gal/es/anuncios

MENÚ COMEDOR DECEMBRO 2022

01/12/2022 08:59
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de novembro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

CONSELLO ESCOLAR 2023/2024

30/11/2022 13:48
Europe/Madrid

   EQUIPO DIRECTIVO   

Campos Alonso, Cristina

Contreras Fernández, M. Elisa

Moreira Cousido, Noemí

   REPRESENTANTES DO PROFESORADO   

García Fontán, Javier

Lourido Lorenzo, Camilo Jesús

     

   REPRESENTANTE DAS FAMILIAS   

Bastos Carrera, María Montserrat

Fernández Campo, Verónica

Varela Mariño, Félix

Vázquez Socastro, Vanesa

 

    REPRESENTANTE DO CONCELLO   

Valles Rodríguez, Iván 

    REPRESENTANTE DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS  

Seoane Cortegoso, Alicia

CIENCIA NA COCIÑA

18/01/2023 09:46
Europe/Madrid

Seguimos inmersos no proxecto de MasterCeip e durante o mes de novembro nas distintas aulas traballamos experimentos relacionados ca cociña.

Os máis pequenos con maicena, cocacola, mentos, colorante... creamos un volvan e fluído non newtoniano!! Que ben o pasamos no

laboratorio!!

 

Noutra clase das clases investigamos sobre as herbas aromáticas. Os nenos e nenas foron traendo á aula plantas moi interesantes: herba luísa, romeu, lavanda...

Aprendemos os seus nomes, experimentamos cos seus aromas e fixemos estes estupendos perfumes, aos que ademais lles puxemos un nome.

Finalmente plantamos estas herbas na nosa horta.

 

CHEA DE VIDA 25-N

25/11/2022 08:59
Europe/Madrid

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres."

Durante esta semana, estivemos traballando este tema a través de diferentes dinámicas e actividades entre a que destacamos a

realizada por todo o alumnado.

Escollimos a canción "Chea de Vida" de Guadi Galego, analizámola, reflexionamos sobre o que nos di e decidimos gravar o video que

podedes ver a continuación en lingua de signos. 

Bo traballo de todo o alumando!! Temos claro que... A violencia NON é un xogo!!

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

28/11/2022 13:07
Europe/Madrid

O 20 de novembro conmemoramos o "Día Mundial da Infancia" e celebrámolo o luns 21 no cole Angoren.

A través de diferentes dinámicas e obradoiros realizamos os videos que podedes ver nos seguintes enlaces:

https://youtube.com/shorts/KvAONLUXQfg?feature=share 

https://youtube.com/shorts/Bui8PD-d2Xk?feature=share 

https://youtube.com/shorts/Ql0dbg8vmrw?feature=share 

https://youtube.com/shorts/Sv3twZVqIzU?feature=share 

https://youtube.com/shorts/NSoVFbxuUHA 

https://youtube.com/shorts/_7mgBZK8sRI?feature=share 

https://youtu.be/lImhi2EERZQ 

https://youtube.com/shorts/NYCBX3rUyls?feature=share  

https://youtube.com/shorts/ipd1btBBLhw?feature=share

 


O alumnado ten claro cales son os seus dereitos e están dispostxs a loitar por eles! 

Distribuir contido


by Dr. Radut