ANPA "OS MUIÑOS" NO BERETE 2016

Este ano a ANPA “OS MUÍÑOS” decidiu participar no entroido de Chapela cun disfrace de “EMOTICONOS”. Resultou unha proposta moi divertida e apuntouse moita xente. A presidenta da ANPA  e moitas nais colaboraron desinteresadamente no deseño e elaboración dos disfraces, invertindo moitas horas en varias tardes previas ao entroido de Chapela e polo cal agradecemos todos e todas o seu esforzo.


O pasado venres 20 de febreiro, celebrouse o entroido do Berete en Chapela despois de aplazarse polo mal tempo. O grupo de participantes xuntámonos no comedor do colexio para maquillarnos e rematar os últimos detalles. A continuación, baixamos todos xuntos ata o Alto da Encarnación e os “EMOTICONOS “ colocámonos en primeira posición para dar comezo á comitiva do Berete que desfilou polas rúas de Chapela desde o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga. Foi un desfile moi divertido e todos e todas, grandes e pequenos pasárono en grande e gozaron bailando e cantando ao ritmo da música. Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos.








Iniciar sesión