Skip to Content

ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR 2022

24/10/2022 17:14
Europe/Madrid

 

Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso.

POSTOS VACANTES

2 representantes de claustro

2 representantes de familias

 

CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS

Día 28  de outubro

Sorteo Público para a designación dxs membrxs da Xunta Electoral ( 1 Profesorado - 1 Familias) ás 13:45 na entrada do colexio.
Día 3 de novembro

Constitución Xunta Electoral ás 13:45 na dirección do centro

Día 4 de novembro

Publicación do Censo no taboleiro interior do centro. Poderase presentar reclamacións na Secretaría, dirixidas a Xunta Electoral, ata o día 15 de novembro ás 13:45 horas.

Os modelos de reclamación poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).

 Do 11 de novembro ao 18 de novembro

 

 Presentación de candidaturas dende o 11 de novembro ata o 18 de novembro ás 13:45 horas.

Os modelos de candidaturas poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).

 Día 21 de novembro

 

  Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) na dirección do centro para:

- Resolver as reclamacións ó Censo Electoral.

- Proclamación pública de candidaturas presentadas.

- Sorteo dxs compoñentes da Mesa Electoral de familias.

-Apertura do prazo de reclamación á proclamación de candidaturas.

 Día 24 de novembro

 

 Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas (se hai reclamacións á proclamación de candidaturas)

 

 Día 29 de novembro

 

VOTACIÓNS

Familias:  de 8:45 a 9:30.

                  de 13:00 a 13:45.

                  de  15:45 a 17:00

Mestres:  Claustro extraordinario ás 18:00 horas 

 Día 1 de decembro

 

Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) na dirección do centro para:

- Supervisar as actas das mesas electorais e resolver as reclamacións.

- Proclamar candidatos electos. 

  Día 13 de decembro

 

Constitución do novo Consello Escolar ás 18:00 horas no centro. 
 Antes do 16 de decembro

 

Envío de actas Xefatura territorial. 

 

 

AdxuntoTamaño
PRESENTACION CANDIDATURAS.pdf32.91 KB
RECLAMACIÓNS CENSO.pdf49.73 KB


blog | by Dr. Radut