Skip to Content

Orientación

AUTONOMÍA PERSOAL. POÑEMOS A MESA.

 

 

 

Estimadas familias,

Hoxe dende o departamento de orientación queremos aportarvos uns recursos que elaboramos co fin de traballar un pouco a autonomía persoal dos nenos e nenas.

A CONDUTA NA CASA

 

Estimadas familias

Dende o departamento de orientación elaboramos unhas pautas para ter en conta no caso de que se produzan condutas derivadas desta situación tan excepcional. Esperamos que vos sexan de utilidade.

Aportamos o documento en formato pdf por se desexades imprimilo.

 

CONTO CON EMOCIÓNS

Bo día,

Hoxe o equipo do departamento de orientación queremos deixarvos un pequeno vídeo que fixemos para repasar as emocións. Empregamos imaxes da película de Disney "Del revés" e pictogramas de ARASAAC. Esperamos que o disfrutedes.

Unha aperta!!!!

 

 

SECUENCIA CONTROL DE ESFÍNTERES

Bo día,

Agardo que todos sigades ben, con moito ánimo e moita enerxía.

Como complemento á entrada sobre o control de esfínteres, déixovos a secuencia completa en pictogramas elaborada con Araword.

CONTROL DE ESFÍNTERES

 

Estimadas familias,

Moitos e moitas de vós estades pendentes dese proceso tan importante para a autonomía persoal dos vosos fillos como é o control de esfínteres.

Actualmente como estamos na casa moitas horas, podemos aproveitar para reforzar este traballo tan importante.

RECOÑECER AS EMOCIÓNS

 

 

Bo día familias, 

Continuamos traballando dende a casa, hoxe queremos aportarvos un recurso que a moitos vos resultará útil e divertido. Trátase do dado das emocións. Se tedes impresora podedes imprimilo, se non pois podemos sacar o noso lado artístico e debuxalo nós mesmos. 

É moi importante recoñecer e ser capaces de poñer nome as diferentes emocións, deste xeito podemos identificar como nos sentimos e tratar de xestionalo axeitadamente.

Distribuir contido


by Dr. Radut