Skip to Content

CONTROL DE ESFÍNTERES

 

Estimadas familias,

Moitos e moitas de vós estades pendentes dese proceso tan importante para a autonomía persoal dos vosos fillos como é o control de esfínteres.

Actualmente como estamos na casa moitas horas, podemos aproveitar para reforzar este traballo tan importante.

Se estamos ao comezo do proceso, debemos entender que o primeiro paso non é adquirir o control de esfínteres canto antes, se non, crear nos nenos e nenas hábitos e rutinas imprescindibles para gañar en autonomía, autoestima e confianza en si mesmo e en si mesma.

1º- Debemos servir de modelos a imitar

2º- Debemos estar tranquilos, propiciar un ambiente de seguridade e de confianza

3º- Rexistraremos a frecuencia coa que soe facer pis e/ou caca habitualmente e faremos un horario

4º- Explicarémoslle oralmente, con xestos, e con imaxes ou pictogramas, o que queremos que faga e onde debe facelo. Empregaranse frases curtas e sinxelas

5º- Daránselle pautas orais, xestuais, e con imaxes ou pictogramas sobre hábitos de hixiene e sobre vestido e/ou espido. Empregaranse frases curtas e sinxelas

6º- Se o consegue nalgunha ocasión premiaremos o logro con reforzadores orais ¡moi ben! Aplauso e apertas.

7º- Se non o consegue e se fai pis e/ou caca na roupa non lle rifaremos. Procuraremos que colabore na hixiene e no cambio de roupa, que debe facerse no cuarto de baño,  e explicarémoslle onde debe facelo a través de frases curtas e claras, xestos e pictogramas.

8º- No cuarto de baño non debe haber moitas persoas, só o neno ou a nena e 1 adulto que lle de as indicacións oportunas e o acompañe no proceso

Sabemos que non vai ser doado, pero merece a pena intentalo e non tirar a toalla aínda que tardemos en conseguilo, este é un gran paso para gañar en autonomía!!

Adxunto un modelo de táboa de rexistro por se vos é de utilidade e non dispoñedes dela na casa, se non tedes impresora non importa, é doado facer unha a man.

Tamén adxunto un modelo de pictogramas elaborados con araword

Unha aperta enorme para todos e todas!!

Chus

 

AdxuntoTamaño
CC.jpg17.4 KB
NENA P.jpg22.27 KB
NENA.jpg23.03 KB
NENO P.jpg20.69 KB
NENO.jpg22.13 KB
TÁBOA REXISTRO.pdf380.16 KB


blog | by Dr. Radut