Durante este último trimestre estivemos traballando a educación viaria nas aulas e onte tivemos unha actividade complementaria que se desenvolveu no patio do colexio durante toda a mañá.
Onte pola mañá tivemos a visita do profesor Uxio e o seu grupo de alumnos e alumnas do IES Portovello do ciclo formativo de Atención a persoas en situación de dependencia que viñeron a biblioteca do cole a presentarnos o libro: O CAPITÁN INCLUSIVO.
Trátase dunha serie de contos inventados por estes rapaces e rapazas, cheos de cor e adaptados con moitas texturas que estiveron presentando ao noso alumnado.
Ás 11:00 da mañá os buses estaban esperando na entrada do colexio para ir ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro que leva por título: O LOBO E A LÚA.
Hoxe, martes 4 de febreiro, recén acabamos de chegar do Auditorio Municipal de Ourense de ver unha delicia de espectáculo que ten por título: SAFARI.
O bullying é o tema que se trata; aquí o alumnado pode entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana.