Ola familias! Hoxe oficialmente os nenos/as do colexio xa están de vacacións! Espero que teñades un bo verán. Foi un pracer ser a mestra de Milito e Abraham este ano. Non só eles aprenderon, senon que eu tamén aprendín deles. ¡Desfrutade do verán! A vosa profe Vane quérevos moito!
Comenzamos a última semana do curso, este mércores rematan as clases. ¡Qué rápido pasou! Milito e Abraham seguen a aproveitar os últimos días antes das súas merecidas vacacións de verán.
Ola familias! Aquí podedes ver o ben que o pasamos na excursión hoxe. Fumos as termas no tren turístico e merendamos xa alá. A volta volvimos no autobús ao colexio.
Ola familias! Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio. Visitounos a Garda Civil onde nos ensinaron educación vial, o seu coche e a súa moto. Deixovos unhas fotos do ben que o pasou Milito. Unha mágoa que Abraham, debido a súa escordadura non puidera estar. Recupérate axiña!